Saltar ao contido

Hockey Valdagno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A.S.D. Hockey Marzotto Valdagno
CidadeValdagno, Italia Italia
Historia1938
Fundado1938
PavillónPalalido di Valdagno (1.500)
PresidenteDino Dario Repele
AdestradorJorge Valverde
CompeticiónSerie A1
Títulos
Scudetti1 (2010)
Supercopa de Italia2 (2010, 2011)
Cores          Azul e branco
Na rede
http://www.hockeyvaldagno.it

A Associazione Hockey Marzotto Valdagno, máis coñecido coma Hockey Valdagno, é un club de hóckey a patíns da cidade italiana de Valdagno, na provincia de Vicenza, que actualmente compite na Liga italiana Serie A.

O nome Marzotto deriva do seu patrocinador histórico: a fábrica téxtil Marzotto, con sede en Valdagno.

O club foi fundado no 1938 e inicialmente recibía o nome de CRAL Marzotto, mais logo adoptará a denominación actual: Associazione Hockey Marzotto Valdagno.

A actividade deportiva do club interromperase durante os anos da segunda guerra mundial, na que Italia se veríoa afectada. Ao finalizar a Guerra o equipo volverá á súa actividade e volverá ás competicións no ano 1946.

Ao finalizar a tempada 2007-08, acada o seu mellor resultado histórico co subcampionato da Copa CERS e o cuarto posto no Campionato do Mundo de Clubs e o quinto posto na Liga italiana Serie A. Xa na tempada 1961-62 acadou o terceiro posto da Serie A, e na 1997-98 acadou o seu único título relevante, a Copa da Liga

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]