Saltar ao contido

Lata Mangeshkar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLata Mangeshkar

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(mr) लता मंगेशकर Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de setembro de 1929 Editar o valor en Wikidata
Indore (Raj Británico) Editar o valor en Wikidata
Morte6 de febreiro de 2022 Editar o valor en Wikidata (92 anos)
Bombai, India Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesíndrome de disfunción multiorgánica Editar o valor en Wikidata
Membro do Rajya Sabha
22 de novembro de 1999 – 21 de novembro de 2005 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónHinduísmo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, compositora de bandas sonoras, actriz de cinema, produtora Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1942 Editar o valor en Wikidata - 2022 Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoWorld music, filmi music (en) Traducir, música clássica indiana (pt) Traducir, Hindustani classical music (en) Traducir e bhajan (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaFamilia Mangeshkar Editar o valor en Wikidata
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
PaiDeenanath Mangeshkar Editar o valor en Wikidata
IrmánsHridaynath Mangeshkar
Usha Mangeshkar
Meena Khadikar
Asha Bhosle Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteLata Mangeshkar, Bollywood’s Most Beloved Voice, Dies at 92 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0542196 Facebook: LataMangeshkar Twitter: mangeshkarlata Instagram: lata_mangeshkar Spotify: 61JrslREXq98hurYL2hYoc Musicbrainz: aeb71bd8-447d-4415-8ea1-2b7d664f67e1 Discogs: 342906 Allmusic: mn0000132940 WikiTree: Mangeshkar-1 Genius: Lata-mangeshkar Editar o valor en Wikidata

Lata Mangeshkar (marathi: लता मंगेशकर), nada en Indore o 28 de setembro de 1929 e finada en Mumbai o 6 de febreiro de 2022,[1] foi unha cantante india, coñecida como dobradora musical nos filmes de Bollywood.[2][3] Era a irmá máis vella dos tamén cantantes Asha Bhosle, Hridaynath Mangeshkar, Usha Mangeshkar e Meena Khadikar.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Adestrada dende os cinco anos de idade polo seu pai, o cantante clásico Deenanath Mangeshkar, iniciou a súa carreira en 1942. Tras sete décadas de carreira, cantou en máis de mil filmes en preto de vinte linguas da India, principalmente hindi e marathi. Por interpretar cancións tamén en bengalí e urdú é extremamente popular en Bangladesh e Paquistán. É célebre a anécdota sobre un xeneral paquistaní que, durante un acto diplomático con representantes indios, bromeou dicindo que estaría disposto a entregar os territorios en litixio de Azad Caxemira en troco de Lata.

Recibiu as máis altas condecoracións artísticas indias, entre elas o premio Bharat Ratna,[4] e apareceu no Libro Guinness dos Récords dende 1974 a 1991 como a cantante máis gravada do mundo.

Ademais de produtora dos filmes Vaadal (1953), Jhaanjhar (1953), Kanchan (1955) e Lekin (1990), tamén exerceu ocasionalmente como directora musical. A finais da década de 1960 compuxo a música de varios filmes en marathi co pseudónimo Anand Ghan.

Influencia

[editar | editar a fonte]

Freddie Mercury, fundador e voz principal da banda Queen, mencionouna como unha das súas grandes influencias. O produtor Dr Dre tivo que pagar 2 millóns de dólares a Lata Mangeshkar pola utilización en 2002 dun extracto da canción Kaliyon Ka Chaman Thoda Resham Lagta Hai (do filme Jyoti) na canción Addictive de Shari Watson.

  1. "Lata Mangeshkar: India singing legend dies at 92". BBC News (en inglés). 6 de febreiro de 2022. Consultado o 6 de febreiro de 2022. 
  2. "Lata Mangeshkar". The Times of India. 10 de decembro de 2002. Consultado o 22 de xullo de 2009. 
  3. Yasmeen, Afshan (21 de setembro de 2004). "Music show to celebrate birthday of melody queen". The Hindu. Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2004. Consultado o 19 de agosto de 2009. 
  4. Lata Mangeshkar given Bharat Ratna Arquivado 11 de agosto de 2010 en Wayback Machine. The Hindu

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Bichu, Dr. Mandar (2011). Lata — Voice of the Golden Era. Popular Prakashan. ISBN 978-81-7991-625-4. 
  • Bhimani, Harish (1995). In search of Lata Mangeshkar. Indus. ISBN 978-81-7223-170-5. 
  • Bharatan, Raju (1995). Lata Mangeshkar: A Biography. UBS Publishers Distributors. ISBN 978-81-7476-023-4. 
  • Kabir, Nasreen Munni (2009). Lata Mangeshkar: In Her Own Voice. Niyogi Books. ISBN 978-81-89738-41-9. 
  • Lata, Mangeshkar (1995). Madhuvanti Sapre; Dinkar Gangal, eds. In search of Lata Mangeshkar (en marathi). Harper Collins/Indus. ISBN 978-81-7223-170-5. . Colección de artigos escritos por Lata Mangeshkar dende 1952.
  • Nerurkar, Vishwas. Lata Mangeshkar Gandhar Swaryatra (1945-1989) (en hindi). Mumbai: Vasanti P. Nerukar. .
  • Bichhu, Mandar V. (1996). Gaaye Lata, Gaaye Lata (en hindi). Sharjah: Pallavi Prakashan. ISBN 978-81-7223-170-5. . Colección de artigos escritor por Lata Mangeshkar dende 1952.