Lonxevidade
A lonxevidade e a duración da vida son conceptos relacionados coa bioloxía e coa evolución das células e órganos de compoñen os corpos dos seres vivos, e transformacións co transcorrer da súa vida. No caso do ser humano a lonxevidade posúe importantes conexións con aspectos demográficos da sociedade, e aspectos sociolóxicos do individuo. En xeral ten que ver coa duración de vida dun ser humano ou dun organismo biolóxico e utilízase con máis frecuencia en referencia á terceira idade ou a idade dun ser vivo, por exemplo a lonxevidade dunha árbore.
As reflexións sobre a lonxevidade adoitan ir ligadas ó recoñecemento da brevidade humana e inclúen discusións sobre métodos para estendela máis aló do límite tido como normal. O tema foi non só unha preocupación da ciencia, senón tamén da literatura de viaxes, ciencia ficción e novelas utópicas.
Existe bastante dificultade en atopar a maior duración da vida humana mesmo coas modernas técnicas estandarizadas de verificación, debido a datas de nacemento inexactas ou incompletas. Múltiples lendas nas diferentes culturas e contextos relixiosos pretenderon extraordinarias lonxevidades, tanto no pasado, como a de Metuxalén na Biblia, como no futuro.[3]
Esperanza de vida
[editar | editar a fonte]A esperanza de vida é a media da cantidade de anos que vive unha certa poboación nun certo período.
Adóitase dividir en masculina e feminina, e vese influenciada por factores como a calidade da medicina, a hixiene, as guerras, etc, aínda que actualmente adóitase referir unicamente ás persoas que teñen unha morte non violenta. A esperanza de vida como indicador social é empregado polos sociólogos para medir o grao de desenvolvemento dun país, pero os datos poden ser relativos en tal sentido porque poden ser alterados por guerras, epidemias, violencia e outros fenómenos diferentes ós indicadores económicos. En moitos casos persoas de países subdesenvolvidos ou en vías de desenvolvemento ou de culturas naturais poden ter unha gran lonxevidade que contradi o suposto de que a maior desenvolvemento, maior esperanza de vida.
As persoas máis lonxevas do mundo
[editar | editar a fonte]Persoas que exceden os cen anos non son só do interese científico, senón tamén do público en xeral interesado en alargar de maneira saudable os seus anos de vida. A seguinte é unha lista das persoas rexistradas na idade contemporánea que excederon máis de cen anos de vida.
O Grupo Xerontolóxico de Investigación, fundado entre 1990 e 1992 nos Ánxeles, busca persoas que superen os 110 anos de idade e incluíu o nome das seguintes persoas:
- Jeanne Calment (1875-1997): É a persoa da contemporaneidade cientificamente documentada que viviu exactamente 122 anos e 164 días.
- Jirōemon Kimura (1897-2013): O home máis lonxevo verificado da historia viviu 116 anos e 54 días.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ CIA World Factbook, ed. (n.d.). "Life expectancy at birth, Country Comparison to the World". US Central Intelligence Agency. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2014. Consultado o 12 de xaneiro de 2011.
- ↑ CIA World Factbook, ed. (n.d.). "Field Listing: Population, Country Comparison to the World". US Central Intelligence Agency. Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2018. Consultado o 12 de xaneiro de 2011.
- ↑ "Foron, pois, os anos de Metuxalén, novecentos sesenta e nove anos; e morreu".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Boia L (2005). Forever Young: A Cultural History of Longevity from Antiquity to the Present Door. Reaktion Books. ISBN 1-86189-154-7.
- Carey JR, Judge DS (2000). "Longevity records: Life Spans of Mammals, Birds, Amphibians, reptiles, and Fish.". Odense Monographs on Population Aging 8. ISBN 87-7838-539-3.
- Carey JR (2003). Longevity. The biology and Demography of Life Span. Princeton University Press. ISBN 0-691-08848-9.
- Gavrilova NS, Gavrilov LA (2010). "Search for mechanisms of exceptional human longevity". Rejuvenation Research 13 (2-3): 262–4. PMC 2946054. PMID 20370503. doi:10.1089/rej.2009.0968.
- Gavrilova N, Gavrilov LA (2008). "Can exceptional longevity be predicted.". Contingencies (Journal of the American Academy of Actuaries): 82–8.
- Gavrilova NS, Gavrilov LA (xaneiro de 2007). "Search for predictors of exceptional human longevity: using computerized genealogies and internet resources for human longevity studies.". North American Actuarial Journal 11 (1): 49–67. doi:10.1080/10920277.2007.10597437.
- Gavrilov LA, Gavrilova NS (2006). "Reliability Theory of Aging and Longevity.". En Masoro EJ, Austad SN. Handbook of the Biology of Aging (Sixth ed.). San Diego, CA: Academic Press. pp. 3–42.
- Gavrilova NS, Gavrilov LA (2005). "Human longevity and reproduction: An evolutionary perspective.". En Voland E, Chasiotis A, Schiefenhoevel W. Grandmotherhood - The Evolutionary Significance of the Second Half of Female Life. New Brunswick, NJ: Rutgers University Press. pp. 59–80.
- Gavrilov LA, Gavrilov NS (1991). The Biology of Life Span: A Quantitative Approach. Nova York: Harwood Academic Publisher.
- Robbins J (2007). Healthy at 100. Ballantine Books. ISBN 0345490118.
- Walford R (2000). Beyond The 120-Year Diet. Nova York: Four Walls Eight Windows. ISBN 1-56858-157-2.