Saltar ao contido

Isabel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A raíña Isabel II do Reino Unido.

Isabel[1] é un nome propio feminino galego. A súa orixe é o hebraico Elisheva (אֱלִישֶׁבַע), que significa 'Deus é o meu xuramento'. Entre outras versións abreviadas dese nome inclúense: Elisa, Isabela, Bete, Zabete, Zabel e Lisa. En galego tamén ten a variante Sabela.[2][3]

En xaneiro de 2023 existían 9.894 mulleres en Galicia co nome Isabel, cunha media de idade de 58,1 anos.[4]

Relixión

[editar | editar a fonte]

Isabel, segundo o Novo Testamento, era a nai de Xoán Bautista. Segundo o Evanxeo de Lucas Isabel descendía de Aharón o sacerdote (Lucas 1:5). Ela e o seu marido Zacarías eran xustos ante Deus, pois gardaban os seus mandamentos, pero non tiñan fillos. O arcanxo Gabriel visitou a Zacarías para lle anunciar que a súa muller tería un fillo que sería grande ante o señor.

Cando Isabel estaba preñada recibiu a visita de María, a súa curmá, que tamén estaba embarazada de Xesús. Ó ouvi-lo saúdo de María o neno que Isabel tiña no ventre brincou e esta, chea do Espírito Santo, exclamou: "Bendita ti entre as mulleres e bendito o froito do teu ventre" (Lucas 1:42) (palabras que se recolleron posteriormente no Avemaría)

Isabel é santa nas tradicións católica, ortodoxa e anglicana. A Igrexa católica celébraa o 5 de novembro.

Variantes

[editar | editar a fonte]

Nome completo

[editar | editar a fonte]

Formas reducidas

[editar | editar a fonte]
  1. Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
  2. Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017. 
  3. Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
  4. Nome Isabel na Web do Intituto Galego de Estatística

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]