Jon Ola Sand
(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de decembro de 1961 (62 anos) Oslo, Noruega |
Residencia | Xenebra |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, realizador, produtor de televisión |
Período de actividade | 1980 - |
Familia | |
Pais | Bjørn Sand e Unni Bernhoft |
Irmáns | Simen Sand |
Parentes | Bias Bernhoft, avó |
|
Jon Ola Sand, nado en Oslo o 21 de decembro de 1961, é un executivo noruegués de televisión, e traballa para a emisora pública noruega Norsk Rikskringkasting (NRK).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Sand ten 15 anos de experiencia traballando en grandes producións e coproducións de NRK e TV 2, así como a produción para empresas independentes. É membro da Academia Internacional de Artes e Ciencias de Televisión. Sand produciu e dirixido diversos programas, como o concerto do Premio Nobel da Paz, os Premios Noruegueses do Cine e a selección nacional de Noruega para o Festival de Eurovisión, Melodi Grand Prix. En 2010, Jon Ola Sand foi designado Produtor Executivo do Festival de Eurovisión 2010, celebrado en Oslo, Noruega, xa que Sand é produtor de televisión da canle norueguesa NRK, responsable da celebración do festival en 2010.
O 26 de novembro de 2010, Jon Ola Sand foi nomeado supervisor executivo do Festival de Eurovisión e do Festival de Eurovisión Júnior, despois de que Svante Stockselius renunciase ao seu posto logo de varios anos.[1] Sand comezou a súa nova función de Supervisor executivo da UER o día 1 de xaneiro de 2011.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Siim, Jarmo. "Jon Ola Sand new Executive Supervisor" (en inglés). European Broadcasting Union. Consultado o 26 de novembro de 2010.
- ↑ "Junior Eurovision 2010 - Minsk - Belarus - News" (en inglés). ESCKaz.com. Consultado o 02-12-2010.
...Jon Ola Sand will start his job only on 1st of January.