Saltar ao contido

Il turco in Italia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Il turco in Italia
O turco en Italia
FormaÓpera
Actos e escenas2 actos
Idioma orixinal do libretoItaliano
LibretistaFelice Romani
Fontes literariasBaseado nun libreto preexistente de Caterino Mazzolà para a ópera de 1788 de Joseph Seydelman[1]
Estrea14 de agosto de 1814
Teatro da estreaTeatro alla Scala
Lugar da estreaMilán
Duración2 horas 15 minutos[2]
Música
CompositorGioachino Rossini
Personaxes

Selim (baixo)
Fiorilla (soprano)
Geronio (baixo)
Narciso (tenor)
Prosdocimo (baixo)
Zaida (soprano)[1]

Il turco in Italia (en galego O turco en Italia) é unha ópera buffa ou dramma buffo per musica en dous actos con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Felice Romani, baseado nunha peza homónima de Caterino Mazzolà coa que se fixo unha ópera do mesmo título, obra do compositor alemán Franz Seydelmann en 1788. Foi estreada o 14 de agosto de 1814, no Teatro alla Scala de Milán.

Esta ópera non ten ningunha relación coa ópera L'italiana in Argeli, composta tamén por Rossini un ano antes, e mesmo para algúns é superior musicalmente; xustamente, o público na época viu unha similitude entre as dúas obras, pensando que vían unha segunda versión. Trátase dunha ópera buffa moi influída por Così fan tutte de Wolfgang Amadeus Mozart, estreada no mesmo teatro pouco antes que a obra de Rossini. A abertura estrañamente harmonizada, aínda que infrecuentemente gravada, é un dos mellores exemplos do estilo característico de Rossini. Unha introdución infrecuentemente longa mostra un solo melancólico e amplo cun pleno acompañamento orquestral, antes de pasar a un tema principal puramente cómico e vivaz.

Un home tolo, unha dona caprichosa, un amigo celoso, unha bohemia descontenta, un turco sedutor e un poeta sen inspiración non presentan de todo o mellor argumento para unha ópera. Porén, a música e o libreto son tan encantadores un como o outro. En principio, hai que considerar que a música do turco non foi tomada doutra obra, como Rossini tiña por costume. En cambio, máis tarde serviríase do comezo da abertura para a súa ópera Otello, ossia il moro di Venezia.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
Personaxe Tesitura Elenco na estrea, 14 de agosto de 1814
Director: Alessandro Rolla
Selim (Príncipe turco) baixo Filippo Galli
Don Geronio (cabaleiro napolitano) baixo Luigi Pacini
Fiorilla (dona de Don Geronio) soprano Francesca Maffei Festa
Don Narciso (namorado de Fiorilla) tenor Giovanni David
Prodoscimo (un poeta) barítono Pietro Vasoli
Zaída (antiga amante de Selim) mezzosoprano Adelaide Carpano
Albazar (amigo de Selim) tenor Gaetano Pozzi
Cidadáns, xitanos, vendedores, sirvientes etc.
  1. 1,0 1,1 Guía visual de la Ópera, Espasa.
  2. Riding, Alan; Dunton-Downer, Leslie (2008). Guías visuales Espasa: Ópera (en español) (1.ª ed.). Espasa Calpe, S.A. p. 133. ISBN 978-84-670-2605-4. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.