Llerena Perozo Porteiro
Aparencia
(2022) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de xaneiro de 1974 (50 anos) Vigo, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
Familia | |
Pais | Xosé Antonio Perozo e María Xosé Porteiro |
Irmáns | Ozo |
María Llerena Perozo Porteiro, nada en Vigo o 13 de xaneiro de 1974, é unha escritora galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É filla de María Xosé Porteiro e Xosé Antonio Perozo, irmá de Ozo. Estudou Filoloxía Inglesa na Universidade de Santiago de Compostela. Especialízouse en comunicación, relacionada co xénero e o medio ambiente. Traballou de asesora do conselleiro de medio ambiente e desenvolvemento sostible na Xunta de Galicia entre 2005 e 2009. Despois dirixiu dúas empresas dedicadas á comunicación cultural. Impartiu obradoiros de comunicación para mulleres desde a perspectiva de xénero colaborou con organizacións feministas e impartiu palestras sobre violencia de xénero, ecofeminismo e comunicación.[1]
Obra
[editar | editar a fonte]Galego
[editar | editar a fonte]- Unha gota é un océano (2018). Auga Editora. 59 páxs. ISBN 978-8494780134. Divulgación sobre a importancia da auga.
- Sementamos Igualdade. Manual práctico e bos usos (2019). Auga Editora. ISBN 978-84-120382-5-5. Sobre os conceptos de igualdade entre mulleres e homes e boas prácticas.[3]
- Pérez. Historia dun triunfo (2021). Galaxia. ISBN 9788491517559.
- Os anos tranquilos (2024). Vigo: Xerais. 400 páxs. ISBN 978-84-1110-558-3.[4] ePub: ISBN 978-84-1110-563-7.
Castelán
[editar | editar a fonte]- Todas las rutas de Galicia (1998). GeoPlantena. 248 páxs. ISBN 978-84-08-02655-6.
- Compostela, ciudad visual (1999). Pórtico Ed. 120 páxs. ISBN 978-84-605-8693-7.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Llerena Perozo, Biografía da escritora para Auga Editora". Auga Editora. Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2021. Consultado o 2021-09-19.
- ↑ "O xornal da Galicia que vén". Praza Pública. Consultado o 2021-09-19.
- ↑ "En Cangas sementamos igualdade". Concello de Cangas. Consultado o 2021-09-19.
- ↑ "Os anos tranquilos - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2024-05-09.