Saltar ao contido

James Johnson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJames Johnson

(2022) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) James Patrick Johnson Editar o valor en Wikidata
20 de febreiro de 1987 Editar o valor en Wikidata (37 anos)
Cheyenne, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónCheyenne East High School (en) Traducir
Universidade Wake Forest (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura206 cm Editar o valor en Wikidata
Peso111 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2009 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaNBA G League, Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla-pivote e Ala Editar o valor en Wikidata
Número deportivo16 Editar o valor en Wikidata
Convocado porChicago Bulls Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Sacramento Kings
Miami Heat
Memphis Grizzlies
Chicago Bulls
2007–2009 Wake Forest Demon Deacons men's basketball

Twitter: IamJJ16 Editar o valor en Wikidata

James Patrick Johnson, nado o 20 de febreiro de 1987 en Cheyenne, Wyoming, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Indiana Pacers da National Basketball Association (NBA). Foi elixido na 16ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Chicago Bulls, e anteriormente xogou na universidade para os Demon Deacons de Wake Forest.

Traxectoria deportiva

[editar | editar a fonte]

Universidade

[editar | editar a fonte]

Johnson entrou en Wake Forest despois de rematar o instituto en Cheyenne, Wyoming, e tivo un impacto inmediato, rematando segundo na elección do rookie do ano. Liderou aos Demon Deacons en anotación e en rebotes.

Coma sophomore, Johnson liderou outra vez ao equipo en rebotes, levando ao equipo a unha marca de 24-5, e ao número 1 da clasificación na tempada 2008-09. Despois desa tempada, Johnson declarouse elixible para o Draft da NBA de 2009.

Estatísticas na universidade

[editar | editar a fonte]
Medias da tempada
Tempada Equipo G PTS REB AST ROU TAP TC% 3P% TL% MIN PER
2007-08 Wake Forest Demon Deacons 30 14.6 8.1 1.2 1.4 1.3 .487 .280 .689 29.2 2.6
2008-09 Wake Forest Demon Deacons 31 15.0 8.5 2.0 1.4 1.5 .542 .319 .697 30.5 2.4
Totais: 61 14.8 8.3 1.6 1.4 1.4 .514 .295 .692 29.9 2.5

Johnson foi elixido na 16ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Chicago Bulls.

O 27 de xaneiro de 2011, Johnson foi asignado aos Iowa Energy da NBA Development League.[1] Foi chamado de volta o 15 de febreiro de 2011.[2]

O 22 de febreiro de 2011, Johnson foi traspasado aos Toronto Raptors a cambio dunha elección da primeira rolda do Draft de 2011 que adquiriron dos Miami Heat.[3]

O 16 de xullo de 2012, Johnson foi traspasado ós Sacramento Kings a cambio dunha elección de segunda rolda do Draft de 2014.[4]

O 16 de decembro de 2013, asinou cos Memphis Grizzlies.[5]

O 17 de xullo de 2014, Johnson regresou ós Raptors asinando un contrato por dous anos.[6]

  1. "Bulls Assign James Johnson to Iowa Energy". OurSports Central (en inglés). 2011-01-27. Consultado o 2021-02-19. 
  2. Johnson rejoins Bulls after NBDL stint
  3. "Raptors Acquire Johnson From Chicago". NBA.com. 2011-02-22. Consultado o 2011-02-23. 
  4. "KINGS ACQUIRE JAMES JOHNSON". NBA.com. 2012-07-16. Consultado o 2012-07-16. 
  5. Grizzlies sign James Johnson
  6. Raptors Sign James Johnson

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]