Juba
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Sudán do Sur | ||||
Estado federado | Equatória Central (pt) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 459.342 (2023) (8.833,5 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 52 km² | ||||
Bañado por | Nilo | ||||
Altitude | 550 m | ||||
Creación | 1922 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Juba (en inglés e oficialmente: Juba; en árabe: جوبا) é a capital da República do Sudán do Sur. Está situada na ribeira do Nilo Branco, e é tamén a capital do estado de Ecuatoria Central.
Historia
[editar | editar a fonte]No século XIX estableceuse un posto de comercio e unha misión chamada Gondokoro nas inmediacións de Juba. Era o posto de avanzada máis meridional da gornición turca, apoiada por un puñado de soldados, na súa maioría enfermos de malaria e da febre de augas negras que dominaban a rexión.
Gondokoro foi tamén a base do explorador e defensor Samuel Baker durante as súas expedicións ao que hoxe é o Sudán do Sur e o norte de Uganda, desde 1863 ata 1865 e desde 1871 ata 1873 respectivamente.
En 1922, un pequeno número de comerciantes gregos chegou á zona e estableceron Juba na beira occidental do Nilo Branco. Os gregos, que tiñan excelentes relacións coa tribo indíxena de Juba (os Bari), construíron o que hoxe é o Distrito de Negocios. Os edificios que hoxe albergan o Banco comercial de Buffalo, o Banco comercial do Nilo, o Hotel Paradise, a Casa do Cónsul de Noruega así como moitos outros, foron construídos orixinalmente polos gregos e foron as únicas estruturas permanentes que houbo ata principios da década de 1940.
Desde 1899 a 1956, Juba atopábase no Sudán Anglo-Exipcio que era administrado conxuntamente polo Reino Unido e Exipto. A esperanza británica de unir a parte sur do Sudán con Uganda desvaneceuse en 1947 debido a un acordo realizado en Juba, tamén coñecido como a Conferencia de Juba, para unificar o Norte e o Sur do Sudán. En 1955, unha rebelión de soldados do Sur da cidade Torit desencadeou a primeira guerra civil sudanesa, que non terminou ata 1972. Durante a segunda guerra civil sudanesa Juba era un lugar estratéxico que foi o centro de numerosos combates.
En 2005 Juba converteuse na sede provisional e a capital do goberno semiautónomo do Sudán do Sur, aínda que a capital proposta provisionalmente antes da firma do Acordo Xeral de Paz era Rumbek. Coa chegada da paz, as Nacións Unidas aumentaron a súa presenza en Juba, considerando que ata ese momento moitas operacións no Sudán do Sur foran xestionadas por Kenya. Baixo a dirección da Oficina Para a Coordinación de Asuntos Humanitarios (OCHA), as Nacións Unidas estableceron un campamento coñecido como "campamento OCHA", que serviu de base para moitos organismos das Nacións Unidas e organizacións non gobernamentais.
Demografía
[editar | editar a fonte]En 2005, a súa poboación era de 163.442 habitantes. En base a análise de fotos aéreas, a estimación de voluntarios que traballaron en Juba determinou que a poboación en 2006 era de aproximadamente 250.000. O 5º Censo de Poboación e Habitacional do Sudán realizouse entre abril e maio de 2008, pero os resultados foron rexeitados polo goberno do Sudán do Sur.[1]
Ano | Poboación |
---|---|
1973 (censo) | 56.737 |
1983 (censo) | 83.787 |
1993 (censo) | 114.980 |
2005 (estimación) | 163.442[2] |
2006 (estimación) | 250.000[2] |
Infraestruturas
[editar | editar a fonte]A cidade é un porto fluvial e o extremo sur do tráfico fluvial ao longo do Nilo, chamado con propiedade o Bahr al Jabal, que é unha sección do Nilo Branco. Antes da guerra civil, Juba era tamén un centro de transporte, coas estradas que conectan a Kenya, Uganda e a República Democrática do Congo.
Debido á guerra, Juba dificilmente puido ser denominado como un centro de transporte máis. As estradas e o porto fluvial non se atopan en uso debido a mal estado. As Nacións Unidas e o goberno do Sudán do Sur son os encargados da reparación dos camiños, pero a reparación completa espérase que dure moitos anos.
En 2003, a Fundación Suíza para a Acción contra as Minas (FSD), comezou a despexar a estrada que conduce de Juba a Uganda e Kenya. Esperábase que estes camiños fosen completamente desminados e reconstruídos no curso de 2006-2008. A reconstrución das estradas, que están na súa maioría sen pavimentar, precisan de traballo, esforzo e tempo debido á tempada de traballo limitado debido á prolongada tempada de choivas, que dura desde marzo ata outubro.
As estradas son bastante importantes para o proceso de paz no Sudán do Sur, a xente necesita regresar aos seus fogares e recuperar o que consideran unha vida normal outra vez. A primeira estrada que comezou a ser reconstruída é o camiño a Uganda. Este camiño é particularmente importante, xa que moitos dos habitantes orixinais de Juba, fuxiron a Uganda durante a guerra. A partir de 2009, hai tres camiños pavimentados en Juba, un deles recuperado en xullo dese ano. A principal é un camiño de cemento, construído polos británicos na década de 1950.
A cidade é sede da Universidade de Juba.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Isaac Vuni (8 de xullo de 2009). "South Sudan parliament throw outs census results" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2014. Consultado o 09 de xullo de 2011.
- ↑ 2,0 2,1 Poboación estimada en 2005 e 2006
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Juba |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sur do Sudán, BBC, 20 de abril de 2005