Saltar ao contido

Jeanne Eagels

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJeanne Eagels

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de xuño de 1890 Editar o valor en Wikidata
Kansas City, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte3 de outubro de 1929 Editar o valor en Wikidata (39 anos)
Nova York (Estados Unidos de América) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesuicidio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaKansas Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz de teatro, actriz de cinema, actriz Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1913 Editar o valor en Wikidata -
Familia
CónxuxeTed Coy (1925–1928) Editar o valor en Wikidata

Páxina webjeanneeagels.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0247074 Allocine: 240867 Rottentomatoes: celebrity/jeanne_eagels Allmovie: p20939 IBDB: 67400
Find a Grave: 21447 Editar o valor en Wikidata

Eugenia Eagles, nada en Kansas City o 26 de xuño de 1890 e finada en Nova York o 3 de outubro de 1929,[1] foi unha actriz teatral e cinematográfica estadounidense coñecida como Jeanne Eagels. Antiga Ziegfeld Girl, conseguiu gran sona en Broadway e no emerxente cinema sonoro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Jeanne Eagels naceu en Kansas City, Missouri en 1890, filla de Edward e Julia Sullivan Eagles (1865-1945), de ascendencia alemá e irlandesa.[2] No censo estadounidense de 1900 e de 1910 apareceu o nome da actriz como "Eugenia Eagles" e segundo devandito censo e o seu obituario, era a segunda de varios irmáns, Edna, George, Helen, Leo e Paul, todos eles nados en Missouri. Jeanne, cambiou posteriormente o seu apelido a "Eagels", e afirmou que o seu pai era un arquitecto español e que ela nacera en Boston. En realidade, ela naceu en Kansas City e o seu pai era carpinteiro.[3]

Eagels estudou na escola parroquial St. Josephy na Morris Public School, deixando os estudos trala súa primeira comuñón para traballar como caixeira nuns grandes almacéns.[2]

Comezou a súa carreira interpretativa en Kansas City, actuando en diferentes espectáculos dende moi nova. Deixou a cidade con quince anos e viaxou ao Medio Oeste co espectáculo teatral dos irmáns Dubinsky Brothers. Nun principio traballaba como bailarina, mais co tempo foi obtendo primeiros papeis en comedias e dramas dos Dubinsky. Finalmente casou cun dos irmáns, Morris.

Contra 1911 chegou á cidade de Nova York, onde traballou como corista e chegou a actuar nos Ziegfeld Follies. Neste período un dos seus profesores foi Beverly Sitgreaves. En setembro de 1912 formou parte do elenco de Mind The Paint Girl no Teatro Lyceum e, entre 1916 e 1917, Eagels traballou con George Arliss en tres obras consecutivas. En 1915 actuou no seu primeiro filme, participando en tres filmes de Thanhouser Company en 1916 e 1917, e en 1918 traballou en Daddies, unha produción teatral de David Belasco. Posteriormente viaxou a Europa e máis adiante, entre 1919 e 1921 traballou noutras producións de Broadway.

En 1922 tivo o seu primeiro papel como protagonista na obra Rain, baseada nun relato de William Somerset Maugham, en que interpretaba a Sadie Thompson. Fixo unha xira con esa obra, representándoa por última vez en Broadway en 1926.

A Eagels ofrecéronlle en 1926 o papel de "Roxie Hart" na peza de Maurine Dallas Watkins Chicago, mais nos ensaios decidiu abandonar o proxecto. Porteriormente actuou na comedia Her Cardboard Lover (1927), en que traballou xunto con Leslie Howard. Despois, e durante varios meses, fixo unha xira con Her Cardboard Lover. Tras non actuar en varias representación como consecuencia dunha intoxicación alimentaria, Eagels volveu formar parte do elenco en xullo de 1927 nun espectáculo no Teatro Empire.

Tras unha tempada en Broadway, tomouse un descanso na súa actividade teatral para rodar un filme xunto a John Gilbert, produción de MGM Man, Woman and Sin (1927) dirixida por Monta Bell.

En 1928, tras non presentarse nunha función en Milwaukee, Wisconsin, Eagels foi vetada polo sindicato Actors Equity, polo que non puido actuar en obras de teatro durante dezaoito meses. A prohibición non impediu que Eagels traballase no cinema, rodando dous filmes sonoros para Paramount Pictures, The Letter e Jealousy (ambas estrenadas en 1929). A súa actuación en The Letter valeulle unha candidatura ao Óscar á mellor actriz, a primeira póstuma para un intérprete.[4]

Falecemento

[editar | editar a fonte]

Xusto antes do seu regreso ao teatro cunha nova representación en Broadway, Eagels faleceu de maneira súpeta o 3 de outubro de 1929 na cidade de Nova York. Tiña 39 anos de idade. Os informes toxicolóxicos revelaron que Eagels tiña aínda alcohol nos seus órganos cando morreu, ademais de heroína e hidrato de cloro (un sedante que Eagels tomaba regularmente para durmir).[5][6] A súa morte atribuíuse a unha sobredose de hidrato de cloro.[6][7][8] Tralo funeral en Nova York celebrouse outro na súa cidade natal e foi enterrada no cemiterio Calvary.[9]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Eagels casou dúas veces. O seu primeiro matrimonio foi co actor Morris Dubinsky, co que casou cando era unha adolescente. A parella tivo un fillo que morreu (causando a Eagels un ataque de nervios) ou que foi entregado en adopción cando a parella se separou. Eagels e Dubinsky finalmente se divorciaron.[10] En agosto de 1925, Eagels casou con Edward Harris "Ted" Coy, antiga estrela do fútbol na Universidade Yale reconvertido en axente de cambio e bolsa. Non tiveron fillos e divorciáronse en xullo de 1928.[11]

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Ano Título Personaxe Notas
1913 The Ace of Hearts
1913 The Bride of the Sea
1914 A Lesson in Bridge Mrs. Willis
1915 The House of Fear Grace Cramp
1916 The World and the Woman A Woman of the Streets
1917 The Fires of Youth Billy's Sister Credited as Jeanne Eagles
1917 Under False Colors Countess Olga
1918 The Cross Bearer Liane de Merode
1919 The Madonna of the Slums
1927 Man, Woman and Sin Vera Worth
1929 The Letter Leslie Crosbie Candidata ao Óscar á mellor actriz
1929 Jealousy Yvonne Filme perdido
  1. Obituary Variety, 16 de outubro de 1929, páxina 67.
  2. 2,0 2,1 James, Edward T.; Wilson James, Janet; Boyer, Paul S., eds. (1971). Notable American Women, 1607–1950: A Biographical Dictionary, Volume 1. Harvard University Press. p. 537. ISBN 0-674-62734-2. 
  3. Golden, Eve (2000). Golden Images: 41 Essays on Silent Film Stars. McFarland. p. 27. ISBN 0-786-48354-7. 
  4. "www.cleveland.com". Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2012. Consultado o 28 de xullo de 2021. 
  5. Golden 2010 p.31
  6. 6,0 6,1 "Sleep Potion Kills Actress". Sarasota Herald-Tribune. 5 de outubro de 1929. p. 4. Consultado o 12 de setembro de 2014. 
  7. Onofrio, Jan (2001). Missouri Biographical Dictionary (3 ed.). North American Book Dist LLC. p. 220. ISBN 0-403-09598-0. 
  8. "Plan Rites For Star". The Pittsburgh Press. 5 de outubro de 1929. p. 2. Consultado o 12 de setembro de 2014. 
  9. "Jeanne Eagels Funeral Held". The Pittsburgh Press. 7 de outubro de 1929. p. 45. Consultado o 12 de setembro de 2014. 
  10. Golden 2010 p.28
  11. "Jeanne Eagels, Actress, Dies In Convulsions". The Miami News. 3 de outubro de 1929. p. 1. Consultado o 12 de setembro de 2014. [Ligazón morta]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • 1900 United States Federal Census, Kansas City, Jackson County, Missouri, 4 de xuño de 1900, ED 111, p. 5.
  • 1910 United States Federal Census, Kansas City Ward 9, Jackson County, Missouri, Enumeration District 111.
  • Blum, Daniel (1952). Great Stars of the American Stage, páxina 80.
  • Kansas City Star, Edward W. Eagles Mortuary Notice, 15 de febreiro de 1910.
  • Kansas City Star "Another Kansas City Girl 'Arrives' 5 de outubro de 1913, páxina 15
  • Kansas City Post "Jeanne Eagles passes up Wales to play 'Rain" before mother" 10 de abril de 1925 p. 29
  • New York Times, "This Week To See Rush Of New Plays", 8 de setembro de 1912, páxina X4.
  • New York Times, "Jeanne Eagels Playing Again", 13 de xullo de 1927, páxina 20.
  • New York Times, "The Vacillating Vampire", 5 de decembro de 1927, páxina 26.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]