Saltar ao contido

Jedward

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jedward
OrixeDublín, Irlanda Irlanda
Período2009 - presente
Xénero(s)Pop-rock
Selo(s) discográfico(s)Sony Music
Universal Music Ireland
MembrosJohn Grimes
Edward Grimes
Na rede
Páxina oficial
IMDB: nm3637749 Facebook: OfficialJedward Twitter: planetjedward Instagram: jepicpics LinkedIn: planetjedward Youtube: UCryfqDassBqJjBeQoXUJm7Q Souncloud: jedward-official Spotify: 3WmFNCPmnVuZbVMeExH8hT iTunes: 352901614 Last fm: Jedward Musicbrainz: 5bb50026-3b58-405c-9a7d-0f046108f675 Songkick: 2789141 Discogs: 1789098 Allmusic: mn0002432092 Deezer: 630704 Genius: Jedward Editar o valor en Wikidata

John Paul Henry Daniel Richard Grimes e Edward Peter Anthony Kevin Patrick Grimes, nados en Dublín, Irlanda o 16 de outubro, 1991, son un dúo irlandés de música pop. Son dous irmáns xemelgos que cantan baixo o nome de Jedward. En 2009 apareceron na sexta tempada de The X Factor (Reino Unido) cos seus nomes reais John & Edward gañando unha gran popularidade e quedando en sexto lugar.[1] Dende entón o seu mentor no concurso, Louis Walsh, é tamén o seu representante.[2] Jedward lanzaron tres álbums de estudio: Planet Jedward, Victory e Young Love. Planet Jedward e Victory alcanzaron o dobre disco de platino en Irlanda mentres que Young Love foi disco de ouro.[3][4][5] Tamén lanzaron nove sinxelos, incluíndo "Under Pressure (Ice Ice Baby)" (mash-up de Under Pressure de Queen e a canción Ice Ice baby de Vanilla Ice), "Lipstick", a canción coa que representaron a Irlanda no Festival da Canción de Eurovisión 2011, e "Waterline", coa que representaron en Eurovisión ó seu país en 2012.

Jedward tamén son coñecidos polo seu traballo en televisión, incluíndo os seus traballos de presentadores dos programas infantís Jedward's Big Adventure de ITV2 e OMG! Jedward's Dream Factory de RTE.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]