Saltar ao contido

John Waters

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJohn Waters

(2014) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) John Samuel Waters Jr. Editar o valor en Wikidata
22 de abril de 1946 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Baltimore, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónCalvert School (en) Traducir
Boys' Latin School of Maryland (en) Traducir
Calvert Hall College High School (en) Traducir
Universidade de Nova York Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Baltimore Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónactor de televisión, director de fotografía, debuxante, coleccionista de arte, fotógrafo, artista de instalacións, escultor, cineasta, realizador, actor de dobraxe, montador, director de cinema, actor de cinema, xornalista, guionista, actor, produtor de cinema, autor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1964 Editar o valor en Wikidata -
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoInstalación e arte figurativa Editar o valor en Wikidata
MovementoArte contemporánea Editar o valor en Wikidata
RepresentanteMarianne Boesky Gallery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
PaisJohn Samuel Waters Editar o valor en Wikidata  e Patricia Ann Whitaker Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000691 Allocine: 960 Rottentomatoes: celebrity/john_waters_2 Allmovie: p218832 TCM: 1542277 TV.com: people/john-waters IBDB: 96208
BNE: XX1157601 Musicbrainz: b66e3fb2-0b2c-443e-b4b6-2c35d09dc20e Discogs: 483088 Allmusic: mn0000233410 WikiTree: Waters-5097 Editar o valor en Wikidata

John Samuel Waters, Jr., nado en Baltimore o 22 de abril de 1946, é un director de cinema, actor, escritor e fotógrafo estadounidense. Tamén é profesor de Cinema e subcultura na European Graduate School. Fíxose coñecido a principios da década de 1970 polos seus filmes transgresores.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Infancia e mocidade

[editar | editar a fonte]

Waters naceu en Baltimore, Maryland, fillo de John Samuel Waters (1916–2008), fabricante de equipos de protección contra incendios, e de Patricia Ann Waters, de solteira Whitaker (1924–2014).[1] A súa familia era católica de clase media alta.[2] Pola súa nai, é descendente de George Price Whitaker, da familia do ferro Whitaker.[3]

Creceu en Lutherville, un suburbio de Baltimore. O seu amigo da infancia e musa Glenn Milstead, máis adiante coñecido como Divine, tamén vivía en Lutherville.[4] Estudou no Calvert Hall College. Cando cumpriu dezaseis anos recibiu un agasallo de Stella Whitaker, a súa avoa materna, que foi definitivo: unha cámara de cinema.

O seu primeiro filme foi Hag in a Black Jacket.[5] Segundo o propio Waters, só se mostrou nunha cafetería beatnik de Baltimore.

Estudou na Universidade de Nova York (NYU), mais non era o que esperaba:

NYU... Estiven alí como cinco minutos. Non sei en que estaba a pensar. Fun a unha clase, tiveron unha conversa sobre "o Potemkin" e iso non era do que quería falar. Tiven que ir ver Olga's House of Shame. Iso era máis o meu.

En xaneiro de 1966, Waters e algúns amigos foron sorprendidos fumando marihuana nos xardíns da universidade e foron expulsados da súa residencia. Waters regresou a Baltimore, onde comezou a traballar no seu seguinte filme, Eat Your Makeup, que rodou máis tarde ese mesmo ano.[1]

As primeiras obras de John Waters rodáronse na área de Baltimore coa participación de moitos actores locais, un grupo de transgresores coñecidos como os Dreamlanders. Ademais de Divine, o grupo incluía a Mink Stole, Cookie Mueller, Edith Massey, David Lochary ou Mary Vivian Pearce. Estes primeiros filmes foron dos primeiros distribuídos por New Line Cinema. Polo xeral estreábanse no Senator Theatre de Baltimore e ocasionalmente no Charles Theatre.

Os seus primeiros traballos presentaban, baixo unha estética marcadamente camp, personaxes encantadoras e indecentes en situacións escandalosas, acompañados de diálogos esaxerados e excéntricos. Tres clásicos desta época, Pink Flamingos, Female Trouble e Desperate Living, compoñen a "Triloxía do lixo", que violaba os límites do decoro, a convencionalidade e, por suposto, a censura cinematográfica. A escena final de Pink Flamingos fíxose particularmente famosa; engadida ao final do filme sen continuidade aparente coa trama pero si coa personaxe, rodouse nunha toma sen efectos especiais: un can pequeno defeca na rúa e Divine come os excrementos do animal.

Achegamento ao cine comercial

[editar | editar a fonte]

En 1981 dirixiu o filme Polyester, protagonizada por Divine no papel de Francine Fishpaw, unha ama de casa con problemas de alcol, cun interese amoroso centrado Tod Tomorrow, interpretado polo antigo ídolo xuvenil Tab Hunter.[6] Desde entón a narración nos seus filmes deixou de ser tan controvertida, achegándose ao estilo comercial dos estudios, mais sen perder a marca do autor e o xénero trash dos seus temas e personaxes. Así, obras como Hairspray, Cry-Baby ou Serial Mom conservan a acidez e a mensaxe crítica dos primeiros días cunha notable mellora na produción.

Hairspray, protagonizado por Ricki Lake, Divine, Ruth Brown, Sonny Bono e Deborah Harry, foi levado ao escenario en forma de musical, e converteuse nun grande éxito de Broadway, chegando aos premios Tony de 2003.[7] O espectáculo teatral foi á súa vez adaptado ao cinema en 2007,[8] con John Travolta no papel que anteriormente realizara Divine, Michelle Pfeiffer no de Debbie Harry e Queen Latifah no de Ruth Brown. O propio Waters realizou un cameo no filme. Cry-Baby tamén se transformou nun musical de Broadway.[9]

No 2000 rodou con Melanie Griffith e Stephen Dorff Cecil B. Demented, e no 2004 lanzou a sátira sexual A Dirty Shame, tan irreverente como algúns dos seus primeiros traballos, protagonizada por Tracey Ullman, Johnny Knoxville, Chris Isaak e Selma Blair como unha especie de apóstolos das perversións sexuais.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Aínda que ten apartamentos en Nova York e (desde 2008) en San Francisco e unha casa de verán en Provincetown, Massachusetts,[10] a súa residencia principal estivo toda a súa vida na súa cidade natal de Baltimore, Maryland.[11] Todos os seus filmes están ambientados (e rodados) en Baltimore, moitas veces na veciñanza obreira de Hampden.[12]

Abertamente homosexual, Waters é un destacado militante polos dereitos das persoas con diversidade sexual.[13] Nunha entrevista de 2018, Waters indicou que aínda que mantén unha relación, ambos prefiren mantela en privado.[14]

En 2009, Waters defendeu a liberdade condicional da antiga membro da familia Manson Leslie Van Houten. Dedicoulle un capítulo no seu libro Role Models (2010).[15][16][17]

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Ano Título Acreditado como Notas Refs.
Director Guionista Produtor Fotografía Montaxe
1964 Hag in a Black Leather Jacket Si Si Si Si Si Curtametraxe [18]
1966 Roman Candles Si Si Si Si Si Curtametraxe [19]
1968 Eat Your Makeup Si Si Si Si Si Curtametraxe [19]
1969 Mondo Trasho Si Si Si Si Si [20]
1970 The Diane Linkletter Story Si Si Si Si Si Curtametraxe [21]
Multiple Maniacs Si Si Si Si Si [21]
1972 Pink Flamingos Si Si Si Si Si [22]
1974 Female Trouble Si Si Si Si Si [23]
1977 Desperate Living Si Si Si Si Non [24]
1981 Polyester Si Si Si Non Non [25]
1988 Hairspray Si Si Si Non Non [26]
1990 Cry-Baby Si Si Non Non Non [27]
1994 Serial Mom Si Si Non Non Non [28]
1998 Pecker Si Si Non Non Non [29]
2000 Cecil B. Demented Si Si Non Non Non [30]
2004 A Dirty Shame Si Si Non Non Non [31]
2007 Hairspray Non Non Si Non Non Coprodutor e consultor [32]
  1. 1,0 1,1 "John Waters Biography (1946–)". Filmreference.com. Consultado o 3 de xaneiro de 2013. 
  2. Erickson, Hal (2009). "John Waters – Biography". Movies & TV Dept. The New York Times (Baseline & All Movie Guide). Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2009. Consultado o 3 de xaneiro de 2013. 
  3. Afirmado en Finding Your Roots, 19 de xaneiro de 2021
  4. Kaltenbach, Chris. "Divine fans want to build a monument to late actor". Baltimore Sun. Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2017. Consultado o 1 de xullo de 2017. 
  5. Ryzik, Melena (4 de setembro de 2014). "John Waters Riffs on His 50-Year Retrospective". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 9 de abril de 2019. 
  6. "Polyester (1981)" (en inglés). Consultado o 29 de agosto de 2019. 
  7. Jones, Kenneth (9 de xuño de 2003). "Take Me Out, Hairspray Are Top Winners in 2003 Tony Awards; Long Day's Journey, Nine Also Hot". Playbill (en inglés). Consultado o 19 de agosto de 2019. 
  8. "Hairspray (2007)" (en inglés). Consultado o 29 de agosto de 2019. 
  9. "Cry-Baby (1990)" (en inglés). Consultado o 29 de agosto de 2019. 
  10. "John Waters' gift to San Francisco: Demented holiday cheer". SFChronicle.com. 21 de novembro de 2018. Consultado o 24 de novembro de 2018. 
  11. LaRocca, Lauren (21 de setembro de 2018). "John Waters Shares Highlights from Baltimore Museum of Art Retrospective". Baltimore magazine. Consultado o 24 de novembro de 2018. 
  12. "John Waters Is the Godfather of Baltimore's Art Scene". www.vulture.com. Consultado o 9 de abril de 2019. 
  13. "Fans". Dreamland News. Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2009. Consultado o 3 de xaneiro de 2013. 
  14. John Waters Is Never Wrong
  15. "Leslie Van Houten: A Friendship". Huffingtonpost.com. 3 de agosto de 2009. Consultado o 3 de xaneiro de 2013. 
  16. "John Waters Gets Serious". Baltimore Sun. 9 de agosto de 2009. Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2015. Consultado o 3 de xaneiro de 2013. 
  17. "John Waters Argues For Murderer's Release". Wbur.org. Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2017. Consultado o 3 de xaneiro de 2013. 
  18. "Hag in a Black Leather Jacket (1964)". British Film Institute. Consultado o 28 de xuño de 2018. 
  19. 19,0 19,1 Levy, Ariel (24 de marzo de 2008). "Still Waters". New York. Consultado o 28 de xuño de 2018. 
  20. "Mondo Trasho, directed by John Waters". Time Out London. Consultado o 28 de xuño de 2018. 
  21. 21,0 21,1 Blevins, Joe (22 de abril de 2016). "Revisit the raw, early films of John Waters, Baltimore's Pope Of Trash". The A.V. Club. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2018. Consultado o 28 de xuño de 2018. 
  22. "Pink Flamingos". American Film Institute. Consultado o 28 de xuño de 2018. 
  23. "Female Trouble". American Film Institute. Consultado o 28 de xuño de 2018. 
  24. Hoberman, J.; Rosenbaum, Jonathan (1983). Midnight Movies. Harper & Row. p. 165. 
  25. Maslin, Janet (29 de maio de 1981). "'POLYESTER', AN OFFBEAT COMEDY". The New York Times. Consultado o 28 de xuño de 2018. 
  26. "Hairspray". American Film Institute. Consultado o 28 de xuño de 2018. 
  27. "Cry-Baby". American Film Institute. Consultado o 28 de xuño de 2018. 
  28. "Serial Mom". American Film Institute. Consultado o 28 de xuño de 2018. 
  29. "Pecker". American Film Institute. Consultado o 28 de xuño de 2018. 
  30. "Cecil B. Demented". American Film Institute. Consultado o 28 de xuño de 2018. 
  31. "A Dirty Shame". American Film Institute. Consultado o 28 de xuño de 2018. 
  32. Johnson, Caitlin (22 de xullo de 2007). "John Waters Stays True To His Roots". CBS News. Consultado o 29 de xuño de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]