Saltar ao contido

Leganés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaLeganés
Vista aérea
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 40°19′42″N 3°45′55″O / 40.32825, -3.7654028
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade de Madrid Editar o valor en Wikidata
CapitalLeganés Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación190.665 (2023) Editar o valor en Wikidata (4.434,07 hab./km²)
Xeografía
Superficie43 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude666 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataSantiago Llorente Gutiérrez (2015–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal28910–28919 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE28074 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webleganes.org Editar o valor en Wikidata

Leganés é un concello español da Comunidade de Madrid. A súa poboación é de 187 125 habitantes (INE 2012). É a quinta cidade madrileña en poboación trala capital, Móstoles, Alcalá de Henares e Fuenlabrada.

O concello leganense limita ao sur con Fuenlabrada, ao norte cos distritos madrileños de Carabanchel e Latina, ao oeste con Alcorcón e ao leste con Villaverde (distrito de Madrid) e con Xetafe.

Comunicacións

[editar | editar a fonte]
  • Estrada: M-40, A-42, M-45, M-50, M-407, M-406.
  • Tren: liña ferroviaria de Contornas C-5 (estacións: Parque Polvoranca, Leganés e Zarzaquemada)
  • Metro: Liña 12 (estacións: San Nicasio, Leganés Central, Severo Ochoa, Casa del Reloj, Julián Besteiro e El Carrascal).
  • Autobuses: 432 Villaverde-Leganés, 450 Alcorcón-Leganés-Xetafe, 481 Oporto-Zarzaquemada Renfe-Parquesur, 482 Loranca-Leganés-Aluche, 483 Aluche-La Fortuna-Leganés, 484 Oporto-Leganés, 485 Madrid(Oporto)-Leganés(Norte-Montepinos), 488 San Nicasio-Zarzaquemada-Xetafe, 491/492/493 Fuenlabrada-Leganés-Aluche, 496 Arroyomolinos-Xanadu-Leganés, 486 Oporto, La Fortuna-Leganes(Valdepelayos),487 Aluche-La Fortuna, 497 Leganés-Fuenlabrada-Moraleja.

Acháronse restos do século II a.C. durante as obras de construción da M-45. Tamén se atopou unha necrópole visigoda (século VI).

A vila de Leganés foi fundada en 1280 co nome de Leganar, posto que se situaba sobre terreo lamacento (légamo en castelán). Isto aconteceu durante o reinado de Afonso X o Sabio. A fundación do primitivo Leganés debeuse á unión dos veciños de Polvoranca, Butarque e Overa fuxindo das malas condicións sanitarias polas augas da zona. O 15 de marzo de 1627 outorgóuselle a condición de vila. Diego Messía de Guzmán iniciou o marquesado de Leganés, que duraría ata o século XIX.

Durante a guerra civil española mantívose leal á República, ata que foi ocupada polas tropas franquistas o 2 de novembro de 1936.

O 3 de abril de 2004, pouco despois dos atentados do 11-M, os seus autores, atrincheirados nun piso do barrio de Leganés Norte, inmoláronse facendo estalar unha carga de explosivos, como consecuencia morreu un dos axentes dos GEO que participaba na operación policial para deter os terroristas, o subinspector Francisco Javier Torronteras Gadea, última vítima do terrorismo en España.

Poboación

[editar | editar a fonte]
  • 187 087 habitantes (INE 2006) dos que 93 860 son mulleres e 93 270 son homes.

Por barrio, do máis poboado ao menos poboado, a poboación é a seguinte:

  • Zarzaquemada: 54 096
  • El Carrascal: 31 037
  • San Nicasio: 20 111
  • Leganés Norte: 12 626
  • Casco Histórico: 12 021
  • La Fortuna: 11 589
  • Los Santos: 8 432
  • Vírgenes: 6 464
  • Las Flores: 5 874
  • Descubridores: 5 532
  • V Centenario: 4 907
  • Derechos Humanos: 4 249
  • Las batallas: 4 175
  • Arroyo Culebro: 4 .084
  • Escritores: 3 816
  • Campo de Tiro: 3 766
  • Valdepelayo: 3 376
  • Los Frailes: 2 767
  • Verea de los Estudiantes: 2 127

Festas locais: San Nicasio (11 de outubro), A nosa Señora de Butarque (15 de agosto), Zarzaquemada, Leganés Norte e Carrascal (semana de festas de San Xoán), La Fortuna (última semana de xuño)

Imaxe da nosa Señora de Butarque, patroa de Leganés. O alcalde José Luís Pérez Raez, aparece á esquerda

Urbanismo

[editar | editar a fonte]

Leganés posúe os seguintes barrios:

  • Centro: quedan escasos restos dos edificios máis antigos de Leganés. Trátase dun barrio con tráfico rodado parcialmente restrinxido a residentes e comercios. A conversión en zona peonil do casco antigo de Leganés vese reflectida na construción da Praza Maior, situada no antigo estadio municipal "Rodríguez de Miguel" que prevé facer un eixo peonil no centro que vaia ata a Praza da Fuentehonda e a Praza de España.
  • San Nicasio: é unha zona nova da zona antiga ao outro lado da vía do ferrocarril. Inclúe as ampliacións de Quinto Centenario, Campo de Tiro e Paseo da Ermida.
  • Vereda de los Estudiantes: tamén coñecido como barrio do Candil polos frecuentes apagóns que antano sufría.
  • La Fortuna: o máis afastado do casco urbano e de maior altura sobre o nivel do mar, entre a estrada M-40 e a Radial 5.
  • Zarzaquemada: o barrio máis densamente poboado de Leganés (54 802 persoas, o 27% da poboación total segundo o censo de 2005). Ten graves problemas de aparcamento e recollida de residuos. Construído durante os anos setenta do século pasado.
  • El Carrascal: construído durante os anos oitenta do século pasado.
  • Montepinos: Detrás do hospital. Con centro médico, pistas de frontón, fútbol, a ermida e o parque dos frades.
  • Valdepelayos: tamén coñecido como Sector III de Leganés.
  • Las Dehesillas: tamén coñecido como barrio dos Dereitos Humanos, barrio dos Tileiros ou Sector IV.
  • Leganés Norte: ao norte de Zarzaquemada e o Carrascal, seguindo a liña de tren de Contornas.
  • Arroyo Culebro: comprimido entre as autovías M-50 ao sur, M-407 ao oeste, M-406 ao norte e a liña C-5 ao leste.

Os barrios de La Fortuna e San Nicasio posúen xunta de distrito propias. A de La Fortuna foi unha das primeiras experiencias de descentralización local na Comunidade de Madrid fóra da capital.

Ademais en Leganés estanse desenvolvendo novos barrios como a ampliación do barrio do Candil ou Vereda de los Estudiantes e a zona nova de San Nicasio, en torno á estrada de Alcorcón onde actualmente se encontra a piscina Solagua.

Economía

[editar | editar a fonte]

Ata hai pouco tempo constituía unha cidade dormitorio moi ben comunicada na área metropolitana de Madrid. A súa poboación triplicouse en menos de dez anos e multiplicáronse as urbanizacións que arrodean o centro histórico. Paralelamente foron perdendo importancia as súas actividades primarias: a horticultura (fornecedora da capital) e a gandería. Pola contra foi aumentando a instalación de diversas industrias.

O concello conta cos seguintes polígonos industriais:

  • Butarque: situado entre o barrio de Zarzaquemada e o xetafense barrio de El Bercial.
  • El Portillo, máis coñecido como Cidade do Automóbil, que actualmente se encontra en período de ampliación cara ao sur tomando como eixo a M-409.
  • Polvoranca: no que se sitúa o almacén da antiga Tabacalera, agora Logista.
  • La Fortuna: barrio de gran tradición industrial de pequeno tamaño no propio casco urbano, recentemente sitúase un novo polígono preto da M-40.
  • Prado Overa: situado xunto á Autovía de Toledo A-42.
  • Los Castillos (situado xunto ao casco urbano de Alcorcón, aínda que no termo municipal de Leganés).

Na actualidade proxéctanse dous novos polígonos industriais: un dedicado a ofrecer solo industrial a empresas dedicadas ás novas tecnoloxías situado xunto á M-40 (Leganés Tecnolóxico), en colaboración coa Universidade Carlos III e outro xunto á M-50 que se denominará Arroyo Culebro.

Educativos

[editar | editar a fonte]

O concello ten numerosos centros docentes, maioritariamente públicos de primaria e secundaria, así como un centro específico de educación especial (Colexio Afonso X O Sabio). Destaca amais a instalación a finais dos anos oitenta da Escola Politécnica Superior da Universidade Carlos III.

Sanitarios e sociais

[editar | editar a fonte]

É preciso mencionar tamén o seu hospital (Severo Ochoa) e o Centro de Atención a Discapacitados Físicos gravemente afectados xestionado polo IMSERSO, situado no barrio do Carrascal. Tamén hai que destacar os centros de Saúde Mental Xosé Germain e Santa Isabel.

Transportes

[editar | editar a fonte]

Rede vial

[editar | editar a fonte]

Ao limitar con Madrid, Leganés benefíciase do paso de dúas das principais estradas circunvalatorias da capital.

  • M-40, autoestrada de circunvalación de Madrid. Rodea o norte da cidade, separándoa do límite municipal de Madrid, e atravesa o barrio de La Fortuna. Saídas 27, 28 e 30.
  • M-50, autoestrada de circunvalación de Madrid. Rodea o sur da cidade e marca o límite con Fuenlabrada. Saídas 53A, 55 e 59.
  • Radial 5, autoestrada de peaxe que rodea o oeste da cidade, dende Carabanchel ata Navalcarnero.

As seguintes estradas pertencen á rede principal:

  • M-45, autoestrada de circunvalación de Madrid. Rodea o leste da cidade, separándoa do distrito de Villaverde e conectándoa con Xetafe. Saídas 1, 2B e 6.
  • M-402: une a M-45 dende Villaverde ao centro de Leganés.
  • M-406: comeza na avenida de Los Castillos de Alcorcón, atravesa a parte sur de Leganés e termina na A-42 xunto ao Hospital de Xetafe.
  • M-407: tamén coñecida como «Autovía de Polvoranca», comeza na saída do parque de Polvoranca e diríxese ata Griñón. Está conectada coa M-50.

Aeroporto de Madrid-Barajas encóntrase a 30 minutos en coche pola M-40. Tamén se pode acceder dende Leganés a través da rede de Metro e Cercanías.

Autobuses

[editar | editar a fonte]

servizo público de autobuses (urbanos e interurbanos), ferrocarril e metro está integrado no Consorcio Rexional de Transportes de Madrid, sociedade pública da Comunidade de Madrid. Leganés forma parte da zona de tarificación «B1».

Na actualidade hai unha liña urbana (L-1), 18 interurbanas e 3 nocturnas. Ao ser un servizo municipal fóra da capital, tódolos buses son de cor verde. A maioría están operadas por Martín, S.A., salvo tres que pertencen a Avanza Interurbanos.

Liñas urbanas
[editar | editar a fonte]
Liña Percorrido Operadora
Modelo:Línea Vereda de los Estudiantes - La Fortuna Martín, S.A.
Modelo:Línea/Interurbanos Madrid Parquesur - Estación F.F.C.C. - Ciudad del Automóvil Martín, S.A.
Liñas interurbanas
[editar | editar a fonte]
Liña Percorrido Operadora
Modelo:Línea/Interurbanos Madrid Madrid (Villaverde Bajo-Cruce - Leganés (Montepinos) Avanza Interurbanos
Modelo:Línea/Interurbanos Madrid Getafe - Leganés - Alcorcón Avanza Interurbanos
Modelo:Línea/Interurbanos Madrid Getafe – Griñón / Casarrubuelos / Ugena Avanza Interurbanos
Modelo:Línea/Interurbanos Madrid Madrid (Plaza Elíptica) - Leganés (Estación F.F.C.C.) Martín, S.A.
Modelo:Línea/Interurbanos Madrid Madrid (Oporto) - Leganés (Hospital) Martín, S.A.
Modelo:Línea/Interurbanos Madrid Madrid (Aluche) - Leganés (Centro-San Nicasio-Valdepelayos-Arroyo Culebro) Martín, S.A.
Modelo:Línea/Interurbanos Madrid Madrid (Aluche) - Leganés (Vereda de los Estudiantes) Martín, S.A.
Modelo:Línea/Interurbanos Madrid Madrid (Oporto) - Leganés (Estación F.F.C.C.) Martín, S.A.
Modelo:Línea/Interurbanos Madrid Madrid (Oporto) - Leganés (Montepinos) Martín, S.A.
Modelo:Línea/Interurbanos Madrid Madrid (Oporto) - Leganés (Valdepelayos) Martín, S.A.
Modelo:Línea/Interurbanos Madrid Madrid (Aluche) - Leganés (San Nicasio) Martín, S.A.
Modelo:Línea/Interurbanos Madrid Leganés (San Nicasio)- Getafe (Getafe Norte) Martín, S.A.
Modelo:Línea/Interurbanos Madrid Madrid (Aluche) – Fuenlabrada (Barrio del Naranjo) Martín, S.A.
Modelo:Línea/Interurbanos Madrid Madrid (Aluche) - Fuenlabrada (Rúa del Teide) Martín, S.A.
Modelo:Línea/Interurbanos Madrid Madrid (Aluche - Fuenlabrada (Loranca) Martín, S.A.
Modelo:Línea/Interurbanos Madrid Leganés (Parquesur) - Fuenlabrada - Moraleja de E. (Las Colinas) Martín, S.A.
Modelo:Línea/Interurbanos Madrid N Madrid(Aluche) - Leganés (Polígono Industrial) Martín, S.A.
Modelo:Línea/Interurbanos Madrid N Madrid (Aluche) – Fuenlabrada (Barrio del Naranjo) Martín, S.A.
Modelo:Línea/Interurbanos Madrid N Madrid (Aluche) – Leganés (Arroyo Culebro) Martín, S.A.

Leganés dispón de sete estacións de Metro de Madrid: seis pertencentes á liña 12 (Metrosur) e unha da liña 11 para o Barrio de La Fortuna.

O servizo de Metrosur foi inaugurado o 11 de abril de 2003. As seis estacións que pasan por Leganés son San NicasioLeganés Central (correspondencia con Cercanías Renfe), Hospital Severo OchoaCasa del RelojJulián Besteiro e El Carrascal.

A estación de San Nicasio encóntrase a catro minutos da Porta do Sur en Alcorcón, única conexión do Metrosur coa liña 10 do Metro. Na metade do traxecto deixouse espazo para unha estación (Poza da Auga) no barrio do mesmo nome, que só será inaugurada cando o barrio estea completamente habitado. A día de hoxe non está prevista a súa apertura.

5 de outubro de 2010 inaugurouse a Estación de La Fortuna, que conecta o barrio coa liña 11. Non enlaza con ningunha estación da liña 12.

Liña Percorrido Estacións
La Fortuna - Plaza Elíptica Estación de La Fortuna
Metrosur San Nicasio, Leganés Central, Hospital Severo Ochoa, Casa del Reloj, Julián Besteiro, El Carrascal

A cidade de Leganés conta cun servizo propio de taxis, a empresa Leganés Taxi traballa por toda a zona e polas proximidades, en poboacións como Alcorcón, Fuenlabrada, Villaverde, Xetafe e Humanes. Ten un servizo especial ao aeroporto de Madrid-Barajas.

Política

[editar | editar a fonte]

Nas eleccións municipais de 1979 o Partido Socialista Obreiro Español (PSOE) obtivo a maioría absoluta co 50,4% dos votos e 14 concelleiros, sendo elixido Ramón Espiñar Galego como alcalde. En 1983 o PSOE venceu co 70% dos votos sendo reelixido alcalde Ramón Espiñar Galego, quen abandonou o cargo para ser substituído por Fernando Abade Bécquer. Reelixido en 1987, mantivo o seu cargo ata 1991, ano no que foi elixido o tamén socialista José Luís Pérez Ráez, alcalde dende entón.

A partir de 1995 pactou con Esquerda Unida (IU), ao perder a maioría absoluta en dúas das tres eleccións municipais celebradas dende entón (1995 e 2003).

As eleccións municipais do 25 de maio de 2003 ofreceron os seguintes resultados:

Tamén se presentaron (sen obteren representación municipal) Os Verdes, a Plataforma Veciñal Vientos del Pueblo, unha agrupación liberal do Bº de La Fortuna e a formación independente Unión por Leganés (ULEG).

O 22 de xuño de 2006, o actual alcalde, José Luís Pérez Ráez, anunciou que non se presentará como cabeza de lista tras 16 anos como rexedor do concello. A falta de confirmación oficial, o seu sucesor proclamarase en eleccións primarias internas da agrupación socialista. Como o propio alcalde declarou, quedáronlle algúns proxectos por cumprir como o soterramento da liña C-5 de contornas ao seu paso polo concello.

O club representativo da Cidade é o Club Deportivo Leganés, que actualmente milita na 1ª División. O fútbol é tamén o deporte máis practicado do concello. Tanto que é o segundo concello de Madrid con máis equipos federados, trala capital.

Outro club representativo é o Club Balonmán Leganés, que logrou varios campionatos de España masculinos e femininos nas categorías cadete e xuvenil, e actualmente milita na categoría primeira nacional tanto en masculino como en feminino, contando con dous equipos filiais o conxunto masculino, o que indica a gran capacidade de convocatoria de xogadores. O balonmán en Leganés colleitou importantes éxitos, xa que o equipo feminino chegou a ser no seu día subcampión de liga na máxima categoría nunha ocasión, e en tres ocasións subcampión da Copa da Raíña.

Tamén son deportes moi practicados polos mozos a natación, balonvolea, esgrima e bádminton.

Deportistas famosos:

  • Javier Illana, saltos de trampolín.
  • Valentín Sergio Pachón Mosquero, futbolista.
  • Antonio López, futbolista.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]