Le Dernier Métro
Le Dernier Métro | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Le Dernier Métro |
Director | François Truffaut |
Produtor | François Truffaut Jean-José Richer |
Guión | François Truffaut Suzanne Schiffman Jean-Claude Grumberg |
Intérpretes | Catherine Deneuve Gérard Depardieu Jean Poiret |
Música | Georges Delerue |
Fotografía | Néstor Almendros |
Montaxe | Martine Barraqué |
Estudio | Les Films du Carrosse Andrea Films SEDIF SFP TF1 Films Production |
Distribuidora | Gaumont |
Estrea | 17 de setembro de 1980 |
Duración | 131 minutos |
Orixe | Francia |
Xénero | Drama histórico |
Recadación | 23,3 millóns de dólares[1][2] 3 393 694 entradas (Francia)[3] |
Na rede | |
Le Dernier Métro é un filme francés de 1980 escrito e dirixido por François Truffaut, e protagonizado por Catherine Deneuve e Gérard Depardieu.[4] Ambientado en 1942 durante a ocupación alemá de Francia, segue a fortuna dun pequeno teatro da zona de Montmartre, en París, que emprega a resistencia pasiva mantendo a súa integridade cultural, a pesar da censura, o antisemitismo e a escaseza de materiais, para saír triunfante ao final da guerra.[5] O título evoca dous feitos salientables da vida da cidade baixo os alemáns: a escaseza de combustible levou á xente a pasar as noites en teatros e outros lugares de entretemento, mais o toque de queda fixo que tivesen que coller o último tren do metro para casa.
Foi escollido como candidato de Francia para o Óscar ó mellor filme internacional na 53ª edición dos premios, sendo finalmente nomeado.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Durante a ocupación alemá durante a segunda guerra mundial, un director de teatro xudeu en París, Lucas Steiner, vese obrigado a agacharse na adega do teatro onde a súa muller, a actriz Marion Steiner, o actor Bernard Granger e un grupo de actores, ensaian e presentan unha obra. Daxiat, un crítico de teatro pronazi fai unha crítica violenta da obra. Granger encóntrao e golpéao. A resposta é a posible incautación do teatro porque foi propiedade dun xudeu. Marion reclámalle violentamente a súa imprudencia. Traballan e triunfan na obra, mais déixanse de falar. Granger decide deixar a obra e unirse á resistencia.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Catherine Deneuve como Marion Steiner
- Gérard Depardieu como Bernard Granger
- Jean Poiret como Jean-Loup Cottins
- Heinz Bennent como Lucas Steiner
- Andréa Ferréol como Arlette Guillaume
- Paulette Dubost como Germaine Fabre
- Sabine Haudepin como Nadine Marsac
- Jean-Louis Richard como Daxiat
- Maurice Risch como Raymond Boursier
- Marcel Berbert como Merlin
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ JP. "Le Dernier métro (1980)- JPBox-Office". Consultado o 28 de outubro de 2016.
- ↑ "The Last Metro (1981) - Box Office Mojo". Consultado o 28 de outubro de 2016.
- ↑ Box Office information for Francois Truffaut films at Box Office Story
- ↑ Lanzoni, Rémi Fournier (2002). French Cinema: From Its Beginnings to the Present. Continuum. pp. 314–315. ISBN 978-0-8264-1600-1.
- ↑ Holmes, Diana; Ingram, Robert (1998). François Truffaut. Manchester: Manchester university press. p. 18. ISBN 0-7190-4554-1.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes de Francia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 53ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Le Dernier Métro na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)