Saltar ao contido

Illas Obi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaIllas Obi
Imaxe
Tipogrupo de illas Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaMolucas do Norte, Indonesia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónHalmahera rain forests (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 1°30′S 127°45′L / -1.5, 127.75
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Composto por
Características
Altitude533 m Editar o valor en Wikidata
Superficie2.823 km² Editar o valor en Wikidata

As Illas Obi son un arquipélago pertencente ás Molucas, en Indonesia. A maior do conxunto é a Illa Obira, de 2.520 km². Atópanse ao norte de Buru e Ceram.

Nelas atópase unha fauna moi interesante para a comunidade científica, pois se atopan na área da Liña de Wallace, zona de especies endémicas en perigo de extinción. Grandes sectores da costa está cuberta de mangleiros.

Ademais da illa principal moitas pequenas illas atópanse entre as Illas Obi, son as seguintes:

  • Belang Belang: moi pequena, illa plana fronte á costa noroeste
  • Bisa: no norte, elevación máis alta 469 metros
  • Gomumu: illa plana no Sur
  • Malamala: deforestada pola explotación de níquel
  • Obilatu: no noroeste, 841 metros de altura
  • Tapat: 563 metros de altura,
  • Tobalai: illa plana no Oriente