ICarly
ICarly | |
---|---|
Na rede | |
http://www.icarly.com | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
iCarly é unha serie de televisión de comedia adolescente creada polo produtor de televisión, Dan Schneider e transmitida orixinalmente pola canle Nickelodeon.[1][2] A serie trata da historia de Carly Shay, unha moza que xunto aos seus dous mellores amigos, Sam Puckett e Freddie Benson, crean un webshow chamado iCarly. A serie foi producida por Schneider's Bakery en asociación con Nickelodeon Productions.
A serie foi filmada en Nickelodeon on Sunset Studios nos Ánxeles, California con algunhas escenas da cidade de Seattle, Washington, lugar onde ocorren os feitos.[3] O episodio "Pilot" foi exhibido o 8 de setembro de 2007[4] nos Estados Unidos e tivo un total de 5,65 millóns de espectadores, sendo a terceira serie con máis espectadores dun episodio piloto en Nickelodeon (só detrás de Big Time Rush e Victorious).[5] 6 tempadas da serie foron transmitidas,[6][7] a cal, a gravación da última tempada iniciouse o 25 de xaneiro de 2012.[8] A serie tivo un elenco regular, que consistiu en 5 membros: Miranda Cosgrove,[9] Jennette McCurdy,[10] Nathan Kress,[11] Jerry Trainor,[12] e Noah Munck,[13] (este último uniuse ao elenco principal a partir da cuarta tempada). O episodio máis visto da serie foi "iSaved Your Life", que tivo un total de 19.2 millóns de espectadores.[14]
iCarly gañou diversos premios, como os Nickelodeon Kids Choice Awards en 2009,[15] 2010,[16] e 2011,[17] respectivamente.
O 9 de xuño de 2012, foi estreado o episodio 100, chamado "iBattle Chip",[18] xunto cun novo episodio de Victorious onde Jennette McCurdy foi a estrela invitada. O episodio tivo un total de 2.4 millóns de espectadores, sendo o ráting máis baixo da serie.[19]
O 17 de maio de 2012, tras cancelar unha nova tempada, Nickelodeon, anunciou que a sexta temporada sería a última da serie, rematando o 23 de novembro de 2012, tras 5 anos de transmisión.
A finais de 2020, Paramount+ informou do regreso da serie, a cal se estreou o 17 de xuño de 2021[20] con Miranda Cosgrove, Nathan Kress e Jerry Trainor retomando os seus papeis.[21]
Argumento
[editar | editar a fonte]Ao comezo da serie, Carly Shay (Miranda Cosgrove), é unha moza de 13 anos que vive co seu irmán máis vello Spencer (Jerry Trainor), e estuda na escola Ridgeway xunto coa súa mellor amiga, Samantha «Sam» Puckett (Jennette McCurdy) e o seu veciño e amigo Freddy Benson (Nathan Kress).
Por ordes da súa mestra, Carly e Sam deben gravar uns mozos da súa escola que fan audicións para un show de talentos. Carly pide a axuda de Freddie, quen faría calquera cousa por ela a que está namorado desta. Freddie axuda coa gravación e as rapazas interésanse por realizaren sempre actos orixinais, extravagantes e divertidos; porén, ningún deses actos é apropiado para a súa profesora, a señorita Briggs. Durante a audición, Freddy grávaas accidentalmente facendo algúns chistes improvisados e burlándose da súa profesora. Xa que as mozas se senten mal por aqueles talentos que foron rechazados na escola, Freddy sóbeo todo a Internet xunto cos vídeos delas facendo a súa comedia improvisada. Ao público de Internet gústalle e pide un próximo show, con talentos raros, chistes improvisados e bromas, así que Carly decide crear un show por Internet no cal mostren todas esas cousas divertidas. Freddy faise cargo dos aspectos técnicos, mentres que Carly escribe o guión e Sam «só se dedica a divertir», pois a ela non lle gusta traballar. Pouco despois incorporan regularmente no show a Gibby (Noah Munck), un mozo que tamén asiste a Ridgeway, xa que ao público de iCarly lle agrada a súa estraña personalidade.
A serie trata sobre a vida do grupo de amigos e os problemas que calquera adolescente adoita ter, nos seus noivados ou na escola. Así mesmo, vólvense famosos e iso cáusalles algúns problemas, como seren acosados por algúns admiradores. A súa webshow chega a ser tan famosa que incluso coñecen celebridades como a banda One Direction, o comediante Jimmy Fallon e a primeira dama dos Estados Unidos, Michelle Obama.
Por outra parte, o irmán de Carly, Spencer, é unha especie de adulto que nunca madurou. Gústanlle as brincadeiras, é pouco organizado e xeralmente é Carly a que coida del. Porén, en aspectos serios, Spencer toma o rol de adulto e faise responsable incluso de Sam e Freddie, quen pasan case todo o tempo cos irmáns Shay. A serie en si, relaciónase con futuras producións de Nickelodeon.
Repartimento
[editar | editar a fonte]Principais
[editar | editar a fonte]- Miranda Cosgrove como Carly Shay , a presentadora da popular web show iCarly, producida xunto aos seus dous mellores amigos, Sam e Freddie.
- Jennette McCurdy como Samantha "Sam" Puckett, a mellor amiga de Carly e co presentadora da web show.
- Nathan Kress como Fredward "Freddie" Benson, o produtor técnico da web show, é veciño e mellor amigo de Carly.
- Jerry Trainor como Spencer Shay, o irmán máis vello e titor legal de Carly.
- Noah Munck como Cornelius "Gibby" Gibson, un bo amigo de Carly, Sam e Freddie que a miúdo aparece na web show.
-
Miranda Cosgrove
-
Jennette McCurdy
-
Nathan Kress
-
Jerry Trainor
-
Noah Munck
Secundarios
[editar | editar a fonte]- Mary Scheer como Marissa Benson, a sobreprotectora nai de Freddie.
- Jeremy Rowley como Lewbert Sline, o recepcionista do hotel onde Carly, Freddie e Spencer viven.
- Tim Russ como Diretor Franklin / Ted Franklin, o diretor da Secundaria Ridgeway e fan da web show.
- Mindy Sterling como a Sra. Briggs / Francine Briggs, a mestra de inglés da Secundaria Ridgeway, que non se leva ben cos seus estudantes.
- David St. James como Sr. Howard, outro mestre da Secundaria Ridgeway, que tampouco se leva ben cos estudantes.
- Reed Alexander como Nevel Papperman, o presentador dunha web show crítica que odia a Carly e os seus amigos.
- BooG!e como T-Bo, o encargado de "Licuados Locos".
- Ryan Ochoa como Chuck Chambers, un neno que molesta a Spencer.
- Ethan Munck como Gewpert «Guppy» Gibson, o irmán máis novo de Gibby.
- Danielle Morrow como Nora Dershlit, unha fan desquiciada e obsesionada da web show.
- Aria Wallace como Amanda «Mandy» Valdez, unha fan da web show.
Invitados
[editar | editar a fonte]- James Maslow como Shayne Napper
- Austin Butler como Jake Krandle
- Jane Lynch como Pamela «Pam» Pucket
- Drew Roy como Griffin Petterson
- Mary Ann Springer como Wend
- Emily Ratajkowski como Tasha Smith
- Doug Brochu como Duke Habberman
- Taryn Davis como Taryn
- Michelle Obama como ela mesma
- Emma Stone como Heather
- Greg Mullavy como o avó Shay
- Daniel Booko como Cort
- Haley Ramm como Missy Robinson
- Betsy Rue como Ginger Fox
- Ciara Hanna como Dana
- Jessica Makinson como a Srta. Ackerman / Lauren Ackerman
- Charlene Amola como Jenna Hamilton
- Alec Medlock como Craig Ramirez
- Scott Halberstadt como Eric Blonowitz
- One Direction como eles mesmos
- Kimberly Barnett como Suzay
- Rachel G. Fox como Amber Tate
- Amie Farrell como Candace
- Daniel Samonas como Doug Toder
- Iris Braydon como Natalie
Actor | Personaxe | Serie orixinal | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | ||||
Personaxes Principais | |||||||||
Miranda Cosgrove | Carly Shay | Principal | |||||||
Jennette McCurdy | Samantha "Sam" Puckett | Principal | |||||||
Nathan Kress | Fredward "Freddie" Benson | Principal | |||||||
Noah Munck | Cornelius "Gibby" Gibson | Recorrente | Principal | ||||||
Jerry Trainor | Spencer Shay | Principal |
Produción
[editar | editar a fonte]iCarly é a cuarta serie creada por Dan Schneider para Nickelodeon. Schneider quería orixinalmente facer unha serie de televisión protagonizada por Miranda Cosgrove onde ela interpretase unha moza común que, nun xiro do destino, se convertese na estrela do seu programa de televisión favorito, "Starstruck". O piloto foi escrito (e foi enviado a Nickelodeon), pero durante unha reunión informal no seu estudio coa súa esposa e o seu amigo Steve, Schneider decidiu que sería moito mellor se a protagonista tivese un show propio, facendo o que ela quixese. Foi entón que decidiu que a serie se basearía nun show na web, xa que, segundo escribiu no seu blog, inspirouse na gran popularidade das canles de YouTube onde os donos teñen o control creativo dos seus contidos. En novembro de 2006, Schneider desfíxose do seu guión "Starstruck" e escribiu un piloto novo que se chamou iCarly durante o mes de decembro do mesmo ano. O piloto foi enviado en xaneiro de 2007.[22] Porén, o texto de Starstruck serviu de base para Dan Schneider para que máis tarde o produtor Steve Marmel crease unha serie para Disney Channel chamada Sonny with a Chance.
Durante a produción de Zoey 101, Schneider e o seu amigo e produtor de The Big Bang Theory, Steve Molaro, crearon a idea central e o nome do show. Orixinalmente iCarly non ía ser o nome da serie; de feito, o guión do piloto tiña como nome da moza principal "Sam", pero a dirección web "iSAM" xa estaba rexistrada. Schneider tratou de buscar nomes para o personaxe principal e para a páxina de Internet e comprou a URL para iJosie, pero non lle convenceu dito nome. Schneider tratou con iCarly e elixiuno como nome para o personaxe principal. Os nomes das dúas rapazas foron cambiadas logo de Sam e Kira a Carly e Sam.[23]
Regreso
[editar | editar a fonte]O 9 de decembro de 2020, anunciouse que Paramount+ ordenara o regreso da serie cunha nova tempada, con Cosgrove, Kress e Trainor regresando, e Schneider non participaría na produción da serie. Jay Kogen e Ali Schouten firmaron para desenvolver a serie.[21][24] McCurdy confirmou durante o seu podcast que non volvería a interpretar o seu papel na serie, xa que deixou a profesión de actriz e se sentía avergoñada pola súa carreira pasada.[25] O 25 de febreiro de 2021, informouse que Kogen abandonou o proxecto debido a "diferenzas creativas" con Cosgrove.[26] O 18 de marzo de 2021, o programa entrou oficialmente en produción, con Laci Mosley interpretando a nova mellor amiga e compañeira de cuarto de Carly, Harper, e Jaidyn Triplett interpretando a fillastra de Freddie, Millicent. A serie estreouse en xuño de 2021.[27][28]
Segundo DiscussingFilm, o rexurdimento da serie terá lugar 10 anos despois do programa orixinal de Nickelodeon, seguindo a viaxe de Carly aos seus vintes xunto aos personaxes que regresan interpretados por Jerry Trainor e Nathan Kress. Segundo os informes, presentaranse novos personaxes, a mellor amiga /compañeira de cuarto de Carly "será parte da comunidade LGBTQ+ coma un personaxe pansexual que soña con converterse en estilista de moda despois de que a súa rica familia perdera todo o seu diñeiro".[29] A serie tamén presentará o paso da fillastra de Freddie obsesionada coas redes sociais que ve a Carly como "acabada" e coma unha competencia para o seu propio status de influencer en crecemento.[29] Esta nova tempada estará a cargo do escritor Jay Kogen e da guionista Ali Shouten, ata agora sabe que esta nova versión non se centrará na webshow iCarly, agora caracterizarase por estar ambientada na popularidade de aplicacións coma TikTok. Tamén se sabe que se contarán con situacións e dificultades ás que se enfrontan na vida cotiá os adultos xoves, xa que a nova versión se escribiu pensando en que tanto o elenco como o público das antigas tempadas (2007-2012) ata a actualidade medraron.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Olha o criador de iCarly!". puricute.capricho.abril.com.br (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2012. Consultado o 9 de setembro de 2011.
- ↑ "Who Created iCarly?". www.trueknowledge.com (en inglés). Consultado o 10 de xaneiro de 2012.
- ↑ "Curiosidades virtuais de iCarly". www.boxdeseries.com.br (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2013. Consultado o 10 de xaneiro de 2012.
- ↑ "iCarly Episode: "iPilot"". TV Guide (en inglés). Consultado o 16 de agosto de 2011.
- ↑ "Nielsen Top 20 Cable TV Show Ratings, Sept 3-9 - Ratings | TVbytheNumbers". Tvbythenumbers.zap2it.com. 12 de setembro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 7 de abril de 2012. Consultado o 22 de xaneiro de 2012.
- ↑ "Novo episódio de iCarly na Nick Americana". www.anmtv.com.br (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2010. Consultado o 10 de xaneiro de 2012.
- ↑ Spin or Bin music production company (26 de xaneiro de 2012). "spinorbinmusic Tweet". Twitter (en inglés). Consultado o 1 de febreiro de 2012. (require subscrición (?)).
Directioners! One Direction will guest star and perform 'What Makes You Beautiful' in iCarly's Season 6 episode 'iGot Jungle Worms'!
- ↑ https://twitter.com/#!/onedirection/status/162998251585409024
- ↑ "Miranda Cosgrove". www.imdb.com (en inglés). Consultado o 10 de xaneiro de 2012.
- ↑ "Jennette McCurdy". www.imdb.com (en inglés). Consultado o 10 de xaneiro de 2012.
- ↑ "Nathan Kress". www.imdb.com (en inglés). Consultado o 10 de xaneiro de 2012.
- ↑ "Jerry Trainor". www.imdb.com (en inglés). Consultado o 10 de xaneiro de 2012.
- ↑ "Noah Munck". www.imdb.com (en inglés). Consultado o 10 de xaneiro de 2012.
- ↑ Gorman, Bill (19 de xaneiro de 2010). "Nickelodeon Scores Record-Breaking Night with Brand-New iCarly and Big Time Rush Debut". Zap2it.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 3 de novembro de 2012. Consultado o 29 de agosto de 2013.
- ↑ "2009 Nickelodeon Kids' Choice Awards - Winners". Kids Choice Awards. Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2015. Consultado o 16 de febreiro de 2011.
- ↑ "2010 Nickelodeon Kids' Choice Awards - Winners". Kids' Choice Awards. Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2013. Consultado o 16 de febreiro de 2011.
- ↑ "Nickelodeon Kids' Choice Awards 2011: The Winners". Digital Spy (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2015. Consultado o 16 de xullo de 2022.
- ↑ http://www.tvguide.com/tvshows/icarly-2012/episode-6-season-5/ibattle-chip/289614
- ↑ "Copia archivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2012. Consultado o 16 de xullo de 2012.
- ↑ "iCarly regresa a Paramount Plus: esta es la fecha de estreno del revival; elenco y capítulos". MARCA (en castelán). 2021-05-15. Consultado o 2021-05-25.
- ↑ 21,0 21,1 Petski, Denise (9 de decembro de 2020). "'iCarly' Revival With Original Stars Miranda Cosgrove, Jerry Trainor and Nathan Kress Ordered By Paramount+". Deadline Hollywood. Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2020. Consultado o 10 de decembro de 2020.
- ↑ "DanWarp: 30 Questions – 30 Answers from Dan". Danwarp.blogspot.com. 2 de maio de 2009. Arquivado dende o orixinal o 09 de setembro de 2009. Consultado o 24 de novembre de 2012.
- ↑ "Dan Answers Fan questions". Danwarp.blogspot.com. 8 de xullo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2012. Consultado o 26 de decembro de 2012.
- ↑ Petski, Denise (12 de decembre de 2020). "'iCarly' Revival With Original Stars Miranda Cosgrove, Jerry Trainor & Nathan Kress Ordered By Paramount+". Deadline Hollywood (en inglés). Consultado o 10 de decembro de 2020.
- ↑ Sparks, Hannah (02 de marzo de 2021). "‘iCarly’ star Jennette McCurdy on quitting acting: ‘I’m so ashamed’". New York Post (en inglés). Consultado o 2021-03-02.
- ↑ Andreeva, Nellie (25 de febreiro de 2021). "'iCarly': Jay Kogen Exits As Co-Showrunner Of Revival Series For Paramount+". Deadline Hollywood (en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2021.
- ↑ Del Rosario, Alexandra; Andreeva, Nellie (18 de marzo de 2021). "‘iCarly’: Laci Mosley & Jaidyn Triplett Join Cast As Paramount+ Revival Starts Production". Deadline Hollywood. Consultado o 18 de marzo de 2021.
- ↑ Maas, Jennifer (6 de maio de 2021). "'iCarly' Revival to Debut on Paramount+ in June". TheWrap. Consultado o 6 de maio de 2021.
- ↑ 29,0 29,1 Fisher, Jacob (6 de febreiro de 2021). "First Details on Paramount’s ‘iCarly’ Revival (EXCLUSIVE)". DiscussingFilm. Consultado o 17 de marzo de 2021.