Jari Litmanen
Jari Olavi Litmanen, nado o 20 de febreiro de 1971 en Lahti, é un ex-futbolista finlandés, considerado o mellor futbolista finlandés de todos os tempos.[1] A AFS listouno como o 53º mellor futbolista de todos os tempos[2] e foi o capitán da selección finlandesa entre 1996 e 2008.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Litmanen debutou con dezaseis anos en 1987 co Reipas na entón na máxima división (Mestaruussarja). En 1991 fichou polo principal club finlandés, o HJK, o primeiro equipo de Finlandia. Un ano máis tarde comprometeuse co MyPa, co que gañou a Copa Finlandia en xullo de 1992 ao vencer 2–0 ao FF Jaro na final que se disputou no Estadio Olímpico de Helsinqui, a súa actuación nese partido foi decisiva para que o comprase o Ajax.
Ajax
[editar | editar a fonte]Malia outros clubs amosaren interese por contratalo, como o Barcelona, Leeds United ou o PSV Eindhoven, Litmanen fichou co Ajax. Na primeira tempada co equipo xogou pouco co primeiro equipo, permanecendo na reserva, ata que unha lesión de Dennis Bergkamp fixo que o adestrador Louis van Gaal lle dese unha oportunidade, que foi un éxito e van Gaal anunciou que sería o sucesor de Bergkamp tras saber que este ía marchar ao Inter de Milán. Levou, xa que logo, o 10 na camisola e logrou 26 goles na tempada 1993–94, converténdose no máximo goleador da liga. En 1993 votárono como o futbolista do ano.
Litmanen foi un dos xogadores estrela de equipo co que van Gaal gañou tres campionatos holandeses consecutivos e chegou ao final da Liga de Campións da UEFA dúas veces. Desde o inicio da tempada 1994–95 ata mediados da de 1995–96, o Ajax non perdeu encontro ningún tanto na Eredivisie (52 partidos) como na Liga de Campións da UEFA (19 partidos). Ao gañar o Ajax ao Milán na final de 1994–95, Litmanen converteuse no primeiro xogador finlandés en gañar a Copa Europea ou a Liga de Campións da UEFA. Na tempada 1995–96 foi o principal anotador da Liga de Campións con nove goles. En 1995 gañou a Copa Intercontinental contra o Grêmio e quedou segundo na votación do Balón de Ouro.
Litmanen pasou sete anos en Ámsterdam, nos que gañou catro campionatos holandeses e tres Copas dos Países Baixos, conseguindo un total de 129 goles, deles 91 na liga. É o principal anotador dun club na competición europea con 26 puntos en 54 partidos. Nas últimas tempadas non puido xogar moitos dos partidos por lesións, en total nas seis tempadas faltou a 57 partidos dos 204 da liga, e nas últimas tres perdeu 7 dos 24 partidos europeos.
Barcelona
[editar | editar a fonte]Litmanen xuntouse a van Gaal no Barcelona, foi un dos moitos xogadores do Ajax que recrutou o entón adestrador do Barcelona porén a súa estada en Barcelona estivo marcada polas lesións[3] e foi un dos xogadores que van Gaal retirou do primeiro equipo nese inverno,[4] así e todo continuou no club ata xaneiro de 2001 cando marchou ao Liverpool en transferencia libre.
Liverpool
[editar | editar a fonte]Litmanen iniciou ben o campionato co Liverpool mais rompeu o pulso nun partido de Finlandia contra Inglaterra en Anfield en marzo de 2001 e perdeu o resto da tempada. A pesar de ser parte do equipo que gañou a "tripla copa": Copa Worthington, FA Cup e Copa da UEFA en 2001, non puido xogar ningunha das tres finais por lesións. Na tempada seguinte xogou pouco, así e todo puntou contra o Tottenham Hotspur, Arsenal, Aston Villa e Fulham na Premier League e contra o Dynamo Kyiv, Roma e Bayer Leverkusen na Liga de Campións.[5] En total marcou 9 goles en 43 partidos oficiais durante o tempo que pasou co Liverpool.
Volta ao Ajax
[editar | editar a fonte]Litmanen volveu ao Ajax e foi un dos xogadores que fixo posible chegar a cuartos de final na Liga de Campións de 2001-2003 pero a tempada seguinte pasouna en boa parte en branco polas lesións e na primavera de 2004 o club liberouno do seu contrato.
FC Lahti e Hansa Rostock
[editar | editar a fonte]Litmanen volveu a Finlandia para xogar co Lahti mais en xaneiro de 2005 pasou á Bundesliga xogando co Hansa Rostock, no entanto foi incapaz de evitar que o club perdese a categoría.
Malmö FF
[editar | editar a fonte]Litmanen pasou ao club sueco Malmö FF en xullo de 2005 como reforzo para chegar á Liga de Campións pero non puido ser, e Litmanen pasou case todo o outono lesionado, xogando só uns poucos partidos.[6]
Fulham
[editar | editar a fonte]Fichou co Fulham o 31 de xaneiro de 2008 canda o seu compatriota Toni Kallio,[7] secasí poucas semanas despois volveu a Finlandia por problemas cardíacos,[8] e non debutou co equipo ata o 31 de marzo de 2008 nun encontro de reservas co Tottenham, mais o equipo liberouno en maio sen xogar un só encontro co primeiro equipo.[9]
Volta ao Lahti
[editar | editar a fonte]O 8 de agosto de 2008 anunciouse que Litmanen volvería ao seu antigo club, o Lahti da primeira división finlandesa polo resto da tempada 2008. Xogou un papel importante para que o Lahti rematase terceiro na liga e se cualificase para Europa por primeira volta na súa historia.
De novo o HJK
[editar | editar a fonte]O 20 de abril d 2011, Litmanen asinou un contrato por un ano co campión finlandés, o HJK, con 40 anos, converténdose nun dos poucos xogadores profesionais que xorgaron en catro décadas diferentes (1980s – 2010s). Normalmente xogaba como substituto entre 10 e 30 minutos por encontro. O 29 de outubro de 2011, Litmanen celebrou o seu partido 200 de liga e foi o último partido que xogou como profesional.
Carreira internacional
[editar | editar a fonte]Litmanen fixo o seu debut internacional o 22 de outubro de 1989 contra Trinidad e Tobago, e marcou o seu primeiro gol o 16 de maio de 1991 contra Malta. Litmanen serviu como capitán de Finlandia de 1996 a 2008. O 17 de novembro de 2010, Litmanen converteuse no xogador de máis idade en marcar con Finlandia.
Goles internacionais
[editar | editar a fonte]Gañador Empate Perdedor
Nº. | Data | Equipo de casa | Equipo visitante | Goles | Puntación | Resultado | Estadio | Competición |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1. | 16 de maio de 1991 | Finlandia | Malta | 87'87' 2–0 | 2–0 | Gaña | Estadio Olímpico de Helsinqui | Clasificación para a Eurocopa de 1992 |
2. | 25 de marzo de 1992 | Escocia | Finlandia | 41'41' 1–1 | 1–1 | Empata | Hampden Park, Glasgow | Amigable |
3. | 13 de outubro de 1993 | Suecia | Finlandia | 60'60' 3–2 | 3–2 | Perde | Råsunda Stadium, Estocolmo | Clasificación para o Mundial de 1994 |
4. | 16 de novembro de 1994 | Finlandia | Illas Feroe | 53'53' 2–0 |
5–0 | Gaña | Estadio Olímpico de Helsinqui | Clasificación para a Eurocopa de 1996 |
5. | ||||||||
6. | 29 de marzo de 1995 | San Marino | Finlandia | 45'45' 0–1 | 0–2 | Gaña | Stadio Olimpico, Serravalle | Clasificación para a Eurocopa de 1996 |
7. | 11 de xuño de 1995 | Finlandia | Grecia | 45+1'45+1' 1–1 (pen.) | 2–1 | Gaña | Estadio Olímpico de Helsinqui | Clasificación para a Eurocopa de 1996 |
8. | 2 de xuño de 1996 | Finlandia | Turquía | 25'25' 1–0 | 1–2 | Perde | Estadio Olímpico de Helsinqui | Amigable |
9. | 2 de febreiro de 1997 | Turquía | Finlandia | 17'17' 0–1 | 1–1 | Perde | Estadio Atatürk, Denizli | Amigable |
10. | 2 de abril de 1997 | Acerbaixán | Finlandia | 26 '26 ' 0–1 | 1–2 | Gaña | Tofik Bakhramov Stadium, Baku | Clasificación para o Mundial de 1998 |
11. | 8 de xuño de 1997 | Finlandia | Acerbaixán | 65'65' 2–0 | 3–0 | Gaña | Estadio Olímpico de Helsinqui | Clasificación para o Mundial de 1998 |
12. | 6 de setembro de 1997 | Suíza | Finlandia | 16'16' 0–1 | 1–2 | Gaña | Stade Olympique de la Pontaise, Lausanne | Clasificación para o Mundial de 1998 |
13. | 14 de outubro de 1998 | Turquía | Finlandia | 90+6'90+6' 1–3 | 1–3 | Gaña | Estadio Ali Sami Yen, Istambul | Clasificación para a Eurocopa de 2000 |
14. | 29 de marzo de 2000 | Gales | Finlandia | 21'21' 0–1 | 1–2 | Gaña | Millennium Stadium, Cardiff | Amigable |
15. | 16 de agosto de 2000 | Finlandia | Noruega | 24'24' 1–0 |
3–1 | Gaña | Estadio Finnair, Helsinqui | 2000–01 Nordic Football Championship |
16. | ||||||||
17. | 2 de setembro de 2000 | Finlandia | Albania | 45 '45 ' 1–0 | 2–1 | Gaña | Estadio Finnair, Helsinqui | Clasificación para o Mundial de 2002 |
18. | 15 de agosto de 2001 | Finlandia | Bélxica | 3–0 (pen.) | 4–1 | Gaña | Estadio Olímpico de Helsinqui | Amigable |
19. | 5 de setembro de 2001 | Finlandia | Grecia | 53'53' 5–1 | 5–1 | Gaña | Estadio Olímpico de Helsinqui | Clasificación para o Mundial de 2002 |
20. | 27 de marzo de 2002 | Portugal | Finlandia | 41'41' 1–3 |
1–4 | Gaña | Estádio do Bessa, Porto | Amigable |
21. | ||||||||
22. | 30 de abril de 2003 | Finlandia | Islandia | 55'55' 1–0 (pen.) | 3–0 | Gaña | Myyrmäen jalkapallostadion, Vantaa | Amigable |
23. | 31 de abril de 2004 | Malta | Finlandia | 86'86' 0–2 | 1–2 | Gaña | Estadio Nacional Ta' Qali, A Valeta | Amigable |
24. | 28 de maio de 2004 | Finlandia | Suecia | 8'8' 1–0 (pen.) | 1–3 | Perde | Estadio Ratina, Tampere | Amigable |
25. | 26 de marzo de 2005 | República Checa | Finlandia | 46 '46 ' 2–1 | 4–3 | Perde | Na Stínadlech, Teplice | Clasificación para o Mundial de 2006 |
26. | 2 de setembro de 2006 | Polonia | Finlandia | 54'54' 0–1 |
1–3 | Gaña | Estadio Zdzisław Krzyszkowiak, Bydgoszcz | Clasificación para a Eurocopa de 2008 |
27. | ||||||||
28. | 11 de outubro de 2006 | Casaquistán | Finlandia | 29'29' 0–1 | 0–2 | Gaña | Estadio Central de Almati, Almati | Clasificación para a Eurocopa de 2008 |
29. | 6 de febreiro de 2008 | Finlandia | Grecia | 66'66' 1–0 | 1–2 | Perde | Estadio GSP, Nicosia | Amigable |
30. | 26 de marzo de 2008 | Bulgaria | Finlandia | 22'22' 0–1 (pen.) | 2–1 | Perde | Estadio Nacional Vasil Levski, Sofía | Amigable |
31. | 9 de setembro de 2009 | Liechtenstein | Finlandia | 74'74' 0–1 (pen.) | 1–1 | Empate | Rheinpark Stadion, Vaduz | Clasificación para o Mundial de 2010 |
32. | 17 de novembro de 2010 | Finlandia | San Marino | 71'71' 6–0 (pen.) | 8–0 | Gaña | Estadio Olímpico de Helsinqui | Clasificación para a Eurocopa de 2012 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Litmanen heads home" BBC News, 25 de maio de 2004
- ↑ "Your Verdict: 100 greatest ever footballers" Arquivado 01 de outubro de 2012 en Wayback Machine. ESPN, 7 de novembro de 2007
- ↑ "Surprise, surprise... Catalans in the Barajax side The Guardian 2 de abril de 2000
- ↑ "Van Gaal: My football philosophy" Arquivado 29 de maio de 2010 en Wayback Machine., fifa.com, 7 de xaneiro de 2008
- ↑ "Fixtures & Results 2001–2002", myliverpoolfc.org
- ↑ "Fotboll: Skadad Litmanen lämnar Malmö". Sverigesradio. 2 de agosto de 2007.
- ↑ "Litmanen joins Fulham", fulhamfc.com, 31 de xaneiro de 2008
- ↑ "Litmanen back training", fulhamfc.com, 23 de febreiro de 2008.
- ↑ "Bocanegra heads Fulham clear-out", BBC News, 23 de maio de 2008
- Nados en 1971
- Nados en Lahti
- Futbolistas de Finlandia
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do AFC Ajax
- Xogadores do FC Barcelona
- Xogadores do Liverpool FC
- Xogadores do FC Hansa Rostock
- Xogadores do Malmö FF
- Xogadores do Fulham FC
- Xogadores da selección de fútbol de Finlandia
- Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA