Louis Sullivan
Nome orixinal | Louis Henry (Henri) Sullivan |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 3 de setembro de 1856 Boston, Estados Unidos de América |
Morte | 14 de abril de 1924 (67 anos) Chicago, Estados Unidos de América |
Lugar de sepultura | cemiterio Graceland |
Educación | Escola Nacional Superior de Belas Artes (1874–1876) Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts Boston English High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto, deseñador |
Movemento | Escola de Chicago (arquitectura) |
Profesores | Frank Furness (pt) |
Alumnos | Frank Lloyd Wright |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en | |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Louis Henry (Henri) Sullivan, nado o 3 de setembro de 1856 en Boston e finado o 14 de abril de 1924, foi un arquitecto estadounidense[1], considerado un dos pais da Arquitectura Moderna. É considerado por moitos como o creador do moderno rañaceos. Foi un influente arquitecto e crítico pertencente á Escola de Chicago. Considérase ademais o mentor de Frank Lloyd Wright.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou arquitectura no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts, estabelecéndose logo en Chicago no ano 1873. Asóciase coa construción da primeira xeración de rañaceos americanos. Nesa época os avances na tecnoloxía do aceiro, permitían construír edificios máis altos e espazosos do que era posíbel con anterioridade, ao mesmo tempo o desenvolvemento de novos ascensores e montacargas levados a cabo por Otis permitiu o movemento vertical con maior fluidez.
Traballou con moitos outros arquitectos como Frank Furness, William LeBaron Jenney e Dankmar Adler; foi mestre de Frank Lloyd Wright, que sempre se referiu a el como o seu 'lieber meister'.
Obras destacadas
[editar | editar a fonte]A partir dos anos 1890, lánzase á construción de rañaceos con estrutura de aceiro e cuberta plana, que gardan unha división tripartita:
- Wainwright Building, St. Louis, Missouri, (1890-1891).
- Stock Exchange, Chicago, (1893-1894).
- Guaranty Building, Buffalo, Nova York, 1894-1895).
- O Auditorium Building, Chicago (Auditorio de Chicago, acabado en 1889): trátase dun complexo con teatro, oficinas e un hotel de 10 plantas.
- Edificio Wainwright, St. Louis (1890).
- Almacéns Carson Pirie Scott, Chicago (1899).
- National Farmer's Bank, Owatanna, Minnesota (1908).
- Merchants' National Bank, Grinnell, Iowa (1914).
Ademais publicou dous libros que difunden as súas ideas: « Kindergarten Chats » (Charlas de xardín de infancia) e « Autobiography of an Idea » (Autobiografía dunha idea).