Jiří Menzel
Jiří Menzel, nado en Praga o 23 de febreiro de 1938 e finado na mesma cidade o 5 de setembro de 2020,[1] foi un director de cine checo. Gañou un Oscar ao mellor filme en fala non inglesa por Ostře sledované vlaky, de 1966, baseado nunha novela homónima do escritor Bohumil Hrabal.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do coñecido escritor e xornalista Joseph Menzel, o mozo Menzel pensou inicialmente en seguir os pasos do seu pai e estudar xornalismo, pero finalmente ingresou na Academia de Cine de Praga, da que foi expulso. Porén, grazas á intervención dun dos seus profesores, puido continuar os seus estudos.
A súa ópera prima no ámbito das longametraxes profesionais, Ostře sledované vlaky, supuxo unha grata sorpresa no panorama do novo cinema checo por lograr o Oscar á mellor película de fala non inglesa. O filme está considerado unha das obras cimeiras da cinematografía europea e adscríbese á Nova Onda checoslovaca.
As altas cualidades de Menzel quedaron patentes na súa segunda obra, Rozmarné léto onde interpretou un papel como actor. Malia todo, Skřivánci na niti, a súa seguinte obra, foi prohibida polo réxime checoslovaco. Esta película esta baseada nun libro de contos de Bohumil Hrabal titulado Inzerát na dům, ve kterém už nechci bydlet. Tras rematar de rodar prohibiuse a proxección da película e ata 1974 Menzel non dirixiu máis nada.
Nos oitenta Menzel rodou outros máis dous filmes baseados en relatos do seu escritor favorito, Bohumil Hrabal, como Postřižiny, Slavnosti sněženek e Vesničko má středisková, que foi nomeada para o Oscar ao mellor filme de fala non inglesa.
Filmografía
[editar | editar a fonte]- Donšajni (2013)
- Obsluhoval jsem anglického krále (2006)
- Dalších deset minut II (2002)
- Život a neobyčejná dobrodružství vojáka Ivana Čonkina (1994)
- Žebrácká opera (1990)
- Konec starých časů (1989)
- Vesničko má středisková (1985)
- Slavnosti sněženek (1983)
- Postřižiny (1980)
- Báječní muži s klikou (1978)
- Na samotě u lesa (1976)
- Kdo hledá zlaté dno (1974)
- Skřivánci na niti (1969). Oso de Ouro (1990) no Festival Internacional de Cinema de Berlín
- Rozmarné léto (1968). Gran premio do Festival Internacional de Cinema de Karlovy Vary
- Zločin v šantánu (1968)
- Ostře sledované vlaky (1966). Oscar ao mellor filme de fala non inglesa.
- Zločin v dívčí škole (1965)
- Perličky na dně (1965)
- Umřel nám pan Foerster (1963)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "V osmdesáti dvou letech zemřel režisér Jiří Menzel". Consultado o 06-09-2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Cine |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Škvorecký J. Jiří Menzel and the history of the "Closely Watched Trains". Boulder: East European Monographs, 1982
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "O riso é o mellor xeito de coñecer o mundo"[Ligazón morta], entrevista con Jiří Menzel na web oficial da República Checa