Saltar ao contido

L'Espluga de Francolí

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaL'Espluga de Francolí
Imaxe

Epónimocova e Río Francolí Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°23′50″N 1°06′10″L / 41.3972, 1.1029
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
ProvinciaProvincia de Tarragona
Ámbito funcional territorialCamp de Tarragona
ComarcaConca de Barberà Editar o valor en Wikidata
Capitall'Espluga de Francolí (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación3.733 (2023) Editar o valor en Wikidata (65,26 hab./km²)
Número de fogares151 (1553) Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua catalá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
DioceseArquidiocese de Tarragona Editar o valor en Wikidata
Superficie57,2 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Francolí Editar o valor en Wikidata
Altitude411 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónAbdón e Senén Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataJosep M. Vidal Minguella (2019–) Editar o valor en Wikidata
Orzamento8.310.330,2 € (2022) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal43440 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE43054 Editar o valor en Wikidata
Código territorial IDESCAT430542 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
L'Espluga Calba
Splügen (pt) Traducir (1993–) Editar o valor en Wikidata

Páxina webesplugadefrancoli.cat Editar o valor en Wikidata
A igrexa vella románica a carón da nova neoclásica, no centro da vila.
Monumento na entrada ás espenucas de L'Espluga.

L'Espluga de Francolí é un concello e vila catalá que se atopa na provincia de Tarragona, na comarca da Conca de Barberà. O nome da vila provén do latín spelunca 'espenuca', 'cova', denominación pola que xa era coñecida no século XI, en referencia ás numerosas grutas e cavernas dos arredores, entre as cales cómpre sinalar a cova da Font Major, por onde transcorre baixo terra o río Francolí. Esta espenuca foi descuberta por casualidade en 1853, e é actualmente visitábel. Constitúe, co museo adxacente, unha das máximas atraccións turísticas da vila.

L'Espluga de Francolí áchase no extremo suroriental da comarca, situado entre a serra do Tallat, o norte, na estrema das comarcas das Garrigues e do Urgell, e os riscos da fraga de Poblet e maila Pena, dos montes de Prades, ao sur; no medio, o val e o cavorco do Reguer, coas leiras e videiras. Testa ao norte con Fulleda, Senan e Vallbona de les Monges, ao leste con Blancafort e Montblanc (que tamén estrema polo sur) e ao oeste con Vimbodí.

O termo está atravesado polo río Francolí, que abrolla na Font Major de L'Espluga, na confluencia dos ríos Sec e Milans. Pódese acceder pola estrada N-240 e pola autoestrada AP-2, con saída por Montblanc; tamén ten conexión coas vilas veciñas grazas a diversas estradas locais. Ten unha estación do camiño de ferro (liña Lleida-Reus) por onde pasa a liña do AVE.

A maioría da poboación concéntrase na vila de L'Espluga de Francolí. Existe un núcleo urbano no balneario de Les Masies, a dous quilómetros ao sur de L'Espluga, preto do Mosteiro de Poblet, no concello de Vimbodí. Na estrema sur do concello atópase o santuario da Santísima Trindade.

A vila de L'Espluga creouse arredor dun castelo que Ponç de Cervera ergueu no cume do monte no século XI. Máis tarde o castelo pasou a depender de Poblet e da Orde do Temple (templarios) a mediados do século XIII; a parte baixa da vila ficaba baixo a xurisdición dos hospitalarios (Orde de Malta) que estableu a encomenda de L'Espluga de Francolí adquirindo todo o señorío en 1312, ano da extinción da Orde do Temple.

O nome de L'Espluga

[editar | editar a fonte]

O nome da vila provén do latín spelunca ('espenuca' ou 'cova'), porén este vocábulo foi tomado polos romanos da lingua grega. En galego, do latín spelunca, obtemos o temo vulgar de cova: espenuca e o prefixo culto espeleo- (elemento de orixe grega que entra na formación de palabras co significado de ‘caverna’).

Con dita verba que xa era coñecida a zona no século XI, en referencia ás numerosas palas e cavidades dos arredores da vila, entre as cales salienta a cova da Font Major (fonte maior), por onde descorre, so terra, o río Francolí, achada, por casualidade, en 1853, e que actualmente pode ser visitada, xunto co museo que se instalou no seu interior. É a máxima atracción de L'Espluga. Pódense realizar tamén actividades de espeleoloxía.

Monumentos e atractivos da vila

[editar | editar a fonte]
  • Coves de l'Espluga son unhas palas naturais utilizadas polo ser humano dende o paleolítico. Ten un museo que se atopa no seu interior. Visita guiada dunha hora e 15 minutos de duración aproximadamente.

Ademais da xa mencionada Cova Museo da Font Major, cómpre salientar tamén:

  • Fassina Balanyà, a antiga fábrica de alcol tornou a abrir as súas portas no ano 2009 coma un dos museos industriais do Sistema do Museo Nacional da Ciencia e a Técnica de Cataluña, que neste caso amosa o funcionamento da fabrica durante os anos da posguerra civil española, para coñecer os procesos produtivos para a obtención de alcol e os seus derivados. Oficina de Turismo.
  • O antigo hospital da Orde de San Xoán, fundado polos cabaleiros hospitalarios, malia que o edificio actual, gótico, data do século XIV. Acolle a biblioteca Mosén Ramón Muntanyola e diversas entidades.
  • Igrexa de Sant Miquel, do século XIII, moi austera, de transición entre o románico e o gótico. En 1837, baixo as escaleiras da igrexa agocháronse os restos dos reis cataláns cuxas tumbas foran profanadas no mosteiro de Poblet. Incendiada en 1873, durante a Terceira Guerra Carlista, construíuse na mesma praza a igrexa nova, de estilo neoclásico, aproveitando as pedras do antigo castelo.
  • O Museo da Vida Rural, instalado no pazo da familia Carulla, do século XVII, e creado en 1988 a instancias de Lluís Carulla, industrial e mecenas, promotor da Fundación Lluís Carulla. O novo Museo da Vida Rural responde á vontade da Fundación Lluís Carulla de modernizar e ampliar as súas instalacións.
  • A adega cooperativa modernista, o Celler Cooperatiu, obra de 1913, de Pere Domènech i Roura, que seguiu o proxecto do seu pai Lluís Domènech i Montaner, baseado no gótico catalán. Actualmente acolle o museo do viño (Museu del Vi). O museo está estruturado en tres niveis. Nun primeiro nivel soterrado, habilitado polo antigo lagar, exponse a historia, o cultivo e a elaboración do viño. Un segundo nivel, entre os bocois, explícase a elaboración moderna do viño. Finalmente, nun tereceiro nivel, por riba dos bocois, exponse a arquitectura e un audiovisual.
  • O Casal de l'Espluga, aberto en 1965, tamén grazas ao mecenas Lluís Carulla. É o centro dun conxunto de servizos tales como: hotel, parque infantil, pavillón polideportivo, escola de música, cine etc.

Economía

[editar | editar a fonte]

A actividade económica do concello depende da agricultura, o comercio, o turismo e a industria. As culturas máis importantes son a vide e os cereais (trigo e orxo), amendoeiras, oliveiras, existindo tamén algunhas granxas de polos e porcos. O reclamo turístico do achegado mosteiro de Poblet converteu a L'Espluga nun importante núcleo de servizos culturais, de hostalaría, restaurantes e lecer, que complementan os atractivos propios do termo. O mercado faise os luns e venres á mañá. A feira da vila (que ten lugar o último domingo de xaneiro) documentada dende 1565, aglutina a oferta comarcal e derivou das súas orixes agrícolas e gandeiras a aspectos máis comerciais e de servizos. Tamén é importante a mostra vitivinícola e de produtos agrarios que se celebra en setembro, durante a Festa de la Verema (festa da vendima). Son sonadas as galletas ("vanos") e carquinyols típicos da vila.

Tradicións

[editar | editar a fonte]

Grupo tradicional de diables fundado en 1879, e recuperado en 1990.

Coñecido como "La rua de les 1000 disfresses" é a festa máis populosa da vila. En 2007 cumpriu a súa vixésimo quinta edición.

Comunicación

[editar | editar a fonte]

A emisora oficial da vila. Xornais, magazines, fórmulas musicais, e emisión on-line.

Revista mensual na que se publican novas e artigos que están relacionados con L'Espluga.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]