"Jabberwocky" é un poema de Lewis Carroll, escrito a base de verbas sen sentido. Apareceu orixinalmente como parte da novela Do outro lado do espello, e o que Alicia atopou aló (1872). Considérase un dos mellores poemas sen sentido da literatura inglesa[1] e utilízase nas clases de primaria dos países anglofalantes para ensinar aos estudantes o uso das contraccións, e a morfoloxía dos nomes e verbos[2].
No poema, o Jabberwock é unha besta mitolóxica. Actualmente, a palabra jabberwocky (posiblemente relacionada con jabber, traducido como fungar, rosmar) utilízase en inglés para referirse a un discurso sen sentido.
↑Gardner, Martin (1999). The Annotated Alice: The Definitive Edition. W.W. Norton and Company (New York, NY). Few would dispute that Jabberwocky is the greatest of all nonsense poems in English.