Saltar ao contido

Land's End

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaLand's End
(en) Land's End Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipocabo
promontorio Editar o valor en Wikidata
Parte deCornualla Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaSennen, Reino Unido (pt) Traducir e Cornualla, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Mapa
 50°04′04″N 5°42′55″O / 50.0677, -5.71522
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Vista do cabo

Land's End, que en galego significa «fin da terra» ou «fisterra» (en córnico, Penn an Wlas), é un cabo e pequeno asentamento no oeste de Cornualla, Inglaterra. Atópase na península de Penwith aproximadamente a 13 quilómetros ao oeste-suroeste de Penzance.[1]

Land's End é o punto máis occidental da illa de Inglaterra. Os Longships, un grupo de illotes rochosos, quedan xusto a unha milla fronte á costa. As illas Sorlingas quedan aproximadamente a 45 quilómetros ao suroeste de Land's End. A mítica terra perdida de Lyonesse (como se chama na literatura artúrica) atopábase, supostamente, entre as Sorlingas e a illa principal.

Land's End ten unha resonancia particular debido a que normalmente se usa para suxerir distancia. De Land's End a John ou' Groats, en Escocia, hai unha distancia de 1349 km por estrada e define a lonxitude de estradas, camiños ou eventos de caridade.

  1. Ordnance Survey: Landranger map sheet 203 Land's End ISBN 978-0-319-23148-7

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]