Incidente de Fachoda
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
O incidente de Fachoda, ou crise de Fachoda, son dous nomes para referirse aos episodios que se produciron entre 1898 e 1899, cando Francia e o Reino Unido decidiron construír diferentes liñas ferroviarias deseñadas para conectar as súas respectivas colonias africanas. A pequena cidade de Fachoda (actualmente Kodok), no Sudán do Sur, situada na intersección das dúas liñas, converteuse no escenario do enfrontamento.
Este incidente foi un dos conflitos cruciais no camiño para que Europa consolidase as súas posesións no continente africano. Levou o Reino Unido e Francia ao bordo da guerra, pero culminou nunha gran vitoria estratéxica para o Reino Unido, e dispuxo as bases para a Entente Cordiale de 1904 entre estas dúas nacións rivais. O conflito derivou dalgunhas batallas sobre o control de certas seccións do Nilo, o que causou que o Reino Unido se expandise cara ao Sudán.
O incidente
[editar | editar a fonte]O avance francés caera ao interior de África foi principalmente desde África occidental (hoxe en día o Senegal) cara ao leste, a través do Sahel, ao longo do bordo sur do Sáhara, un territorio que hoxe en día cobren o Senegal, Malí, o Níxer e o Chad. O seu principal obxectivo era obter unha unión ininterrompida entre os ríos Níxer e o Nilo, controlando desta forma todo o comercio da rexión do Sahel, en virtude do seu existente control sobre as rotas de caravanas que atravesaban o Sáhara.
Os británicos, por outra parte, querían enlazar as súas posesións na África austral (actuais Suráfrica, Botswana, Zimbabue, Lesoto, Eswatini e Zambia) cos seus territorios en África oriental (actual Kenya) e estas dús áreas co nacemento do Nilo. O Sudán (que neses días incluía a actual Uganda) era obviamente a clave para a realización destas ambicións, especialmente desde que Exipto estivo baixo o control británico. Esta "liña vermella" a través de África foi feita máis famosa por Cecil Rhodes. Xunto con Lord Milner (o ministro colonial británico en Suráfrica), Rhodes avogou por tal imperio de "O Cabo ao Cairo" unindo con vías férreas o Canal de Suez coa parte rica en minerais do sur do continente. Aínda que obstaculizado pola ocupación alemá de Tanganica até o final da primeira guerra mundial, Rhodes exerceu presión con éxito en nome de tan extenso imperio africano. Se se debuxa unha liña desde a Cidade do Cabo até O Cairo (o soño de Rhodes), e outra desde Dakar até o Corno de África (o que é Etiopía, Eritrea, Djibuti e Somalia actualmente, a ambición francesa), estas dúas liñas interceptaríanse nalgunha parte do leste do Sudán, cerca de Fachoda, explicando a súa importancia estratéxica. En resumo, o Reino Unido buscaba estender o seu imperio de África oriental continuamente desde O Cairo ao cabo da Boa Esperanza, mentres Francia buscaba estender as súas propias posesións de Dakar até o Sudán, o que lle permitiría ao seu imperio abarcar o continente desde o océano Atlántico até o mar Vermello.
Un exército baixo o mando de Jean-Baptiste Marchand chegou primeiro ao forte estratexicamente localizado en Fachoda, seguido moi de cerca polo batallón británico comandado por Lord Kitchener, comandante en xefe do exército británico desde 1892. Os franceses retiráronse despois dun encontro sen vencedores, e continuaron presionando as reclamacións noutros postos da rexión. En marzo de 1899 os franceses e os británicos acordaron que os nacementos dos ríos Nilo e Congo marcasen a fronteira entre os seus dominios.
O incidente foi recibido nas respectivas metrópoles como unha proba do expansionismo da outra, e houbo manifestacións patrióticas en ambos os dous países que causaron certa tensión internacional. Pero asinado o tratado da Entente Cordiale en 1904, Francia recoñeceu finalmente o goberno británico en Exipto (e na cunca do Nilo) e un condominio anglo-exipcio no Sudán a cambio do dereito a actuar libremente en Marrocos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Incidente de Fachoda |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Andrew, G.; et al. (1974). "Gabriel Hanotaux, the Colonial Party and the Fashoda Strategy". The Journal of Imperial and Commonwealth History 3 (1): 55–104. doi:10.1080/03086537408582422.
- Bates, D. (1984). The Fashoda Incident of 1898: Encounter on the Nile. Oxford University Press. ISBN 0192117718.
- Bell, P. (2014). France and Britain, 1900–1940: Entente and Estrangement. Londres: Routledge. ISBN 9781317892731.
- Brown, R. (1970). Fashoda Reconsidered: The Impact of Domestic Politics on French Policy in Africa, 1893–1898. Johns Hopkins University Press. ISBN 9780801810985.
- Churchill, W. (1899). The River War: An Historical Account of the Reconquest of the Soudan. Londres: Longmans, Green & Co. OCLC 2704682.
- Eubank, K. (1960). "The Fashoda Crisis Re-Examined". Historian 22 (2): 145–162. doi:10.1111/j.1540-6563.1960.tb01649.x.
- Giffen, M. (1930). Fashoda, the Incident and Its Diplomatic Setting. University of Chicago Press. OCLC 993310905.
- Horne, A. (2006). La Belle France: A Short History. New York: Vintage. ISBN 9781400034871.
- Langer, W. (1951). The Diplomacy of Imperialism, 1890–1902. New York: Alfred A. Knopf. OCLC 787805.
- Lewis, D. (1988). The Race to Fashoda: European Colonialism & African Resistance in the Scramble for Africa. Londres: Bloomsbury. ISBN 9780747501138.
- Moorehead, A. (2002). The White Nile. Londres: Penguin. ISBN 9780141391168.
- Pakenham, T. (1991). The Scramble for Africa, 1876–1912. New York: Random House. ISBN 9780394515762.
- Porter, C. (1975). The Career of Théophile Delcassé. Westport: Greenwood. pp. 132–139. ISBN 9780837177205.
- Riker, T. (1979). "A Survey of British Policy in the Fashoda Crisis". Political Science Quarterly 44 (1): 54–78. doi:10.2307/2142814.
- Taylor, A. (1950). "Prelude to Fashoda: The Question of the Upper Nile, 1894–5". English Historical Review 65 (254): 52–80. doi:10.1093/ehr/lxv.ccliv.52.
- Taylor, A. (1954). The Struggle for Mastery in Europe, 1848–1918. Oxford: Clarendon Press. OCLC 123580339.
- Vaïsse, M. (2004). L'Entente cordiale de Fachoda à la Grande Guerre: dans les archives du Quai d'Orsay (en francés). Brussels: Éditions Complexe. ISBN 9782804800062.
- Wright, P. (1972). Conflict on the Nile: the Fashoda Incident of 1898. Londres: Heinemann. ISBN 9780434878307.