Saltar ao contido

Inocencio VII, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaInocencio VII, papa

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Innocentius PP. VII Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(it) Cosimo de' Migliorati Editar o valor en Wikidata
1339 Editar o valor en Wikidata
Sulmona, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte15 de novembro de 1406 Editar o valor en Wikidata (66/67 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Causa da morteveleno Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaGrutas vaticanas Editar o valor en Wikidata
204º Papa
26 de outubro de 1404 – 6 de novembro de 1406
← Bonifacio IXGregorio XII →
Bispo diocesano
19 de xuño de 1389 –
← Filippo Carafa della Serra (en) TraducirBartolomeo Raimondi (en) Traducir →
Arcebispo católico
5 de decembro de 1387 – 15 de setembro de 1400
← Ludovico di Casale (en) TraducirGiovanni Migliorati (pt) Traducir →
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Perugia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma
Estados Pontificios Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónsacerdote católico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Padua Editar o valor en Wikidata
ProfesoresJohn of Legnano (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
10 de outubro de 1404Conclave de 1404 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
The Nuttall Encyclopædia >>>:Innocent VII. Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Migliorati-2 Find a Grave: 7719692 Editar o valor en Wikidata

Inocencio VII, nado en Sulmona sobre o 1336 e finado en Roma o 6 de novembro de 1406), foi o Papa nº 204 da Igrexa católica de 1404 a 1406 e o terceiro papa do período dominado polo Cisma de Occidente.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Orixe e formación

[editar | editar a fonte]

De nome Cosimo de Migliorati, nado no seo dunha familia humilde, estudou Dereito Canónico e Civil en Perugia, Padua e Boloña. Posteriormente exerceu como profesor de dereito na Universidade de Perugia ata que foi trasladado a Roma por Urbano VI. Logo é enviado a Inglaterra como recadador de impostos, labor que realizou durante dez anos.[1]

Carreira eclesiástica

[editar | editar a fonte]

Cosimo de Migliorati foi consagrado bispo o 5 de decembro de 1387, logo de ser nomeado arcebispo de Rávena o 4 de novembro anterior polo papa Urbano VI. Migliorati non puido ocupar a súa sede en Rávena por mor da oposición do Señor da cidade, Guido de Polenta, que dera a súa obediencia ao antipapa Clemente VII. En xuño de 1389 foi transferido á sede de Boloña.[1]

Migliorati foi creado cardeal por Bonifacio IX o 18 de decembro de 1389, co título de cardeal presbítero da Santa Cruz de Xerusalén e actuou como legado seu na Lombardía e a Toscana, en importantes misións como a de pacificar a Gian Galeazzo Visconti e as cidades de Florencia e Boloña.[1]

Pontificado

[editar | editar a fonte]

Elección

[editar | editar a fonte]

Á morte de Bonifacio IX, os cardeais presentes no conclave do 17 de outubro de 1404, á cabeza de Migliorati como camarlengo, xuraron renunciar á tiara en caso de ser elixidos se con iso era posíbel acabar co cisma que desde 1378 dividía á Igrexa católica.

Migliorati foi elixido por unanimidade, a situación na cidade impediulle celebrar o concilio no que debería cumprir a súa promesa de renunciar á tiara. En efecto, o partido xibelino inicia unha revolta cando coñece o resultado da elección, obrigando ao pontífice a reclamar axuda ao rei de Nápoles, Ladislau quen sufoca a rebelión obtendo de Inocencio o compromiso de que nas negociacións para acabar co cisma, quedarían recoñecidos os seus dereitos ao reino napolitano que lle disputaba Lois de Anjou.[2]

Accións pontificias

[editar | editar a fonte]

Inocencio VII foi un papa nepotista, nomeou cardeal ao seu sobriño Ludovico Migliorati, quen até ese momento actuara como mercenario ás ordes de Gian Galeazzo Visconti. Ludovico, en 1405, secuestrou e asasinou a once aristócratas romanos opositores do seu tío, polo que Inocencio tivo que fuxir a Viterbo deixando Roma en mans de turbas de romanos furiosos que asasinaron a máis de trinta güelfos, membros do partido papal, entre eles o abade de Perugia. Novamente houbo de intervir Ladislau co envío de tropas que acabaron cos alborotos, permitindo que o Papa regresase a Roma en xaneiro de 1406.[2]

Inocencio recompensou ao seu sobriño Ludovico nomeándoo marqués e conde de Fermo. Enfurecido pola acción do pontífice, o rei Ladislau esixiu estender a súa autoridade sobre a propia Roma e os Estados Pontificios, para o cal premeu a Inocencio coas tropas que mantiña no Castelo Sant'Angelo que, aínda que estaban destinadas a protexer o Vaticano, eran utilizadas polo napolitano para efectuar incursións armadas en Roma e nos territorios circundantes. Só cando o pontífice excomungou a Ladislau, este retirou as súas tropas do castelo.[2]

Inocencio mantivo disputas co antipapa Bieito XIII debido a que este último mandou unha carta acusando ao papa de non querer terminar o Cisma.[3]

Tumba de Inocencio VII, situada nas grutas vaticanas.

Falecemento

[editar | editar a fonte]

Inocencio morreu en Roma, o 6 de novembro de 1406, de maneira imprevista. Rumoreouse que foi envelenado, pero non existen probas suficientes para aseguralo.[4]

Na literatura

[editar | editar a fonte]

No libro das Profecías de San Malaquías pódese identificar a este papa co lema De meliore sidere (Da estrela mellor), cita que pode facer referencia ao apelido familiar, Migliorati, que significa "mellorado" e a que no seu escudo de armas aparece unha estrela.

  1. 1,0 1,1 1,2 De Vicentiis, Amedeo (2000). "Innocenzo VII". Enciclopedia dei papi (en italiano). Treccani. Consultado o 29 de decembro de 2014. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Pastor, Ludovico (1910). "El Cisma y las Grandes Agitaciones Heréticas 1378-1406 (1409).". En Ramón Ruíz Amado. Historia de los papas en la época del renacimiento hasta la elección de Pío II (PDF) (en español). versión da 4ª edición alemá. Barcelona: Gustavo Gili. pp. 237–306. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de decembro de 2014. 
  3. Ott, Michael. "Inocencio VII, papa". Enciclopedia Católica (en español). Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 29 de decembro de 2014. 
  4. "Inocencio VII". Biografías y vidas. La enciclopedia biográfica en línea (en español). Consultado o 29 de decembro de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]