Saltar ao contido

Jingoísmo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The American War-Dog, unha charge ou caricatura política de 1916 de Oscar Cesare, co can chamado "Jingo".

O jingoísmo é un nacionalismo en forma de política exterior agresiva e proactiva, como a defensa dun país ou territorio polo uso de ameazas ou a forza militar real, en oposición ás relacións pacíficas, nos esforzos por salvagardar o que percibe como os seus intereses nacionais.[1]

Coloquialmente, o jingoísmo é un nesgo excesivo ao xulgar o propio país como superior aos demais – un tipo extremo de nacionalismo. (cf. chauvinismo e ultranacionalismo).

O termo non aparece no DRAG, no Digalego, no bUSCatermos ou no Dicionario de dicionarios de USC/UVigo tampouco nas hipotéticas variantes "jingoismo" ou "xingoísmo". Si que aparece en dicionarios de galego reintegrado,[2] portugués[3] e castelán.[4] En orixe, e aínda como acepción, o termo é referido en particular aos que na Inglaterra do século XIX, defendían unha actitude exaxeradamente patriota e hostil cara a Rusia.[3]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O coro dunha canción do compositor GW Hunt, popularizado polo cantante GH MacDermott – se cantaba habitualmente nos pubs e salas de música – na época da guerra ruso-turca de 187778- deu a luz ao termo.[5] [6] [7] A letra incluía este estribillo:

We don't want to fight but by Jingo if we do
We've got the ships, we've got the men, we've got the money too
We've fought the Bear before, and while we're Britons true
The Russians shall not have Constantinople!

A toma de Constantinopla foi un obxectivo estratéxico ruso de longa data, xa que lle daría á Armada rusa, con base no Mar Negro, un acceso sen trabas ao mar Mediterráneo a través do Bósforo e dos Dardanelos (coñecidos como "Estreito turco"); pola contra, os británicos estaban decididos a bloquear aos rusos, para protexer o seu propio acceso á India. Na época na que se compuxo e cantaba a canción anterior, os rusos achegáronse ao seu obxectivo, a través do Tratado de San Stefano; finalmente, os británicos puideron facer retroceder aos rusos mediante a presión diplomática e a ameaza de guerra.

A frase "by Jingo!" era un minced oath, un xuramento picado, escasamente documentado por escrito, usado en lugar de "by Jesus!" ("por Xesús").

O uso do termo específico "jingoísmo" deriva da súa acuñación polo radical británico George Holyoake, como etiqueta política, nunha carta ao Daily News o 13 de marzo de 1878.[8] [9] [10]

O almirante John Edmund Commerell, participante na guerra de Crimea, caracterizado nun charge ou caricatura política como "Un Jingo" na revista Vanity Fair.

Na década de 1880, Henry Hyndman, líder da Federación Socialdemócrata, volveuse en contra do internacionalismo, e promoveu unha versión do socialismo mesturada con nacionalismo e antisemitismo,[11] até o punto de atacar á súa compañeira socialista Eleanor Marx en termos antisemitas, sinalando que ela "herdara no seu nariz e na boca o tipo xudeu do propio Karl Marx".[11] Ao participar no grupo rupturista que fundou a Liga Socialista, Eleanor Marx escribiu polémicas nas que describiu a Hyndman e os seus seguidores como The Jingo Party "O Partido Jingo".[12]

O maior xeneral da artillaría británica Thomas Bland Strange, un dos fundadores do exército canadense e un dos comandantes de división durante a Rebelión do Noroeste de 1885, foi un soldado excéntrico e temperamental que gañou o sobrenome de "Jingo Strange" e titulou a súa autobiografía de 1893 Gunner Jingo's Jubilee.[13]

Probabelmente os primeiros usos do termo na prensa estadounidense ocorreron en relación coa proposta de anexión de Hawai (Newlands' Resolution) en 1893, despois de que un golpe de estado liderado por residentes estranxeiros, na súa maioría estadounidenses, e asistido polo ministro estadounidense en Hawai, derrocase a monarquía constitucional e declarase unha república (República de Hawai). O presidente republicano, Benjamin Harrison, e os republicanos no Senado dos Estados Unidos foron frecuentemente acusados de jingoísmo na prensa demócrata por apoiar a anexión.[14]

Theodore Roosevelt foi frecuentemente acusado de jingoísmo. Nun artigo do 23 de outubro de 1895 no The New York Times, Roosevelt afirmou: "Fálase moito do 'jingoismo'. Se por 'jingoísmo' queren dicir unha política en aplicación da cal [15] estadounidenses insistirán con resolución e sentido común en que as potencias estranxeiras respecten os nosos dereitos, entón somos 'jingos'".

En Homage to Catalonia, George Orwell denuncia as tácticas dos xornalistas políticos e desexa a introdución de avións na guerra para ver finalmente "un jingo cun burato de bala".[16]

A política de apaciguamento cara a Hitler levou a referencias satíricas á desaparición de tales actitudes jingoístas ante a agresión nazi. Un debuxo de EH Shepard titulado "The Old-Fashioned Customer" apareceu o 28 de marzo de 1938 en Punch. Ambientado nunha tenda de discos, John Bull pregúntalle ao vendedor de discos (o primeiro ministro Neville Chamberlain): "Pregúntome se tes unha canción que recorde sobre non querer loitar, pero se facemos... algo, algo, algo. .. nós tamén temos o diñeiro?". Na parede hai un retrato de Lord Salisbury.[17]

A retórica de Corea do Norte foi descrita ás veces como jingoísta.[18] [19] [20]

  1. Catherine Soanes (ed.), Compact Oxford English Dictionary for University and College Students (Oxford: Oxford University Press, 2006), páx. 546.
  2. "Significado de jingoísmo no Dicionário Estraviz". estraviz.org. Consultado o 2023-03-08. 
  3. 3,0 3,1 S.A, Priberam Informática. "jingoísmo". Dicionário Priberam (en portugués). Consultado o 2023-03-08. 
  4. "jingoísmo". dle.RAE.es. Consultado o 8 de marzo de 2023. 
  5. "Q-jingo". cyberussr.com. 
  6. "Plevna". davidkidd.net. Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2007. Consultado o 08 de marzo de 2023. 
  7. Pears, Edwin (1916). Forty years in Constantinople, recollections, 1873-1915. Londres, Jenkins. 
  8. Justin Mccarthy, M. p (1881). A History Of Our Own Times Vol -iv. 
  9. Holyoake, George Jacob (1892). Sixty years of an agitator's life. London, T. F. Unwin. 
  10. Ceadel, Martin (2000). Semi-detached Idealists: The British Peace Movement and International Relations, 1854–1945. Oxford University Press. p. 105. ISBN 0-19-924117-1. 
  11. 11,0 11,1 Virdee, Satnam. "Socialist Antisemitism and Its Discontents in England, 1884–98." Patterns of Prejudice 51.3-4 (2017):363
  12. Carta de Eleanor Marx a Wilhelm Liebknecht, 1 de xaneiro de 1885, citada en "Eleanor Marx - A Life" de Rachel Holmes, Bloomsbury Publishing, Londres, 2014, p. 223.
  13. Strange, Thomas Bland, Gunner Jingo's Jubilee, Londres, 1893; nova edición con introdución de R.C. Macleod, Edmonton, 1988. Macleod, R.C., "Thomas Bland Strange," Dictionary of Canadian Biography.
  14. Kansas City Times, 14 de febreiro de 1893, p. 4 editorial: "Jingoism pure and simple."
  15. "Times machine" (PDF). NYTimes.com.  A referencia atópase cara á metade do artigo.
  16. Pseudo-Orwell, George (1938). Homage To Catalonia. 
  17. Charmley, John (1999-05-27). Chamberlain and the Lost Peace (en inglés). Ivan R. Dee. ISBN 978-1-4617-2092-8. 
  18. "North Korea scales down jingoism on 70th birthday – DW – 09/09/2018". dw.com (en inglés). Consultado o 2023-03-08. 
  19. "The strategic incoherence of copying North Korea". Orange County Register (en inglés). 2022-06-16. Consultado o 2023-03-08. 
  20. "Peninsula-of-paradoxes-south-korean-public-opinion-on-unification-and-outside-powers-pub". carnegieendowment.org; Carnegie Endowment for International Peace (en inglés). 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]