Liniers
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Ricardo Liniers Siri 15 de novembro de 1973 (51 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Actividade | |
Ocupación | artista de banda deseñada, pintor, editor literario |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Arquivos biográficos da biblioteca e museo Billy Ireland Cartoon |
Ricardo Liniers Siri, chamado Liniers, nado en Buenos Aires o 15 de novembro de 1973, é un debuxante arxentino.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou publicidade, pero non se dedicou a iso; comezou a debuxar para fanzines, e logo para distintas revistas e xornais. A partir de 1999 publicou semanalmente no suplemento NO! do xornal Página/12 e en xuño de 2002 mudouse a traballar como debuxante para o xornal La Nación, da man de Maitena. Alí, na última páxina, realiza as tiras cómicas que lle dan sona, e que anos despois recolle en publicacións de libro co nome de Macanudo. Aínda que ten diversos personaxes, moitos deles anónimos, ten outros caracteres fixos: a nena Enriqueta, o seu gato Fellini e o seu oso de peluche Madariaga; Z-25, o "robot sensíbel"; o pingüín Macanudo e un conxunto de ananos de pucho de cores. As súas historias xogan coa absurdo e coa reflexión intelectual, na liña da Mafalda de Quino.
Tamén realizou dúas mostras de pintura, e deseñou as portadas dos álbums Logo, de Kevin Johansen e La lengua popular, de Andrés Calamaro.
Obra
[editar | editar a fonte]Editou os seguintes álbums:
- Lo que hay antes de que haya algo", Pequeño Editor, (conto)
- Macanudo 1. Ediciones De la Flor, Buenos Aires, 2004 (a serie Macanudo recolle as colaboracións en La Nación)
- Macanudo 2. Ediciones De la Flor, Bos Aires, 2005
- Macanudo 3. Ediciones De la Flor, Bos Aires, 2006
- Macanudo 4. Ediciones De la Flor, Bos Aires, 2006
- Bonjour. Ediciones De la Flor, Bos Aires, 2005 (recompilación das primeiras colaboracións gráficas de Liniers)
Ningún dos seus álbums está traducido ao galego.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Blog de Liniers, con moitos exemplos dos seus debuxos.
- Web oficial de Liniers