Saltar ao contido

Ioannis Zizioulas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIoannis Zizioulas

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de xaneiro de 1931 Editar o valor en Wikidata
Katafygio, Grecia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte2 de febreiro de 2023 Editar o valor en Wikidata (92 anos)
Atenas (Grecia) Editar o valor en Wikidata
Causa da morteCOVID-19 Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaPrimeiro Cemitério de Atenas (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
President of the Academy of Athens (en) Traducir
xaneiro de 2002 – decembro de 2002 – Grigorios Skalkeas (en) Traducir →
Membro da Academia de Atenas
1993 – 2 de febreiro de 2023
Arcebispo metropolitano
22 de xuño de 1986 – 2 de febreiro de 2023
← Adamantios of Pergamos (en) Traducir
Circunscrición electoral: Metropolis of Pergamon (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Atenas - teoloxía (–1955)
Universidade Aristóteles de Salonica (pt) Traducir - teoloxía
Universidade Harvard - teoloxía Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPatrística (pt) Traducir, teologia dogmática (pt) Traducir e teologia sistemática (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónteólogo, profesor universitario, ministro Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Aristóteles de Salonica (pt) Traducir (1984–1998)
Universidade de Glasgow (1973–1987)
King's College de Londres
Universidade de Edimburgo
Universidade de Xenebra Editar o valor en Wikidata
Premios

Facebook: 54769204675 BNE: XX1650333 Editar o valor en Wikidata


Ioannis Zizioulas, nado o 10 de xaneiro de 1931 e finado o 2 de febreiro de 2023, foi un teólogo da Igrexa ortodoxa. Metropolita de Pérgamo. Membro do sínodo do Patriarcado ecuménico de Constantinopla. Pertenceu á Academia de Atenas.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ioannis Zizioulas comezou os seus estudos en Tesalónica. Foi discípulo de Georges Florovsky. Doutorouse en 1965 na Universidade de Atenas. Ensinou teoloxía na Universidade de Edimburgo e na Universidade de Glasgow. É profesor visitante do King´s College London e da Universidade de Xenebra.

É unha figura clave do diálogo ecuménico con outras igrexas cristiás presidindo a comisión ortodoxa no diálogo co catolicismo.

Pensamento

[editar | editar a fonte]

Desenvolveu unha ontoloxía da persoa derivada dunha fonda investigación da filosofía grega, dos Pais da Igrexa e do pensamento actual. Un compoñente esencial é a liberdade para a autoafirmación e para a participación na relación. Dende unha perspectiva biolóxica, a liberdade do home ten como peculiaridade a posibilidade de elixir suicidarse. É o cambio ontolóxico do bautismo o que produce unha liberdade non constrinxida aos límites da existencia biolóxica. A escatoloxía permite vivir no agora o que será completado coa resurrección mediante unha vida plena e eterna que outorga unha dimensión de liberdade e de esperanza á existencia humana concreta.

Un dos grandes males da cultura occidental é o individualismo. O illamento da persoa vai contra a súa esencia e ten as súas raíces no afastamento de Deus na caída orixinal. Isto fai que o individuo vexa no outro un potencial inimigo ou unha ameaza latente. Esta situación patolóxica só pode ser sandada pola experiencia da común chamada a unha vida plena que ofrece Cristo e que o Espírito realiza na persoa.

Entende que a eucaristía como comuñón no amor é o centro da Igrexa. Deste xeito, nunha igrexa local está expresada toda a universalidade da comunidade de crentes. Afirma que o bispo está ao servizo (diaconía) da comunidade, e é en relación con ela como debe ser entendido o seu ministerio.

Sobre o Papado, rexeita o poder xurisdicional no que teima a Igrexa católica. Recoñece que debe existir un primado para que exista unha realidade sinodal, consonte ensina a tradición, pero este non debe implicar un poder xurídico e piramidal como pretende Roma.

A súa concepción da Creación outórgalle unha especial sensibilidade pola ecoloxía e a preservación do medio ambiente.

  • O ser como comuñón.
  • Lembrando o futuro: unha ontoloxía escatolóxica.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]