Jijel
جيجل (ar) ⴶⵉⴶⴻⵍ (zgh) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Alxeria | ||||
Provincia | Provincia de Jijel | ||||
Distrito | Jijel (pt) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 131.513 (2008) (2.108,26 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 62,38 km² | ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo | ||||
Altitude | 10 m | ||||
Datos históricos | |||||
Creación | 1907 | ||||
Evento clave
| |||||
Santo padrón | Q2423915 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 18000 | ||||
Fuso horario | |||||
Sitio web | wilaya-jijel.dz… |
Jijel (coñecida antigamente como Djidjelli, Gigeri ou Gigery) é a capital da provincia de Jijel, polo nordeste de Alxeria. Atópase pretiño do mar Mediterráneo na rexión jijeliana de Corniche, e a súa poboación rolda os 148.000 habitantes (2007). Jijel é o centro administrativo para unha rexión especializada na fabricación de cortiza, coiro e ferro. A agricultura local produce especialmente froitas cítricas e cereais. A pesca tamén é importante para a economía da cidade. Tamén é un recoñecido destino turístico, polas súas paisaxes e as súas praias.
Historia
[editar | editar a fonte]Polo século X a. C., os fenicios, mariños e comerciantes, instaláronse na zona en busca de bases onde garantir a seguridade do seu comercio. No século X a. C. foron os romanos invadir o lugar. Foi elevada ao rango de Colonia Romana no ano 33 por César Augusto, sendo administrada por un senador.
Coa chegada dos pobos xermánicos, os vándalos recorreron África do Norte. Destruíron Igilgili no ano 429.
A cidade de Jijel foi erixida en municipio en 1860 e ascendida ao rango de cabeza de distrito despois da reforma administrativo de 1974.