Saltar ao contido

Lourdes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaLourdes
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°05′39″N 0°02′49″O / 43.0942, -0.0469
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
RexiónsOccitania
DepartamentoAltos Pireneos
Distritosarrondissement of Argelès-Gazost (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación13.509 (2021) Editar o valor en Wikidata (365,7 hab./km²)
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaQ108921567 Traducir
Q19788048 Traducir Editar o valor en Wikidata
Superficie36,94 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porGave de Pau (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude420 m-343 m-960 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Código postal65100 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Páxina weblourdes.fr Editar o valor en Wikidata
BNE: XX456899

Lourdes (en occitano Lorda) é unha cidade e comuna francesa situada nas chairas de Bigorre, ao sueste do departamento de Altos Pireneos, na rexión de Mediodía-Pireneos, a unha altitude de 400 metros. Está bañada polo río Gave de Pau que procede de Gavarnie. Os seus habitantes reciben o xentilicio en francés Lourdais.

Desde o século XIX é un importante centro relixioso católico de peregrinación, onde tiveron lugar as visións experimentadas pola nena Bernadette Soubirous. Nesta cidade atópase a Basílica do Rosario, dedicada á Nosa Señora de Lourdes.

Lourdes foi durante a Idade Media unha poboación fortificada, cuxa situación xeográfica fixo que fose unha importante praza forte do condado de Bigorre. O seu castelo data do século XIV, reedificado no XVI. A praza foi cedida aos ingleses polo tratado de Brétigny en 1360 e ata 1406 non foi recuperada.

Lenda do emperador Carlomagno

[editar | editar a fonte]

Cóntase que cando Carlomagno regresou da súa incursión en terras hispanas (logo da derrota de Roncesvalles), puxo sitio á praza de Lourdes que estaba ocupada polos musulmáns ao mando de Mirat. A lenda narra que durante o sitio viuse voar por encima da fortaleza unha aguia xigante que levaba no seu pico unha troita enorme que deixou caer aos sitiados. Mirat recolleu a troita e envioulla como agasallo a Carlomagno, asegurándolle que tiñan víveres suficientes para resistir o asedio. Carlomagno creuno e enviou ao seu bispo Turpin a entrevistarse co xefe da fortaleza. O resultado foi que o musulmán converteuse ao cristianismo e que tempo despois foi bautizado.

Heráldica

[editar | editar a fonte]
Escudo de Lorda.

Como consecuencia desta lenda o brasón da cidade de Lourdes está representado por un escudo de goles con 3 torres negras ameadas sobre unha rocha de prata. Unha aguia negra coas ás abertas e cunha troita de prata no seu pico voa por enriba da torre mediana; punta en azul con 6 montes que separan os 7 vales de Lavedan bañados polo río Gave.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Evolución demográfica
(Fonte: INSEE e Cassini)
1793 1800 1806 1821 1831 1836 1841 1846 1851
2 628 2 741 3 061 3 393 3 818 3 742 4 146 4 205 4 434

1856 1861 1866 1872 1876 1881 1886 1891 1896
4 282 4 310 4 620 4 714 5 741 5 864 6 517 6 976 7 758

1901 1906 1911 1921 1926 1931 1936 1946 1954
8 708 8 364 8 805 8 736 9 082 10 651 11 529 13 974 15 829

1962 1968 1975 1982 1990 1999 2004 2011 2015
16 023 17 939 17 870 17 425 16 300 15 203 - 14 282 13 946
Para os censos de 1962 a 2006 a poboación legal corresponde á poboación sen duplicar, segundo define o INSEE.[1]

Monumentos

[editar | editar a fonte]
  • Castelo do século XIV, reedificado no XVI. Residencia dos condes de Bigorre.
  • Torre defensiva do século XIV que garda no seu interior un bo museo de artes e tradicións populares dos Pireneos.
  • Santuario de Lourdes, centro de peregrinación católica entre os que destaca o Santuario da Nosa Señora de Lourdes.
  • Muíño de Boly. Aquí naceu Bernardette Soubirous o 7 de xaneiro de 1844. Os seus pais eran muiñeiros e coñecidos en Lourdes como os muiñeiros de Boly.
  • Casa paterna de Bernardette ou muíño Lacadé, onde vive a familia a partir de 1863. Nesta casa morreu a nai, Louise Castérot, o 8 de decembro de 1866.
  • Cachot, ou calabozo, na rúa de Petits-Fossés. Serviu de cárcere noutros tempos. Aquí viviu a familia de Bernardette nun único cuarto que medía 4,40 por 4 metros. Desde este lugar saíu Bernardette a buscar leña a primeira vez que tivo as visións, o 11 de febreiro de 1858.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]