Saltar ao contido

Leticia, Colombia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaLeticia, Colombia
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 4°12′54″S 69°56′28″O / -4.215, -69.9411
EstadoColombia
DepartamentosAmazonas Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación32.450 (2005) Editar o valor en Wikidata (8,78 hab./km²)
Xeografía
Superficie3.695 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porAmazonas Editar o valor en Wikidata
Altitude96 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1867 Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Sitio webleticia-amazonas.gov.co Editar o valor en Wikidata

Leticia é un concello colombiano que se atopa no extremo sur do país. É a capital do departamento do Amazonas. Ten unha superficie de 5 968 km²[1] e unha poboación de 42 280 habitantes (2018),[1][2][3] Malia estar arredada dos principais centros urbanos do país, sen comunicación por estrada, constitúe un nexo comercial importante co Brasil, debido á súa situación de cidade limítrofe sobre o río Amazonas e formando o trifinio coñecido como Tres Fronteiras co Perú e o Brasil.

Reúne case o 60% da poboación do departamento e a maior parte é indíxena de diversas comunidades como: os witotos, ingas, tucanos, ticunas e nukak. A cidade ten un gran crecemento demográfico e tecnicamente forma unha soa cidade xunto co concello brasileiro de Tabatinga.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

Leticia é un porto, chamado así polo transporte que se realiza a través de ríos, isto é común en Colombia que posúe unha rede fluvial de 24 725 km. Foi fundada como porto fluvial o 25 de abril de 1867 cando aínda pertencía ó Perú, e nun comezo chamouse San Antonio, nomeada así polo capitán peruano Benigno Bustamante, quen era Gobernador de Loreto (Perú). O 15 de decembro dese ano o porto cambiou de nome a Leticia, polo enxeñeiro Manuel Charón, na honra a Leticia Smith, a súa esposa. Este enxeñeiro era moi coñecido e importante na localidade.

  1. 1,0 1,1 "Información general de Leticia". Alcaldía municipal. Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2015. Consultado o 1 de maio de 2015. 
  2. "Resultados y proyecciones (2005-1020) del censo 2005". DANE. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 1 de maio de 2015. 
  3. Población de Leticia, DANE, resultados oficiales del censo 2005, última consulta o 24 de xuño de 2010.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]