Saltar ao contido

June Allyson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJune Allyson

(1944) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Eleanor Geisman Editar o valor en Wikidata
7 de outubro de 1917 Editar o valor en Wikidata
Bronx, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte8 de xullo de 2006 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Ojai, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortedoenza respiratoria Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaForest Lawn Memorial Park Editar o valor en Wikidata
EducaciónSt. Catharine Academy (en) Traducir
Theodore Roosevelt High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz de cinema, actriz de televisión, cantante, actriz de teatro, bailarina, actriz Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1936 Editar o valor en Wikidata -
Partido políticoPartido Republicano Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeDavid Ashrow (1976–)
Alfred Glenn Maxwell (1963–)
Dick Powell (1945–1963) Editar o valor en Wikidata
FillosRichard Powell, Jr.
 () Dick Powell Editar o valor en Wikidata
PaisRobert Geisman Editar o valor en Wikidata  e Clara Provost Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webjuneallyson.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000742 Allocine: 31911 Rottentomatoes: celebrity/june_allyson Allmovie: p1146 91332 TV.com: people/june-allyson IBDB: 29730
BNE: XX1567008 Musicbrainz: ecb757be-7469-4273-98d0-c0548321577c Discogs: 575613 WikiTree: Geisman-10 Find a Grave: 14878295 Editar o valor en Wikidata

Eleanro Geisman,[1] nada no Bronx o 7 de outubro de 1917 e finada en Ojai, California, o 8 de xullo de 2006, foi unha actriz estadounidense, coñecida como June Allyson, unha das actrices máis populares das décadas de 1940 e 1950.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nada en Nova York, non pasou unha infancia doada. En abril de 1918 (cando Allyson tiña seis meses), o seu pai alcohólico, que traballaba de conserxe, abandonou a familia. Allyson quedou na pobreza, vivindo cos seus avós maternos.[2] A súa nai traballaba como telefonista e caixeira de supermercado e cando tiña cartos abondos reuníase coa súa filla. Porén, habitualmente Allyson estaba cos seus avós ou outros parentes.[2] Aos oitos anos, unha póla caeu sobre ela mentres montaba no seu triciclo co seu can.[3] Ela sufriu fracturas moi graves e o can morreu. Ata os doce anos tivo que realizar rehabilitación con terapias de natación e baile.

O seu primeiro papel foi como "inxenua" para Educational co cantante Lee Sullivan, os bailaríns cómicos Herman Timberg, Jr. e Pat Rooney, Jr., e a futura estrela Danny Kaye nunha serie de curtametraxes, incluídas Swing for Sale (1937), Pixilated (1937), Ups and Downs (1937), Dime a Dance (1938), Dates and Nuts (1938) e Sing for Sweetie (1938).[4]

Debutou en Broadway en 1938 como corista na obra Sing Out the News aos vinte anos e en 1943 apareceu no filme Best Foot Forward.[5] A súa carreira tivo grandes éxitos musicais como Thousands Cheer and Good News! (1947), e asinou un importante contrato con Metro Goldwyn Mayer que en 1949 a levou a interpretar entre outros filmes o papel de "Jo" March no filme Little Women, baseado no libro homónimo de Louisa May Alcott, que foi un grande éxito. Allyson era experta en chorar cando lle daban pé e moitos dos seus filmes incluían unha escena de bágoas. A súa colega en MGM Margaret O'Brien dixo que ela e Allyson eran chamadas "as choronas da vila".[6] Posteriormente dixo "chorei unha vez nun filme e dixeron 'fagámolo outra vez'. E chorei o resto da miña carreira".[7]

A partir da década de 1950 interpretou especialmente o papel de rapaza sensible e bondadosa, que lle permitiu destacar en filmes como The Girl in White (1952), The Glenn Miller Story (1954) ou Woman's World (1954), de Jean Negulesco. En 1951 gañou o Globo de Ouro á mellor actriz de comedia polo seu papel no filme Too Young to Kiss, en que interpretaba unha nena prodixio e a súa irmá máis vella.

A serie The DuPont Show with June Allyson (1959–60) tivo dúas temporadas na CBS e foi descrita por Allyson como "a cousa máis dura que fixen nunca".[8] Tamén apareceu en programas como Zane Grey Theater, The Dick Powell Theatre e Burke's Law antes de retirarse varios anos tras enviuvar en 1963.[4]

Faleceu debido a un fallo respiratorio.[9]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Cando chegou a Hollywood, os directivos do estudio intentaron emparellala con Van Johnson obrigándoos a ter unha serie de "citas oficiais" moi publicitadas.[10] Aínda que tivo citas con David Rose, Peter Lawford e John F. Kennedy, Allyson estaba en realidade saíndo con Dick Powell, trece anos máis vello ca ela e que estivera casado con Mildred Maund e Joan Blondell.[11]

O 19 de agosto de 1945, Allyson provocou o enfado de Louis B. Mayer ao casar con Powell.[12] O matrimonio tivo dous fillos, Pamela Allyson Powell[13] (adoptada en 1948) e Richard Powell, Jr., nado o 24 de decembro de 1950.[14] A mediados da década de 1950 Allyson tivo un romance co actor Alan Ladd.[15]

Allyson solicitou o divorcio de Powell en 1961 por mor da obsesión polo traballo del. En febreiro dese ano recibiu 2,5 millóns de dólares e a custodio dos seus fillos.[16] Porén, antes de que se consolidase o divorcio reconciliáronse[17] e permaneceron casados ata a morte de Powell o 2 de xaneiro de 1963. A perda de Powell levou a Allyson a beber demasiado. En 1963 ía fugarse co barbeiro do seu marido, Glenn Maxwell, mais finalmente decidiu non facelo.[18] Ela e Maxwell casaron posteriormente e divorciáronse para volver a casar e divorciarse máis adiante.[15]

En 1976, Allyson casou con David Ashrow, dentista convertido en actor co que actuou ocasionalmente en teatros e nas xiras do transatlántico Royal Viking Sky.[19]

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Filme
Ano Título Personaxe Notas
1937 Swing for Sale Curtametraxe
1937 Pixilated Curtametraxe
1937 Ups and Downs June Daily Curtametraxe
1937 Dime a Dance Harriet Curtametraxe
1937 Dates and Nuts Wilma Brown, Herman's girl Curtametraxe
1938 Sing for Sweetie Sally Newton Curtametraxe
1938 The Prisoner of Swing Princess Curtametraxe
1938 The Knight Is Young June Curtametraxe
1939 Rollin' in Rhythm Curtametraxe
1940 All Girl Revue Mayor Curtametraxe
1943 Best Foot Forward Ethel
1943 Girl Crazy Specialty Singer
1943 Thousands Cheer Specialty Singer
1944 Two Girls and a Sailor Patsy Deyo
1944 Meet the People Annie
1944 Music for Millions Barbara Ainsworth
1945 Her Highness and the Bellboy Leslie Odell
1945 The Sailor Takes a Wife Mary Hill
1946 Two Sisters from Boston Martha Canford Chandler
1946 Till the Clouds Roll By Jane Witherspoon/Lou Ellen Carter Segmentos Leave It to Jane e Oh, Boy!
1946 The Secret Heart Penny Addams
1947 High Barbaree Nancy Frazer
1947 Good News Connie Lane
1948 The Bride Goes Wild Martha Terryton
1948 The Three Musketeers Constance Bonacieux
1948 Words and Music Alisande La Carteloise
1949 Little Women Josephine "Jo" March
1949 The Stratton Story Ethel
1950 The Reformer and the Redhead Kathleen Maguire
1950 Right Cross Pat O'Malley
1951 Too Young to Kiss Cynthia Potter
1952 The Girl in White Dr. Emily Barringer
1953 Battle Circus Tte. Ruth McCara
1953 Remains to Be Seen Jody Revere
1954 The Glenn Miller Story Helen Burger Miller
1954 Executive Suite Mary Blemond Walling
1954 Woman's World Katie Baxter Tamén coñecido como A Woman's World
1955 Strategic Air Command Sally Holland
1955 The Shrike Ann Downs
1955 The McConnell Story Pearl "Butch" Brown
1956 The Opposite Sex Kay Hilliard
1956 You Can't Run Away from It Ellen "Ellie" Andrews
1957 Interlude Helen Banning Tamén coñecido como Forbidden Interlude
1957 My Man Godfrey Irene Bullock
1959 A Stranger in My Arms Christina Beasley Tamén coñecido como And Ride a Tiger
1972 They Only Kill Their Masters Mrs. Watkins
1978 Blackout Mrs. Grant
2001 A Girl, Three Guys, and a Gun Joey's Grandma
  1. Ancestry.com according to the 1920 U.S. census
  2. 2,0 2,1 Parish and Pitts 2003, p. 1.
  3. Harmetz, Aljean. "June Allyson, Adoring Wife in MGM Films, Is Dead at 88." The New York Times, 11 de xullo de 2006. Consultado o 14 de marzo de 2010.
  4. 4,0 4,1 Bergan, Ronald (12 de xullo de 2006). "Obituary: June Allyson: Actor whose sunny style and quivering lip embodied a simpler age". The Guardian. p. 36. 
  5. Hirschhorn 1991, p. 224.
  6. Allyson and Leighton 1982, p. 37.
  7. Secrest, Meryle (6 de agosto de 1971). "June Allyson: Still June Allyson". The Washington Post, Times Herald. p. B2. 
  8. Smith, Cecil (21 de agosto de 1960). "June Allyson: Subdeb Sex: June Allyson Runs Own Show as Star and Emcee". Los Angeles Times. p. A3. 
  9. Mormon 2007, p. 65.
  10. Allyson e Leighton 1982, pp. 51–53.
  11. Kennedy 2007, p. 130.
  12. Wayne 2002, p. 392.
  13. Smith, Stephen (16 de xullo de 2007). "Actress June Allyson Dies at 88". CBS News. Associated Press. Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2018. Consultado o 25 de decembro de 2018. 
  14. Allyson and Leighton 1982, pp. 30–31
  15. 15,0 15,1 Christy, Marian (20 de xuño de 1982). "Conversations by Marian Christy; Woman Behind the June Myth". Boston Globe (1st ed.). p. 1. 
  16. "Divorce Granted to June Allyson from Dick Powell: June Allyson Gets a Tearful Divorce". Chicago Daily Tribune. 1 de febreiro de 1961. p. A5. 
  17. "Dick Powell, June Allyson Drop Plans for Divorce". Columbia Record (Columbia, South Carolina). 4 de xaneiro de 1962. p. A15. 
  18. "With Dick Powell's Barber: June Allyson Lawyer Bars Her Elopement". Los Angeles Times. 4 de agosto de 1963. p. f1. 
  19. "Biography: June Allyson." Arquivado 10 de outubro de 2021 en Wayback Machine. juneallyson.com. Consultado o 17 de outubro de 2010.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Allyson, June. June Allyson's Feeling Great: A Daily Dozen Exercises for Creative Aging. Nova York: Da Capo Press, 1987. ISBN 978-0-88496-257-1
  • Basinger, Jeanine. The Star Machine. Nova York: Knopf, 2007. ISBN 978-1-4000-4130-5
  • Becker, Christine. It's the Pictures That Got Small: Hollywood Film Stars on 1950s Television (Wesleyan Film). Indianapolis, Indiana: Wesleyan, 2009. ISBN 978-0-8195-6894-6
  • Davis, Ronald L. Van Johnson: MGM's Golden Boy (Hollywood Legends Series). Jackson, Mississippi: University Press of Mississippi, 2001. ISBN 978-1-57806-377-2.
  • Eyman, Scott. Lion of Hollywood: The Life and Legend of Louis B. Meyer. Nova York: Simon & Schuster, 2005. ISBN 978-0-7432-0481-1
  • Fordin, Hugh. M-G-M's Greatest Musicals. Nova York: Da Capo Press, 1996. ISBN 978-0-306-80730-5
  • Hirschhorn, Clive. The Hollywood Musical. Londres: Pyramid Books, 1991, primeira edición de 1981. ISBN 978-1-85510-080-0
  • Kennedy, Matthew. Joan Blondell: A Life between Takes (Hollywood Legends Series). Jackson, Mississippi: University Press of Mississippi, 2007. ISBN 978-1-57806-961-3
  • Milner, Jay Dunston. Confessions of a Maddog: A Romp through the High-flying Texas Music and Literary Era of the Fifties to the Seventies. Denton, Texas: University of North Texas Press, 1998. ISBN 978-1-57441-050-1
  • Mormon, Robert. Demises of the Distinguished. Bloomington, Indiana: AuthorHouse, 2007. ISBN 978-1-4343-1546-5
  • Parish, James Robert e Michael R. Pitts. Hollywood Songsters: Singers Who Act and Actors who can Sing. Londres: Routledge, 2003. ISBN 978-0-415-94332-1
  • Wayne, Jane Ellen. The Golden Girls of MGM: Greta Garbo, Joan Crawford, Lana Turner, Judy Garland, Ava Gardner, Grace Kelly and Others. Nova York: Carroll & Graf Publishers, 2002. ISBN 978-0-7867-1117-8
  • Wayne, Jane Ellen. The Leading Men of MGM. Nova York: Da Capo Press, 2006. ISBN 978-0-7867-1768-2

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]