Saltar ao contido

Igarapé-Miri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaIgarapé-Miri
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 1°58′30″S 48°57′36″O / -1.975, -48.96
EstadoBrasil
Unidades da federaciónPará Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación64.831 (2022) Editar o valor en Wikidata (32,47 hab./km²)
Xeografía
Superficie1.996,79 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude17 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Código postal68430-000 Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico91 Editar o valor en Wikidata
Código de concello do Brasil1503309 Editar o valor en Wikidata

Igarapé-Miri é un concello do estado do Pará, no Brasil. É coñecido como a "Capital Mundial do Azaí", por ser o concello coa maior produción do mesmo no mundo. A súa poboación estimada no censo do Instituto Brasileiro de Geografía e Estatística de 2010 era de 58.023 habitantes. A cidade limita ao norte co concello de Abaetetuba, ao leste co concello de Moju, ao sur co de Mocajuba, e ao oeste co concello de Cametá.

Topónimo

[editar | editar a fonte]

"Igarapé-Miri" é unha referencia ao río homónimo que baña á cidade. Traducido do tupi, "Igarapé-Miri" significa "pequeno camiño de canoas", a través da xuntanza dos termos ygara (canoa), apé (camiño) e mirim (pequeno).[1]

O orixe da cidade, no século XVIII, está asociada a unha fábrica de madeira de construción, a cal era comercializada en Belém. En 1758, foi creado o distrito de Santana do igarapé-Miri, que formaba parte do concello de Belém. En 1843, foi elevado á categoría de vila, separándose de Belém- En 1896, foi elevado á categoría de cidade, co nome de Igarapé-Miri.[2].

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O clima do concello corresponde ao megatérmico, tipo Ame da clasificación de Köppen. O clima corresponde ao clima da Rexión Norte do Brasil: ecuatorial, quente e húmido.

  • Festividade de Sant'Ana: Igarapé-Miri é coñecida pola tradicional Festividade de Sant'Ana (padrón da cidade), que tivo o inicio no ano 1714 e cuxas conmemoracións acontecen no período do 16 ao 26 de xullo.
  • Festival do Camarão
  • Festival do Açaí: É un evento turístico e cultural do concello que reúne millares de persoas, entre produtores e apreciadores - nativos e visitantes - do froito. Ocorre xeralmente no anexo do Estádio Municipal coñecido como Centro Cultural.[3]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]