Jesús de Polanco
(2006) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Jesús de Polanco Gutiérrez 7 de novembro de 1929 Madrid, España |
Morte | 21 de xullo de 2007 (77 anos) Madrid, España |
Causa da morte | Mieloma múltiple |
Lugar de sepultura | Cemiterio de La Almudena |
Educación | Facultade de Dereito da Universidade Complutense de Madrid - licenciatura en Dereito (1947–1956) Colegio de las Escuelas Pías de San José de Calasanz, Madrid (en) (1939–1947) Colegio Divina Pastora (pt) (1935–1937) |
Actividade | |
Ocupación | editor, empresario |
Período de actividade | 1947 - 2007 |
Empregador | Grupo PRISA (1972–2007) Santillana (1958–1972) Ministerio de Información y Turismo (pt) (1955–1958) Instituto de Cultura Hispánica (1947–1949) |
Membro de | |
Familia | |
Fillos | Ignacio Polanco |
Premios | |
| |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2015.) |
Jesús Polanco Gutiérrez, coñecido habitualmente como Jesús de Polanco, nado en Madrid o 7 de novembro de 1929 e finado o 21 de xullo de 2007 na mesma cidade, foi un empresario español do sector da comunicación.
Carreira profesional
[editar | editar a fonte]Orfo desde neno, pagou os estudos vendendo libros a domicilio. Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense en 1953, comezou a súa traxectoria profesional en tarefas editoriais e de comercialización de libros. En 1958 fundou a Editorial Santillana.
Coa reforma educativa do ministro José Luis Villar Palasí, concretada na Lei Xeral de Educación de 1970, a editorial conseguiu un grande éxito, ao publicar libros de texto adaptados ao novo contexto con máis rapidez cás outras empresas. Crea en 1972 o grupo Timón e un ano despois incorpórase ao grupo fundador do xornal El País onde chegará a exercer de conselleiro delegado e presidente. En 1976 empézase a publicar ese xornal, que se converte rapidamente nunha referencia socialdemócrata durante a transición española. En 1984 crea a sociedade (ou holding) Promotora de Informacións Sociedade Anónima (PRISA). En 1985 constitúe a Sociedade Española de Radiodifusión (SER), dentro do grupo Unión Radio, que preside desde 1993. Tras iso, continuou expandindo os seus negocios editoriais e multimedia a Hispanoamérica ou Europa. A súa ideoloxía socialdemócrata achegouno ao PSOE e aos seus líderes, e os medios de comunicación do grupo compartían todos eles unha orientación semellante.
Posuía o 64% das accións do grupo PRISA, e un dos grupos de medios de comunicación máis importantes de Europa con negocios en xornais (xeneralistas e deportivos), radio, televisión (dixital e analóxica), ademais do sector editorial, con editoriais de distinto perfil. En 2005 foi incluído por primeira vez na lista dos máis ricos do mundo da revista Forbes dos Estados Unidos ocupando a posición 210. O 16 de novembro de 2006, o consello de administración de PRISA decidira nomear como sucesor á fronte do grupo dos medios ao seu fillo, Ignacio Polanco Moreno, de 52 anos de idade.
Premios, títulos e cargos
[editar | editar a fonte]Era membro da Academia Europea das Artes e das Ciencias e do Padroado da Fundación de Axuda contra a Drogadicción. Foi nomeado (1997) fillo adoptivo de Cantabria. Doutor honoris causa en Humanidades pola Universidade Brown de Providence (1997) e membro de honra do Instituto Caro y Cuervo de Bogotá, polo seu labor de difusión da lingua española.
Ademais recibiu o Premio Juan Lladó (1994), o Premio Montblanc ao mecenado das artes (2003), a medalla de ouro do Spanish Institute de Nova York (2002) e era membro da Lexión de Honra de Francia dende 2004.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Estivo casado en dúas ocasións. Isabel Moreno Puncel foi a súa primeira muller, coa que tivo catro fillos, e da que separou en 1989 logo de 32 anos de matrimonio. O 31 de marzo de 1992 casa coa empresaria galega Mariluz Barreiros, da que se separa en 2003 logo de 19 anos de convivencia.
Faleceu aos 77 anos de idade, o 21 de xullo de 2007 vítima dun mieloma múltiple, enfermidade hematolóxica que afecta, principalmente, á medula ósea.