Saltar ao contido

John N. Gray

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJohn N. Gray

(2015) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de abril de 1948 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
South Shields, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónExeter College Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo , profesor universitario , escritor , politicólogo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Essex
Universidade Harvard
London School of Economics Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor en Wikidata

BNE: XX878270 Discogs: 3968618 Editar o valor en Wikidata

John N. Gray, nado en South Shields o 17 de abril de 1948, é un escritor e filósofo británico con intereses na filosofía analítica e a historia das ideas.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Até 2008 ensinou pensamento europeo na London School of Economics and Political Science. Gray colabora regularmente en The Guardian, The Times Literary Supplement e New Statesman, onde é o crítico principal de libros. Gray declarou que se considera a si mesmo como ateo.[2] Gray escribiu varios libros moi influentes, incluíndo False Dawn: The Delusions of Global Capitalism (1998), que argumenta que a globalización do mercado libre é un proxecto inestable en proceso de desintegración; Straw Dogs: Thoughts on Humans and Other Animals (2003), onde ataca o humanismo, unha cosmovisión que Gray ve como orixinaria das relixións; e Black Mass: Apocalyptic Religion and the Death of Utopia (2007), unha crítica do pensamento utópico no mundo moderno.