John Banville
William John Banville, nado en Wexford o 8 de decembro de 1945 é un novelista irlandés, autor tamén de relatos, adaptacións teatrais e guións.[1] Aínda que foi descrito como "o herdeiro de Proust, a través de Nabokov", O propio Banville mantén que maintains W. B. Yeats e Henry James son as dúas influencias reais da súa obra.[2][3] Tamén publica novelas negras co pseudónimo de Benjamin Black.
Banville gañou o James Tait Black Memorial Prize (1976), o Booker Prize (2005), o Franz Kafka Prize (2011), o Austrian State Prize for European Literature (2013) e o Premio Princesa de Asturias das Letras (2014).[4] Foi elixido membro da Royal Society of Literature en 2007 e Italia nomeouno Cavaliere da Ordine della Stella d'Italia en 2017.[5] Foi membro do Aosdána, renunciando voluntariamente ao estipendio financeiro en 2001 en favor doutro escritor con máis necesidade.[6] Banville é considerado un candidato habitual ao premio Nobel de Literatura.[7][8]
Estivo convidado na SELIC, Festival da Lectura de Santiago de Compostela, en 2024.[9]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]William John Banville é fillo de Agnes (de solteira Doran) e Martin Banville, traballador dun garaxe. É o máis novo de tres irmáns; o seu irmán máis vello Vincent tamén é novelista e publicou co nome de Vincent Lawrence. A súa irmá Anne Veronica "Vonnie" Banville-Evans[10] escribiu unha novela infantil e unhas memorias da súa vida en Wexford.[11] Delincuente reformado, na súa adolescencia, Banville roubou un libro da Wexford County Library.[12]
Desde os doce anos tivo claro que quería ser escritor. Estudo nunha escola dos Irmásn Cristiáns e no St Peter's College de Wexford.[13] A pesar de pensar en ser pintor ou arquitecto, non entrou na universidade.[14] Máis tarde dixo ironicamente desta decisión: "Un grande error. Debería ter ido [á universidade]. Lamento que non pasei eses catro anos de emborracharse e namorarse. Mais quería marchar da miña familia. Quería ser libre".[15] No seu lugar, preferiu comezar a traballar e fíxoo na compañía aérea Aer Lingus, que lle permitía viaxar polo mundo.
Cando regresou a Irlanda despois de vivir nos Estados Unidos en 1968 e 1969, converteuse en xornalista e entrou a traballar en The Irish Press, onde chegou a ser subeditor xefe. Cando desapareceu o xornal en 1995,[16] pasou a The Irish Times. É colaborador habitual de The New York Review of Books.
Publicou o seu primeiro libro en 1970, unha recompilación de relatos titulada Long Lankin, á que seguiu unha serie de novelas, a primeira delas Nightspawn que saíu o ano seguinte. Despois chegaron Birchwood (1973), a chamada Triloxía das revolucións e preto dunha ducia de novelas máis, entre elas The Book of Evidence (1989), finalista do Premio Booker, e The Sea (2005), que gañou o galardón.
Banville é coñecido polo estilo preciso da súa prosa. O seu enxeño e o seu humor negro mostran a influencia de Nabokov.
En 2006 apareceu o primeiro libro de Benjamin Black, Christine Falls, ao que seguiron outras novelas negras.
Sobre o seu desdobramento como escritor dixo:
A arte é unha cousa estraña. Baixo o sombreiro de Banville podo escribir 200 palabras ao día. Un día decidín que podía converterme noutro e baixo ese segundo sombreiro, nesa segunda pel, podo ir comer tras escribir un milleiro de palabras, talvez 2000, e gozar con iso. É incrible descubrir como outro tipo pode vivir a túa vida e empregar as túas mans e deleitarse con iso. Escribir é un traballo peculiar... Escribir é como respirar. Fágoo por necesidade. Pola miña propia boca, e agora tamén pola de Black.
Estilo
[editar | editar a fonte]Banville foi considerado polos críticos como un mestre estilista do inglés, e a súa escrita foi definida como perfectamente traballada, fermosa, cegadora.[17] David Mehegan de Boston Globe chamouno "un dos grandes estilistas que escribiu en inglés actualmente", Don DeLillo describiu a súa escrita como "prosa perigosa e fluída", e Val Nolan en The Sunday Business Post definiu o seu estilo como "lírico, meticuloso e ocasionalmente hilarante";[18] The Observer describiu The Book of Evidence como "prosa que flúe na perfección cun lirismo, ironía patricia e sentido da dor que é unha reminiscencia de Lolita". Banville afirmou que estaba "a tentar mesturar poesía e ficción nalgunha nova forma".[15] É coñecido polo seu humor negro e por unha sagacidade afiada e fría.[19]
En catro novelas como Banville e unha como Benjamin Black, empregou o tropo dos ollos dun personaxe movéndose cara a adiante e cara a atrás "como un espectador nun partido de tenis".[20]
Influencias
[editar | editar a fonte]Banville dixo nunha entrevista a The Paris Review que gustaba do estilo de Vladimir Nabokov; con todo, proseguiu, "sempre achei que había algo de estraño sobre o cal eu non conseguía pronunciarme. Foi entón que lin unha entrevista en que el admitiu que era xordo tonal".[21] Foi fortemente influenciado por Heinrich von Kleist, tendo escrito as adaptacións de tres das súas pezas (incluíndo Amphitryon) e tendo usado Amphitryon como base para a súa novela The Infinities.
Banville afirmou que imitou a James Joyce como un aprendiz: "Após ter lido Dubliners, e ter ficado impresionado co modo como Joyce escribiu sobre a vida real, inmediatamente comecei a escribir imitacións ruíns de Dubliners."[15] Con todo, relatou a The Guardian: "O propio Banville recoñeceu que todos os escritores irlandeses son seguidores ou de Joyce ou de Beckett, colocándose el no campo de Beckett".[19] El tamén recoñeceu outras influencias. En 2011, nunha entrevista en The Charlie Rose Show, Rose preguntou, "O modelo sempre foi Henry James?" e Banville respondeu, "Eu penso que si; as persoas din, sabe vostede, que fun influído por Beckett ou Nabokov, mais sempre foi Henry James [...] de xeito que quixen seguilo, eu quería ser un Jamesiano."[22]
Obras
[editar | editar a fonte]- Nightspawn. Londres: Secker & Warburg, 1971
- Birchwood. Londres: Secker & Warburg, 1973
- The Revolutions Trilogy:
- Doctor Copernicus. Londres: Secker & Warburg, 1976
- Kepler. Londres: Secker & Warburg, 1976
- The Newton Letter. Londres: Secker & Warburg, 1982
- Mefisto. Londres: Secker & Warburg, 1986
- The Frames Trilogy
- The Book of Evidence. Londres: Secker & Warburg, 1989
- Ghosts. Londres: Secker & Warburg, 1993
- Athena. Londres: Secker & Warburg, 1995
- The Untouchable. Londres: Picador, 1997
- The Alexander and Cass Cleave Trilogy
- Eclipse. Londres: Picador, 2000
- Shroud. Londres: Picador, 2002
- Ancient Light. Londres: Viking Penguin, 2012
- The Sea. Londres: Picador, 2005
- The Infinities. Londres: Picador, 2009
- The Blue Guitar. Londres: Viking Penguin, 2015
- Mrs Osmond. Londres: Penguin, 2017
- Snow. Londres: Faber & Faber, 2020 ISBN 978-1335230003
- Como Benjamin Black
- Christine Falls. Londres: Picador, 2006
- The Silver Swan. Londres: Picador, 2007
- Elegy for April. Londres: Picador, 2011
- A Death in Summer. Londres: Mantle, 2011
- Vengeance. Londres: Mantle, 2012
- Holy Orders. Nova York: Henry Holt, 2013
- Even the Dead. Londres: Penguin, 2016
- The Lemur. Londres: Picador, 2008 (previamente serializada en The New York Times)
- The Black-Eyed Blonde. Nova York: Henry Holt, 2014 (unha novela de Philip Marlowe)[23]
- Prague Nights. Londres: Penguin, 2017
- The Secret Guests, 2020
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "John Banville." Dictionary of Irish Literature. Ed. Robert Hogan. Westport, Connecticut: Greenwood Press, 1996. ISBN 0-313-29172-1.
- ↑ So, Jimmy (1 de outubro de 2012). "This Week's Hot Reads". The Daily Beast. Consultado o 1 de outubro de 2012.
- ↑ Charney, Noah (3 de outubro de 2012). "How I Write: John Banville on 'Ancient Light,' Nabokov and Dublin". The Daily Beast. Consultado o 20 de marzo de 2018.
- ↑ "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2014. Consultado o 26 de outubro de 2014.
- ↑ Doyle, Martin (25 de outubro de 2017). "John Banville is knighted by Italy". The Irish Times. Consultado o 25 de outubro de 2017.
- ↑ "Former Members of Aosdána". Aosdána. Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2007. Consultado o 27 de outubro de 2007.
- ↑ Spain, John (29 de setembro de 2011). "Well-fancied Banville plays down talk of Nobel Prize". Irish Independent. Consultado o 29 de setembro de 2011.
- ↑ "There is no better man than Banville for Nobel Prize". Irish Independent. 8 de outubro de 2011. Consultado o 8 de outubro de 2011.
- ↑ Diario, Nós (2024-06-14). "John Banville e Benjamin Black atópanse este sábado na SELIC de Santiago". Nós Diario. Consultado o 2024-07-06.
- ↑ "Vonnie Banville Evans".
- ↑ Evans, Vonnie Banville (1994). The House in the Faythe. Dublin: Code Green. ISBN 978-1-907215-12-4.
- ↑ Heaney, Mick (4 de setembro de 2015). "Radio: Sean O'Rourke's the wrong man in the write place". The Iris Times. Consultado o 4 de setembro de 2015.
For all that John Banville is seen as a practitioner of arty highbrow literature, the novelist goes one better and confesses to his hitherto unknown criminal past. While talking about his new novel on Tuesday's show, Banville reveals that ... he stole a copy of Dylan Thomas’s Collected Poems from Wexford County Library.
- ↑ Juan José Delaney. "Soy un poeta que escribe en prosa" Arquivado 17 de abril de 2021 en Wayback Machine., La Nación, 19-07-2008; consultado o 23-10-2011
- ↑ "The Long Awaited, Long-Promised, Just Plain Long John Banville Interview". The Elegant Variation. 26 de setembro de 2005. Consultado o 26 de setembro de 2005.
- ↑ 15,0 15,1 15,2 Leonard, Sue (5 de setembro de 2009). "John Banville". Irish Examiner. Consultado o 5 de novembro de 2009.
- ↑ "The day the Press stopped rolling". Western People. 25 de maio de 2005. Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2008. Consultado o 27 de outubro de 2007.
- ↑ "Shroud". Random House. 2004. Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2011. Consultado o 2014-12-12.
- ↑ Nolan, Val (6 de setembro de 2009). "Banville shines with profound rendering of a parallel universe". The Sunday Business Post.[Ligazón morta]
- ↑ 19,0 19,1 "John Banville". The Guardian. 22 de xullo de 2008.
- ↑ "John Banville Spectates Tennis". Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2020. Consultado o 02 de abril de 2021.
- ↑ McKeon, Interviewed by Belinda (2009). "John Banville, The Art of Fiction No. 200". The Paris Review. primavera de 2009 (188).
- ↑ "John Banville Full Interview on Charlie Rose". Public Broadcasting Service. 14 de xullo de 2011. Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2011. Consultado o 2014-12-12.
- ↑ Williams, Tom (27 de maio de 2013). "The Black-Eyed Blonde – Benjamin Black's new Philip Marlowe novel". Tom Williams' Blog: A blog by a biographer of Raymond Chandler and literary agent. Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2013. Consultado o 29 de maio de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: John Banville |
A Galipedia ten un portal sobre: Irlanda |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial
- Páxina oficial de Benjamin Black
- John Banville at Aosdána
- John Banville at Ricorso (Irish Writers Database)
- John Banville Arquivado 03 de marzo de 2017 en Wayback Machine. at the Berlin International Literature Festival
- Modelo:Iblist name
- John Banville — Audio interview with Donald Swaim concerning The Book of Evidence, 1990
- Papers at Stuart A. Rose Manuscript, Archives, and Rare Book Library