Jigokumon
Jigokumon | |
---|---|
Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | 地獄門 |
Director | Teinosuke Kinugasa |
Produtor | Masaichi Nagata |
Guión | Teinosuke Kinugasa |
Intérpretes | Kazuo Hasegawa Machiko Kyō |
Música | Yasushi Akutagawa |
Fotografía | Kōhei Sugiyama |
Montaxe | Shigeo Nishida |
Distribuidora | Daiei Film |
Estrea | 31 de outubro de 1953 |
Duración | 86 minutos |
Orixe | Xapón |
Xénero | jidaigeki |
Na rede | |
http://www.films-sans-frontieres.fr/laportedelenfer | |
Jigokumon (地獄門 "Porta de Jigoku"?) é un filme xaponés de 1953 dirixido por Teinosuke Kinugasa. Conta a historia dun samurai (Kazuo Hasegawa) que tenta casar cunha muller (Machiko Kyō) que el mesmo rescatou, só para descubrir que el xa está casada. Rodado empregando Eastmancolor, Jigokumon foi o primeiro filme en cor de Daiei Film e o primeiro xaponés en cor en ser estreado fóra do Xapón.
Jigokumon gañou a Palma de Ouro no Festival de Cinema de Cannes de 1954,[1] e en 1955 gañou un Oscar Honorífico como "mellor filme estranxeiro lanzado por primeira vez nos Estados Unidos en 1954", xunto co Óscar ó mellor deseño de vestiario. Ese mesmo ano gañou o New York Film Critics Circle Award de "mellor filme estranxeiro". Tamén gañou o Leopardo de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Locarno.[2]
O filme forma parte da lista dos 1000 mellores filmes de tódolos tempos do The New York Times.[3]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Kazuo Hasegawa como Morito Endo
- Machiko Kyō como Lady Kesa
- Isao Yamagata como Wataru Watanabe
- Yatarō Kurokawa como Shigemori
- Kōtarō Bandō como Rokuroh
- Jun Tazaki como Kogenta
- Koreya Senda como Taira no Kiyomori
- Masao Shimizu como Nobuyori
- Tatsuya Ishiguro como Yachuta
- Kenjirō Uemura como Masanaka
- Gen Shimizu como Saburosuke
- Michiko Araki como Mano
- Yoshie Minami como Tone
- Kikue Mōri como Sawa
- Ryōsuke Kagawa como Yasutada
- Kunitarō Sawamura como Moritada
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "JIGOKU-MON". Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2014. Consultado o 12 de decembro de 2012.
- ↑ "Winners of the Golden Leopard" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2009. Consultado o 12 de decembro de 12.
- ↑ "Gate of Hell (1953)" (en inglés). Consultado o 12 de decembro de 12.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Jigokumon na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)