Saltar ao contido

José Quiroga Pérez de Deza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Quiroga Pérez de Deza
Biografía
Nacemento1848 Editar o valor en Wikidata
Banga, España Editar o valor en Wikidata
Morte12 de novembro de 1912 Editar o valor en Wikidata (63/64 anos)
O Carballiño, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeEmilia Pardo Bazán (1868–1912) Editar o valor en Wikidata
FillosJaime Quiroga Pardo Bazán, Nieves Quiroga Pardo Bazán, Carmen Quiroga Pardo Bazán Editar o valor en Wikidata
PaiPedro Antonio Quiroga Editar o valor en Wikidata
IrmánsEduardo Quiroga Pérez Editar o valor en Wikidata
Pazo de Banga, residencia dos Quiroga.

José Fernando Quiroga Pérez de Deza, nado en Banga (O Carballiño) en 1848 e finado no Carballiño o 12 de novembro de 1912[1], foi un avogado galego, marido de Emilia Pardo Bazán.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Pedro Antonio Quiroga e irmán de Eduardo Quiroga Pérez. Estudante de Dereito, licenciouse en Dereito Civil e Canónico pola Universidade de Santiago de Compostela. Casou con Emilia Pardo Bazán o 10 de xullo de 1868 na capela da granxa de Meirás. Tiveron tres fillos: Jaime, María de las Nieves e Carmen. En 1869 a familia trasládase a Madrid cando o seu sogro José Pardo Bazán foi elixido deputado nas Cortes.

Separado da súa muller, promoveu e construíu no castelo de Santa Cruz un pazo para vivenda, compartindo a súa residencia entre o pazo de Banga e o castelo. Herdou todo o patrimonio e rendas a súa filla María de las Nieves (ou familiarmente Blanca), casada con José Cavalcanti.

Foi presidente do Circo de Artesanos da Coruña[1].

  1. 1,0 1,1 Necrolóxica en El Noroeste, 13-11-1912, p. 2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]