Saltar ao contido

Louza de Delft

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pratos de louza de Delft, decorados en azul (Pazo de Belas Artes de Lille).

Coñécese como louza de Delft ou porcelana de Delft, ou mesmo azul de Delft a produción de obxectos nestes materiais levada a cabo na localidade holandesa de Delft e na súa área de influencia, fundamentalmente desde os inicios do século XVII.

A louza de Delft adquiriu a súa reputación grazas á finura das súas pezas, á calidade dos seus esmaltes e á delicadeza das pinturas que a decoran. O esmalte estannifero branco utiliado permitiu aos oleiros holandeses aproximarse ao aspecto da porcelana chinesa, amplamente divulgada no país naquelas épocas a través da Compañía Holandesa das Indias Orientais.

Este vaso, de estilo de "Delft dourado", producido entre 1700 e 1720, é unha imitación da porcelana de Imari, do Xapón.

Algúns oleiros italianos que dominaban as técnicas da maiólica instaláranse en Anveres xa a partir do século XVI. A toma da cidade polas tropas do rei español Filipe II en 1585 empurrounos a deixaren aquela cidade, devastada tras un asedio de trece meses, e varios daqueles artesáns acabaron establecéndose en Delft.

Un dos primeiros oleiros que se estableceu na cidade foi foi Hannen Pietersz, orixinario da localidade de Haarlem, na Holanda Setentrional[1]. En 1600 fundou o taller de cerámica chamado De vier Romeinse Helden ("Os catro heroes romanos"). En 1611, aparece sinalado como o máis antigo na listaxe do gremio de San Lucas, fundado este mesmo ano. Sábese que Pietersz faleceu en 1616. A peza de louza de Delft máis antiga hoxe conservada é unha pequena xerra para auga aromática datada no ano 1609 que se conserva no museo de Nienburg, en Alemaña.

O crecemento no comercio co Extremo Oriente, en particular grazas á fundación en 1602 da Compañía Holandesa das Indias Orientais, permitiu a chegada masiva a Europa de obxectos de porcelana. Os oleiros de Delft viron de camiño as vantaxes da semellanza das súas creacións coas da porcelana chinesa. Cando, en 1647, a violencia e a inestabilidade política na China interrompeu o comercio da Compañía, os oleiros de Delft asumiron a continuación dese mercado imitando coidadosamente a porcelana chinesa.

Moi loxicamente, o primeiro moedas producidas foron decorados con azul decoración de chinoiserie. Non sabemos xeralmente de barro de Delft que estes barro branco decorado con azul, chamado " Azul Delft ". Con todo, hai moitas variedades de barro de cor coa animada policromía. Como o chinés escenas da estrea vai deixar gradualmente substituídos por decoracións de flores e paxaros.

Como consecuencia da explosión dunha polvoreira en 1654, que destruíu varias fábricas de cervexa de Delft, os oleiros aproveitaron a oportunidade para recuperaren algúns destes grandes locais situados preto do centro da cidade[2]. A partir de aquí, a produción chegou a tal nivel que, en 1742, seis muíños de vento da rexión de Delft estaban encargados especialmente da moenda dos óxidos metálicos e os minerais necesarios para a fabricación dos esmaltes de cor, e 17 fábricas lavaban e preparaban as terras ao longo da canle de Rotterdam.

A composición da pasta utilizada polos artesáns de Delft baseábase nunha mestura de catro terras: marga da rexión de Tournai, no Hainaut, en Bélxica; terra de Mühlheim, nas ribeiras do río Ruhr, en Alemaña; e as chamadas "terra negra" e "terra de Delft".

Expulsados por persecucións relixiosas, algúns artesáns de Delft abandonaron os Países Baixos e foron establecerse a Inglaterra, onde continuaron o seu labor producindo unha cerámica coñecida como Delftware.

Fabricación actual na Royal Delft

A fábrica De Koninklijke Porceleyne Fles (ou Royal Delft), fundada en 1653, é a máis antiga das que aínda hoxe manteñen a actividade.

Características estilísticas

[editar | editar a fonte]

O material interior

[editar | editar a fonte]

O interior das pezas é de cor beixe, ás veces un pouco de rosada. Esta parte non se ve máis que cando a peza de cerámica está rota. Se o interior é dunha tonalidade clara, é porque a terra utilizada ten un baixo contido de óxido de ferro. Neste caso, a manufactura pode ser moi coidada, ata o punto de que algunhas pezas teñen só 3 mm de grosor. Estas pezas finas cócense unha soa vez e deseguido cóbrense cun baño de esmalte.
É frecuente que as pezas conserven as marcas dos soportes de terracota en que se apoian durante a súa cocción para evitar que se peguen entre elas.

O brillo e a lisura

[editar | editar a fonte]

O esmalte contén chumbo, estaño calcinado, sal e area. Sobre el engádese unha capa adicional do chamado kwaart, que é unha solución de chumbo que cristaliza logo dunha cocción de arredor de 980 graos. A superficie queda entón lisa e moi endurecida, de maneira que as pezas de Delft non adoitan sufrir escachaduras no seu esmalte

A decoración

[editar | editar a fonte]
Dous nenos xogando, como motivo da decoración dun azulexo

Os motivos da decoración píntanse con pincel sobre a superficie do esmalte húmido, coa axuda duns patróns perforados sobre os que se esparexe po de carbón, de xeito que queda unha liña punteada que lle serve de guía ao pintor. Os motivos debuxados son habitualmente do mundo vexetal, aínda que ás veces tamén representan escenas da vida no campo, as armas e as divisas dunha familia, ou escenas mariñeiras ou galantes. Coñécense tamén algunhas pezas con fermosas decoracións de trompe-l'œil.

O azul, na súa amplitude de matices e tonalidades, é unha cor utilizada en todas as pezas. O uso da gama de tons é o que lles dá ás decoracións a sensación de profundidade. Xunto co azul, as outras cores utilizadas son as da porcelana asiática, é dicir, o verde e o vermello.

Os fondos

[editar | editar a fonte]

As máis das veces, o fondo da decoración desta cerámica é un esmalte branco, aínda que tamén se achan motivos debuxados sobre fondos de cor, en negro, en marrón (máis común no século XVIII) e nun azul verdoso (unha luz azul-turquesa). Hai tamén pezasco fondo completamente bicolor (habitualmente veces azul e branco).

Tipoloxía das pezas

[editar | editar a fonte]

A produción de louza de Delft divídese en dous tipos: os obxectos e os azulexos.

  • Servizo da mesa: fundamentalmente pratos e bandexas.
  • Xerras e xerróns: con colo ou recortados, algúns deles con asas.
  • Estatuas: representan sobre todo personaxes célebres e bustos moi variados, particularmente no século XVIII.
  • Placas de parede : pódense ver fermosos exemplos no museo de cerámica de Sèvres, en Francia.
  • Cadros: estas pezas eran fixadas en molduras de madeira negra e podían ser ovaladas ou rectangulares.
  • Outros: gaiolas de paxaros, candelabros, lámpadas, etc.

Estes azulexos miden habitualmente entre 13 e 14 cm de lado, e polo xeral dispoñen de catro pequenos motivos angulares que enmarcan un elemento central: paisaxes, flores, escenas bíblicas, animais, etc.

Un conxunto de azulexos poden tamén formar un conxunto que represente paisaxes máis amplas, escenas cotiás, mariñas ou retratos de personaxes famosos.

Os primeiros azulexos holandeses foron pintados en policromía en Anveres, segundo o estilo da maiólica italiana.[3] Durante o século XVII, baixo a influencia das porcelanas azuis e brancas chegadas da China a través da Compañía Holandesa das Indias Orientais, os azulexos abandonaron a policromía en favor destas dúas cores dominantes.

Moitas residencias principescas e nobiliarias da Europa dos séculos XVII e XVIII conservan aínda hoxe paredes e chans ornamentados con composicións de azulexos de Delft. Os conxuntos máis salientables son o Pazo de Nymphenburg, en Múnic, e o Pazo Menshikov, en San Petersburgo. En Francia pódense admirar os baños do Castelo de Rambouillet e o pavimento do Castelo de Beauregard, no departamento de Loir e Cher.

O primeiro edificio que Lois XIV de Francia mandou construír na contorna de Versalles cubriuse con azulexo de Delft, e chamouse o "Trianón de Porcelana".[4]

Galería de azulexos de Delft

[editar | editar a fonte]
  1. A práctica da farmacia en holanda D. A. Wittop Koning. Publicado en http://www.sartonchair.ugent.be/
  2. Alan Caiger-Smith, p127.
  3. Dumortier, Claire. La céramique anversoire de la Renaissance, de Venise à Delft. Anthèse. París. 1997.
  4. Presas, Bernd; Zega, Andrew. "La Ménagerie de Versailles et le Trianon de Porcelaine. Un passé restitué". En Versalia. Revue de la Société des amis de Versailles. Nº2. 1999. Páxinas 66-71.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Caiger-Smith, Alan. Tin-Glaze Pottery in Europe and the Islamic World: The Tradition of 1000 Years in Maiolica, Faience and Delftware. Faber and Faber, 1973. [ISBN 0-571-09349-3] (en inglés)
  • Hans van Lemnen. Cérámiques de Delft. Anthèse, París, 1997. (En francés)
  • Dumortier, Claire. La céramique anversoire de la Renaissance, de Venise à Delft . Racine. Bruxelas. 2002. (En francés)
  • Pluis, Jan. The Dutch tile; 1570-1930. Primavera Pers. Leiden, 1997. (En inglés e neerlandés)
  • Joliet, Wilhelm; Müllr, Rudolf. Die Geschichte der Fliese. Colonia. 1996. (En alemán)
  • Page, Arnold. English Delft Tiles. Abson Books. Londres. 1975. (En inglés)
  • Pluis, Jan. Bijbeltegels, van de 17e tot de 20e eeuw / Bibelfliesen, vom 17. bis zum 20. Jahrhundert. Ardey-Verlag. Münster. 1994. (En neerlandés e alemán)

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]