Saltar ao contido

Lisias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLisias

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 445 a. C. Editar o valor en Wikidata
Atenas, Grecia Editar o valor en Wikidata
Morte380 a. C. Editar o valor en Wikidata (64/65 anos)
Atenas, Grecia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónorador, logographer (en) Traducir, escritor Editar o valor en Wikidata
Período de tempoAntigüidade clásica Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiCephalus Editar o valor en Wikidata
IrmánsPolemarchus
Euthydemus Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteBiblioteca dixital BEIC
Obálky knih,
Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX924906
Jean Dedieu (1646 - 1727): estatua de Lisias. Xardíns de Versalles.

Lisias (en grego Λυσίας), nado en Atenas en -458 e finado en -380, foi un dos dez oradores áticos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Malia nacer en Atenas, foi meteco e nunca gozou do dereito de cidadanía xa que o seu pai, Céfalo, era de Siracusa. No ano -404, o réxime oligárquico dos Trinta Tiranos privou a Lisias e ao seu irmán Polemarco de todas as súas posesións. Cando mataron a este último, Lisias fuxiu a unha poboación veciña.

Regresou a Atenas no ano -403, trala derrota dos Trinta Tiranos e o restablecemento do goberno democrático. Emprendeu entón accións legais contra Eratóstenes, o tirano responsábel da morte de seu irmán.

Platón alude a Lisias e á súa familia n'A República e no Fedro.[1][2]

Lisias gañouse a vida como logógrafo, escribindo discursos para os litigantes e transformándose na figura máis destacada da oratoria xudicial ática. A súa biografía reflíctese na dobre vertente da súa obra: por unha banda, dedicado ao ensino da retórica e a escribir discursos por encargo; e, por outra, consagrado á tarefa política da restauración da democracia en Atenas e á persecución dos tiranos mediante os seus discursos. Chegou a escribir 233 discursos, dos que só se conservou unha trintena. Os máis coñecidos son Contra Eratóstenes (Κατά Ερατοσθένους), Defensa no xuízo contra Simón (Πρὸς Σίμωνα ἀπολογία) e Sobre o asasinato de Eratóstenes (Ὑπὲρ τοῦ Ἐρατοσθένους φόνου ἀπολογία).[3][4][5][6]

Tiña un talento incomparábel para adaptar os seus discursos ao carácter dos seus clientes. Os trazos máis destacados do seu estilo, como demostran as obras que del se conservan, eran a pureza, a sinxeleza e a claridade.

  1. Platón: A República.
  2. Platón: Fedro.
  3. Trátase de dous Eratóstenes distintos.
  4. Contra Eratóstenes (Κατὰ Ἐρατοσθένους).
  5. Defensa no xuízo contra Simón (Πρὸς Σίμωνα ἀπολογία).
  6. Sobre o asasinato de Eratóstenes (Ὑπὲρ τοῦ Ἐρατοσθένους φόνου ἀπολογία).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  1. Volumen I: Discursos I. 1988. ISBN 978-84-249-1367-0. 
  2. Volumen II: Discursos II. 1995. ISBN 978-84-249-1695-4. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]