Saltar ao contido

Joseph Smith

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJoseph Smith

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento23 de decembro de 1805 Editar o valor en Wikidata
Sharon, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte27 de xuño de 1844 Editar o valor en Wikidata (38 anos)
Carthage, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSmith Family Cemetery Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa de Xesús Cristo dos Santos dos Últimos Días Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLíder relixioso Editar o valor en Wikidata
OcupaciónProfeta, político, teólogo Editar o valor en Wikidata
Partido políticoCouncil of Fifty (en) Traducir (1844–1844)
político independente (1843–1844) Editar o valor en Wikidata
Influencias
Carreira militar
Rama militarLegião Nauvoo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Rango militartenente xeneral Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeEliza Maria Partridge Lyman (1843–valor descoñecido)
Emily Dow Partridge (1843–valor descoñecido)
Sarah Ann Whitney (1842–)
Lucinda Morgan Harrisová
Zina D. H. Young
Eliza R. Snow
Helen Mar Kimball
Emma Smith Editar o valor en Wikidata
FillosJulia Murdock Smith
 () Emma Smith
Joseph Smith III
 () Emma Smith
Alexander Hale Smith
 () Emma Smith
David Hyrum Smith
 () Emma Smith Editar o valor en Wikidata
PaisJoseph Smith Sr. Editar o valor en Wikidata  e Lucy Mack Smith Editar o valor en Wikidata
IrmánsHyrum Smith
Samuel H. Smith
Alvin Smith
Don Carlos Smith
William Smith
Katharine Smith Salisbury Editar o valor en Wikidata
ParentesJesse N. Smith, curmán entregue
Joseph Fielding Smith, sobriño Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
24 de marzo de 1832asalto (John Johnson Farm (en) Traducir) Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAppletons' Cyclopædia of American Biography, (sec:Smith, Joseph)
Encyclopædia Britannica
New International Encyclopedia Editar o valor en Wikidata
Sitio webjosephsmith.net Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm11727168 BNE: XX1252174 WikiTree: Smith-545 Find a Grave: 962 Editar o valor en Wikidata

Joseph Smith, Jr., nado en Sharon (Vermont) o 23 de decembro de 1805 e finado en Carthage (Illinois) o 27 de xuño de 1844, foi o fundador da Igrexa de Xesús Cristo dos Santos dos Últimos Días, coñecido tamén como Mormonismo, e unha figura política importante (postulouse mesmo para ser o presidente dos Estados Unidos).

Comezou a ser seguido en 1827 despois de anunciar que un anxo lle mostrara un rexistro antigo, escrito en ferros de ouro, que describe a visita de Xesús á xente indíxena das Américas. En 1830, Smith publicou o Libro de Mormón, o cal, segundo el, era unha tradución dese rexistro. No mesmo ano organizou a Igrexa de Cristo.

Durante a maior parte da década 1830-1840, Smith viviu en Kirtland (Ohio), que foi nese tempo a sé da igrexa e o sitio do seu primeiro templo. Dificultades financeiras e conflitos con ex-membros en Kirtland alentáronlle a congregar a igrexa na colonia de Santos dos Últimos Días en Missouri. Alí intensificáronse os desacordos entre membros da igrexa e persoas alleas, iniciándose a guerra mormoa. Smith e os seus seguidores establecéronse logo en Nauvoo, Illinois onde empezaron a construír outro templo coa axuda de novos conversos de Europa.

Smith é considerado polos seus seguidores como profeta, vidente e revelador, e é situado ao mesmo nivel que Moisés, Isaías e outros antigos profetas bíblicos. As súas revelacións afirman a necesidade de restaurar a igrexa cristiá orixinal, habéndose perdido pouco logo da morte dos apóstolos debido á Gran Apostasía. Smith foi, e continúa sendo, unha figura controvertida.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Infancia e mocidade

[editar | editar a fonte]

Foi o quinto de once fillos do matrimonio entre Joseph Smith e Lucy Mack (casados en 1796)[1]. Varios reveses económicos obrigaron o pai a exercer diversos oficios na rexión de Nova Inglaterra, ata que se estableceron na peroferia de Palmyra, na ribeira do río Hathaway. Joseph Smith (o fillo) apenas sabía ler e escribir e, segundo as súas propias palabras, apenas dominaba as operacións básicas da aritmética.

Ao chegar á adolescencia, Vermont viuse convulsionado por unha serie de correntes relixiosas cristiás revisionistas e fundamentalistas. Parte da súa familia abrazou a relixión presbiteriana e Smith tamén asistiu ás reunións desta denominación cristiá.

En 1820, con só catorce anos, retirouse a un bosque para orar e viu presuntamente unha columna de luz e, dentro dela, dúas personaxes celestiais, Xesucristo e Deus Pai, que lle comunicaron que a verdadeira igrexa e doutrina pura do Evanxeo non se atopaba sobre a terra nese momento, e que el habería de ser un medio para restaurar a igrexa de Xesucristo nos últimos días. Joseph Smith intentou convencer algunhas persoas da súa confianza do que lle sucedeu no bosque, pero non o creron.

Fundación do mormonismo

[editar | editar a fonte]

Tres anos máis tarde, o 21 de setembro de 1823, cando tiña 17 anos, continuou a súa obra ao proclamar que o anxo Moroni se lle aparecera. Moroni, segundo contou Smith, díxolle que el, Joseph, fora elixido para traducir uns escritos de pobos antigos, o Libro de Mormón que fora escrito por varios profetas americanos e compilado por Mormón, pai de Moroni, máis de mil anos antes. Estes escritos foran escritos nuns ferros de ouro que en máis dunha ocasión os seus seguidores lle pediron que mostrase, o que non ocorreu ata certo tempo despois, cando mostrou os ferros en dúas ocasións a once testemuñas, que figuran entre as primeiras páxinas do Libro de Mormón.

En 1825 coñeceu unha moza mestra chamada Emma Ale (ou Emma Smith, co seu apelido de casada). Logo dun noivado de máis de dous anos, casaron en xaneiro de 1827 en South Bainbridge, Nova York. O matrimonio tivo moitos fillos, dos cales varios non sobreviviron a primeira etapa das súas vidas.

A dicir de Joseph, o 22 de setembro de 1827 recibiu finalmente os ferros, xunto a outros artefactos de aparencia antiga, e que o anxo Moroni o instruíu para comezar a tradución, usando unhas pedras pectorais chamadas Urím e Tumím. Segundo Smith, o escrito era un libro en material metálico que estaba escrito nun idioma denominado exipcio reformado, impreso sobre uns ferros de ouro unidos a modo de libro, cunhas grosas anellas. O libro apareceu oculto no cerro de Cumorah, a 8 km ao sur, preto de onde Joseph vivía por entón, en Palmyra.

Parece ser que o matrimonio Smith foi obxecto de persecucións e de intentos de roubo por parte de bandidos, a causa do suposto libro de ouro. Así pois, decidiron mudarse a Harmony, e nese lugar comezou a tradución do material (segundo os seus detractores, a redacción). Parte das páxinas do libro perdeuse tras ser prestadas a outras persoas. Os anais de ouro e o resto dos artefactos foron devoltos ao anxo Moroni tras ser traducidos. A tradución foi finalmente publicada en 1830 como o Libro de Mormón. Tras a publicación do Libro Mormón, Joseph Smith fundou a Igrexa en 1830, da que foi ordenado Presidente, Profeta, Vidente e Revelador.

Segundo Joseph, durante o proceso de tradución aparecéronselle, entre outros, Juan o Bautista, quen lles conferiu o Sacerdocio Aarónico, san Pedro, Santiago e Xoán, quen o ordenaron no Sacerdocio de Melásedes e lle encomendaron realizar a obra divina de restaurar a verdadeira igrexa de Cristo, de conformidade co modelo dos primeiros cristiáns. Iso en razón que as igrexas xurdidas logo das mortes dos primeiros apóstolos (Pedro, Santiago, Juan), foran "contaminadas" polas filosofías imperantes e a mensaxe do evanxeo orixinal se corrompeu.

O Libro de Mormón aparece como un relato de pobos de orixe semita que chegaron ao continente americano desde o Oriente Medio, por medio da dirección divina. Cobre o período desde aproximadamente 600 a.C. ata 400. Tamén fala dunha migración anterior, a dos jareditas, pobo da época da torre de Babel, que emigraron a este continente pero que foron case exterminados antes da chegada do grupo de Nefi ). A trama principal trata dun clan familiar hebreo que sae de Xerusalén antes de que fose cercada e tomada polas tropas de Senaquerib, rei Asirio, e que guiado por Deus e por medio dun compás especial chamado "Liahona", atravesa os océanos para chegar a América baixo o liderado dun home chamado Nefi. Chegados a América, multiplicáronse grandemente, pero se dividiron en dous grupos rivais, os nefitas e os lamanitas, dous reinos sempre en pugna. Os nefitas foron finalmente derrotados polos lamanitas en 428. Os lamanitas que sobreviviron transformáronse nun pobo feroz e moi distante dos costumes nefitas. Segundo Smith estes son os antepasados dos indios americanos.

Para os mormóns, O Libro de Mormón é un volume de escrituras sacras semellante á Biblia. É unha historia da comunicación de Deus cos antigos habitantes das Américas e contén a plenitude do evanxeo eterno. Unha parte importante do libro refírese á visita de Cristo resucitado ás Américas, onde repetiu moitos ensinos contidos nos Evanxeos.

Prisión e morte

[editar | editar a fonte]
Acoso e morte de Joseph Smith no cárcere de Carthage.

Tanto Smith, como os seus conselleiros estiveron varias veces encarcerados baixo cargos falsos, tales como escándalo público ou alteración da orde, aínda que en ningún caso durante longo tempo. Nese momento, a fama de José Smith chegou a niveis tan elevados que moitos dos seus seguidores pensaron en postulalo á presidencia dos Estados Unidos. Esta nova situación criou aínda máis persecucións e novamente Joseph e o seu irmán Hyrum foron encarcerados no cárcere de Carthage por cargos falsos de sedición.

Joseph Smith morreu asasinado a balazos a noite do 27 de xuño de 1844 por un grupo de persoas. Atopábase preso co seu irmán Hyrum, Patriarca da Igrexa, e o conselleiro Taylor, quen sobreviviu, acusados por diversos grupos antimormóns.

A Igrexa de Xesucristo dos Santos dos Últimos Días

[editar | editar a fonte]

Posteriormente á súa morte, a congregación entrou nun período de discusións pola sucesión do cargo de Presidente da Igrexa e os seus atributos. Un grupo reclamou que o sucesor debería ser o fillo de Smith; outro grupo postulou a sucesión en base ao que o Consello dos Doce propuxese.

Presentouse Brigham Young como sucesor de Smith e foi aceptado por un grupo dos fieis; en cambio Emma Smith rexeitou a Young, pois quería que o seu fillo Joseph Smith III, de 12 anos de idade, chegase á idade de madurez para dirixir a igrexa. Isto escindiu a igrexa nos dous grupos que actualmente existen, a Igrexa de Xesucristo dos Santos dos Últimos Días, coñecidos comunmente como mormóns, e A Igrexa Reorganizada de Xesucristo dos Santos dos Últimos Días, actual Comunidade de Cristo.

O grupo que aceptou a Young como líder investiuno en Utah en 1847 como segundo Profeta e presidente, e foi conducido por el na peregrinación que o levou ao actual Estado de Utah en 1847, cando chegaron ás beiras de Lago Salgado (Salt Lake) e fundaron Salt Lake City.

  1. Persuitte 2000, pp. 13, 55.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]