Kokkai
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2016.) |
A Dieta do Xapón (国会 Kokkai) é a asemblea ou órgano máximo do poder do estado do Xapón consonte a Constitución xaponesa. Está formada por membros directamente elixidos polo pobo, cunha idade mínima de 20 anos. Os partidos políticos, aos que pertencen case tódolos membros da Dieta, son as unidades básicas da actividade política.
A Dieta nomea a un dos seus membros Primeiro Ministro, quen á súa vez forma o [gabinete] que controla o poder executivo do goberno.
A Dieta é o único órgano lexislativo do Estado. Toda lei debe seguir un proceso ata a súa aprobación final na mesma. Ademais ten outras funcións importantes, como a aprobación dos orzamentos da Nación, a ratificación de tratados internacionais e a posta en marcha de propostas formais para emendar a Constitución.
Celébranse tres categorías de sesións na Dieta: ordinaria, extraordinaria, e especial. A sesión ordinaria, convocase en xaneiro, unha vez ao ano, cun termo de 150 días, desempeña o papel principal xa que é onde os membros da Dieta deliberan os orzamentos para o ano seguinte e as leis necesarias para poñer en execución tales orzamentos.