Saltar ao contido

Julian Assange

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJulian Assange

(2014) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Julian Paul Assange Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Julian Paul Hawkins Editar o valor en Wikidata
3 de xullo de 1971 Editar o valor en Wikidata (53 anos)
Townsville, Australia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaEmbaixada do Equador em Londres (pt) Traducir (2012–2019)
Ilha Magnetic (pt) Traducir
Melbourne Editar o valor en Wikidata
Ideoloxía políticaLibertarianismo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Central de Queensland (pt) Traducir
Universidade de Melbourne (pt) Traducir
Townsville State High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónciberativista (pt) Traducir, presentador, xornalista, empresario, alertador, presentador de televisión, escritor, produtor de televisión, hacker, director de televisión, programador, informático teórico, editor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1987 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorWikiLeaks Editar o valor en Wikidata
Partido políticopolítico independente (2015–)
WikiLeaks Party (en) Traducir (2012–2015) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Pseudónimo literarioProff
Mendax Editar o valor en Wikidata
Outro
CónxuxeStella Assange (2022–) Editar o valor en Wikidata
PaisJohn Shipton Editar o valor en Wikidata  e Christine Ann Assange Editar o valor en Wikidata
Condenado por24 crime eletrônico (pt) Traducir (1996)
failure to appear (en) Traducir (2019)
→ (encarceramento)
conspiracy to commit espionage (en) Traducir (2024)
→ (time served (en) Traducir) Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
23 de marzo de 2022Voda
11 de abril de 2019acusação e prisão de Julian Assange (pt) Traducir
1999divorcio
1989Voda
United States of America v. Julian Paul Assange (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteLentapedia
Obálky knih,
Tactical Media Files (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm4006677 Allocine: 602140 Allmovie: p737465
Twitter: julianassange TED: julian_assange BNE: XX5065368 Musicbrainz: 6b5e6501-4753-4894-9009-0e6984767b4e Discogs: 3759609 Editar o valor en Wikidata

Julian Paul Assange, nado en Townsville (Queensland) o 3 de xullo de 1971, é un xornalista, programador e activista de Internet australiano, coñecido por ser o portavoz e editor do sitio web WikiLeaks.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Assange estudou física e matemáticas na Universidade de Melbourne até 2006, cando empezou a implicarse profundamente en Wikileaks. Foi descrito como moi autodidacta e cumpridamente lido en ciencias e matemáticas. Tamén estudou filosofía e neurociencia. Na súa páxina web, describiu como representou á súa universidade na Competición Nacional Australiana de Física en 2005.

Wikileaks

[editar | editar a fonte]
Assange en 2009.

Wikileaks foi fundado en 2006. Assange está entre os nove membros asesores, e é o voceiro diante dos medios de comunicación. Tamén foi nomeado director e fundador do sitio e ten a decisión final no proceso de exame dos documentos presentados ao sitio. Como todos os integrantes do sitio, Assange traballa en calidade de voluntario. Kristinn Hrafnsson tomou as rendas da organización a partir da súa detención o 7 de decembro, en cumprimento da orde europea de detención internacional emitida desde Suecia, pola policía metropolitana de Londres despois de presentarse nunha comisaría pola súa propia vontade, ao estar acusado dos delitos de violación, abusos sexuais e coacción, cargos polémicos que a día de hoxe non están en absolutos claros.

Reaccións ao arresto

[editar | editar a fonte]
Manifestación de apoio a Assange en Sidney, o 20 de decembro de 2010.

Perante a detención de Assange acusado pola fiscalía sueca dos supostos delitos de violación, abusos sexuais e coacción, e a negativa da xustiza británica a que saia en liberdade baixo fianza creouse a FreeAssange.org, unha plataforma de apoio pola liberdade de Assange. Os seus partidarios consideran que a acusación é falsa e que a intensificación da procura de Assange coincidiu coa publicación por parte de Wikileaks e outros cinco órganos de prensa de cables diplomáticos confidenciais estadounidenses, o que provocou a indignación dos Estados Unidos e de numerosos países afectados polas revelacións e consecuentemente as presión internacionais para lograr o seu encarceramento.

Detención en 2019

[editar | editar a fonte]

O 11 de abril de 2019 foi detido dentro da embaixada de Ecuador, onde estivo asilado durante seis anos e dez meses, despois de que o presidente de Ecuador, Lenín Moreno, anunciase a retirada do asilo. Ecuador ten a promesa do Reino Unido de que non será extraditado a un país no que poida ser condenado a morte.[1] A detención xurdiu da orde europea de detención emitida por Suecia no 2010, aínda que foi retirada no 2017 pola baixa posibilidade de extradición.

Diversas declaracións coinciden en que a detención ten a súa orixe na persecución dos EEUU contra Assange, pola filtración de datos e vídeos de Wikileaks proporcionados por Chelsea Manning, amosando entre outras, probas sobre a comisión de crimes de guerra.[2]

Liberación en 2024

Logo de alcanzar un acordo xudicial cos Estados Unidos, que o perseguiu durante 14 anos, acadou a liberdade.[3][4]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]