JCVD
JCVD | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | JCVD |
Director | Mabrouk El Mechri |
Produtor | Sidonie Dumas, Fiszman Marc, Patrick Quinet, Jani Thiltges |
Guión | Frédéric Bénudis, Mabrouk El Mechri, Christophe Turpin |
Intérpretes | Jean-Claude Van Damme, François Damiens, Zinedine Soualem |
Música | Gast Waltzing |
Estrea | 4 de xuño de 2008 |
Duración | 96 minutos |
Orixe | Bélxica Francia Luxemburgo |
Xénero | Comedia Drama |
Orzamento | 11 millóns de dólares |
Na rede | |
http://www.jcvd-themovie.com/ | |
JCVD é unha película de comedia e drama de 2008, dirixida por Mabrouk El Mechri e protagonizada por Jean-Claude Van Damme.
A película estreouse o 4 de xuño de 2008 en Bélxica e Francia.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Van Damme interprétase a si mesmo, un actor estrela do cine de acción en declive, nunha racha de mala sorte. Anda mal de cartos, o seu axente non lle atopa unha produción digna, e o xuíz do preito pola custodia da súa filla está disposto a concederlla á súa exmuller. Regresa á súa casa da infancia en Bruxelas, capital de Bélxica, onde viven seus pais e aínda se considera unha icona nacional. Pero no momento de ir a unha oficina de correos para recibir unha transferencia bancaria, atópase atrapado en medio dun atraco. Debido a un erro, a policía pensa que Van Damme é un dos atracadores en vez dun dos reféns. Os acontecementos vanse vendo desde diferentes perspectivas, e Van Damme aparece actuando coma heroe para protexer os reféns, coma un negociador, e coma o autor do atraco.
Recepción
[editar | editar a fonte]As críticas de JCVD son xeralmente positivas, sendo o máis eloxiado o extenso monólogo de Van Damme onde expresa unha ampla gama de emocións. Boa parte da crítica recoñeceu as capacidades como actor de Van Damme na súa lingua natal, a francesa.