Saltar ao contido

Hertha Marks Ayrton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHertha Marks Ayrton

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Phoebe Sarah Marks Editar o valor en Wikidata
28 de abril de 1854 Editar o valor en Wikidata
Ilha Portsea, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte23 de agosto de 1923 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Lancing, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério de Brompton (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo xudeu Editar o valor en Wikidata
EducaciónGirton College (1877–1881)
Universidade de Londres
Universidade de Cambridge Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMatemáticas, enxeñaría e medicina Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmatemática, activista polos dereitos das mulleres, suffragette, sufraxista, inventora, enxeñeira eléctrica, física, escritora Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeWilliam Edward Ayrton (1885–1908) Editar o valor en Wikidata
FillosBarbara Ayrton-Gould Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteForgotten Women: The Scientists (en) Traducir, (p.184-186)
Women In Science (en) Traducir, (p.20-21)
The Palgrave Encyclopedia of Victorian Women's Writing (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Marks-1814

Phoebe Sarah Hertha Ayrton, nada en Portsea (Hampshire) o 28 de abril de 1854 e finada en Bexhill-on-sea (Sussex) o 23 de agosto de 1923, foi unha enxeñeira, matemática, física, inventora e sufraxista inglesa[1][2]. Foi galardoada coa Medalla Hughes pola Royal Society polo seu traballo cos arcos eléctricos e as ondulacións na area e na auga.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Hertha Ayrton, nada Phoebe Sarah Marks, era a terceira filla de Levi Marks, un reloxeiro de orixe polaca, e Alice Theresa Moss, unha modista. O seu pai faleceu en 1861, deixando a nai de Sarah con sete fillos e un oitavo por nacer.[3]

Á idade de nove anos, Sarah foi invitada pola súa tía, que tiña unha escola no norte de Londres. Viviu cos seus primos e a través deles introduciuse nas matemáticas e na ciencia. Aos dezaseis anos, converteuse en institutriz. Fixo os seus estudos de posgrao no Girton College, Cambridge, onde foi asesorada por Richard T. Glazebrook. A súa inscrición foi apoiada por George Eliot, que entón traballaba en Daniel Deronda; parece que George Eliot se inspirou en Sarah para unha personaxe deste libro, Mirah.[4] Durante os seus estudos en Cambridge, construíu un esfigmomanómetro, dirixiu o coro, fundou o corpo de bombeiros de Girton e fundou un club de matemáticas con Charlotte Scott.

En 1880, aprobou o exame da universidade de Cambridge, os Tripos, pero non obtivo ningún diploma, xa que nesa época Cambridge non outorgaba diplomas ás mulleres, só certificados. En 1881, obtivo a súa licenciatura na Universidade de Londres.[5]

Contribucións á enxeñaría

[editar | editar a fonte]

En 1884 patentou un instrumento de debuxo de enxeñería para dividir unha liña en calquera número de partes iguais e para ampliar e reducir figuras.​​[6] A solicitude de patente de Hertha foi financiada por Lady Goldsmid e a feminista Barbara Bodichon. O seu invento amosouse na Exhibition of Women’s Industries e recibiu moita atención da prensa.

En 1884, empezou a ir a clases nocturnas sobre electricidade no Finsbury Technical College, impartidas por William Edward Ayrton, un pioneiro no ensino de física e enxeñaría eléctrica e socio da Royal Society. O 6 de maio de 1885 casou co seu exprofesor, e desde entón asistiuno nos seus experimentos de física e electricidade.[5] Hertha comezou tamén a súa propia investigación sobre as características do arco eléctrico.[4]

A finais do século dezanove, o uso do arco eléctrico era moi común na iluminación pública. O seu maior problema era a tendencia dos arcos eléctricos a emitir chasquidos e asubíos. En 1895, Hertha Ayrton escribiu unha serie de artigos para The Electrician, explicando que estes fenómenos se producían cando o osíxeno entraba en contacto coas varelas de carbono utilizadas para crear o arco. En 1899, foi a primeira muller en ler o seu propio relatorio ante a Institution of Electrical Engineers (IEE). O seu estudo titulouse "O asubío do arco eléctrico". Pouco despois, Hertha foi elixida a primeira muller membro do IEE; a seguinte non o sería ata 1958.[7] Solicitou presentar o seu estudo ante a Royal Society pero non se lle concedeu debido ao seu sexo: The Mechanism of the Electric Arc (O Mecanismo do Arco Eléctrico) foi lido por John Perry no seu nome en 1901. Tamén foi a primeira muller en obter un premio da institución, a Medalla Hughes, outorgada en 1906 en recoñecemento ás súas investigacións sobre a formación de ondas nas dunas polas ondas do mar e o seu traballo sobre o arco eléctrico. A finais do século XIX, o traballo de Hertha no campo da enxeñaría eléctrica era amplamente recoñecido, tanto nacional como internacionalmente. No Congreso Internacional de Mulleres celebrado en Londres en 1899, Hertha presidiu a sección de física. Tamén falou no Congreso Eléctrico Internacional en París en 1900. O seu éxito alí conduciu a que a Asociación Británica para o Avance da Ciencia permitise ás mulleres entrar en comités xerais e particulares.

En 1902, Ayrton publicou The Electric Arc (O arco eléctrico), un compendio das súas investigacións e traballos sobre o arco voltaico, a partir dos seus primeiros artigos de The Electrician publicados entre 1895 e 1896.[8] Con esta publicación, a súa contribución ao campo de enxeñaría eléctrica comezou a consolidarse. Aínda así, polo menos ao principio, Hertha non foi ben recibida polas máis prestixiosas e tradicionais sociedades científicas como a Royal Society. No período posterior á publicación de The Electric Arc, Hertha foi proposta como socia da Royal Society polo renomeado enxeñeiro eléctrico John Perry en 1902. O Consello da Royal Society desestimou a súa solicitude, porque as mulleres casadas non podían ser candidatas a socios.[9] Aínda así, en 1904, converteuse na primeira muller en ler o seu relatorio ante a Royal Society «The Origin and Growth of Ripple Marks»[7] (A orixe e expansión das ondulacións), que despois se publicou no Proceedings of the Royal Society.[5] En 1906 foille concedido o galardón máis prestixioso da Royal Society, a Medalla Hughes, por «as súas investigacións experimentais sobre o arco eléctrico, e tamén sobre as ondulacións na area».[8] Foi a quinta persoa en obter este premio, que se concede anualmente desde 1902 en recoñecemento a un descubrimento orixinal nas ciencias físicas, particularmente en electricidade e magnetismo ou as súas aplicacións; e ata 2013, unha das dúas únicas mulleres galardoadas.

En 1908 e 1911, Hertha leu de novo os seus estudos ante a Royal Society. Tamén presentou os resultados da súa investigación ante a audiencia da British Association e a Physical Society. O interese de Ayrton nos vórtices de auga e aire inspiraron o ventilador Ayrton, chamado flapper, utilizado nas trincheiras na primeira guerra mundial para disipar o gas velenoso.[8]

Hertha colaborou en crear a Federación Internacional de Mulleres Universitarias en 1919 e o Sindicato Nacional de Traballadores Científicos en 1920.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con William Edward Ayrton en 1885, e tiveron unha filla, Barbara Ayrton-Gould, sufraxista, e membro do Partido Laborista.[10] A súa filla leva o nome de Barbara en honra de Barbara Bodichon, que a axudou a financiar a súa primeira patente.

En 1903 coñeceu a Marie Curie con quen mantivo unha longa amizade. No verán de 1912, Curie e as súas fillas Irène e Ève foron acollidas por Ayrton na súa casa da costa inglesa, para escapar do escándalo provocado pola súa relación con Langevin.[7]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

En 1923, o seu amigo Ottilie Hancock creou a Asociación de Investigación Hertha Ayrton en Girton College.[5]

En 2010, foi votada como unha das dez mulleres británicas máis influentes na historia da ciencia[11].

En 2015, a British Society for the History of Science creou o premio Ayrton, en recoñecemento ás contribucións de Hertha Ayrton á ciencia británica[12].

O 28 de abril de 2016, Google conmemorou o 162 aniversario do seu nacemento cun Google Doodle[13].

  1. "Hertha Ayrton científica matemática y sufragista". Consultado o 6-2-2020. 
  2. "Científicas y sufragismo" Actas SIEMUS. SIEMUS (Seminario Interdisciplinar de Estudios de las Mujeres de la Universidad de Sevilla. 2016. ISBN 978-84-945243-2-5. 
  3. "Hertha Ayrton". Jewish Women's Archive (en inglés). Consultado o 2020-12-27. 
  4. 4,0 4,1 "Archives Biographies: Hertha Ayrton". www.theiet.org (en inglés). Consultado o 2020-12-27. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 "Hertha Marks Ayrton". www.agnesscott.edu. Consultado o 2020-12-27. 
  6. "Celebrating the life of Hertha Ayrton". Science Museum Blog (en inglés). Consultado o 2020-12-27. 
  7. 7,0 7,1 7,2 Bruton, Elizabeth (2018). "The life and material culture of Hertha Ayrton". Science Museum Group Journal (en inglés) 10 (10). ISSN 2054-5770. doi:10.15180/181002. Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2021. Consultado o 28 de decembro de 2020. 
  8. 8,0 8,1 8,2 Fraile, Jesús. "Genios de la Ingeniería Eléctrica" (PDF). Fundación Iberdrola. Consultado o 28-12-2020. 
  9. "Almost a Fellow". royalsociety.org (en inglés). Consultado o 2020-12-28. 
  10. Ogilvie, Marilyn Bailey (1986). Women in Science: Antiquity Through the Nineteenth Century. ISBN 0-262-15031-X. 
  11. "Most influential women in British science history". Consultado o 6-2-2020. 
  12. "About the BSHS Ayrton Prize" (en inglés). Consultado o 10-4-2020. 
  13. "Doodle Hertha Marks Ayrton". 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Ignotofsky, Rachel (2017). Mujeres de ciencia : 50 intrépidas pioneras que cambiaron el mundo (1ªed.). Madrid. ISBN 978-84-16830-80-0

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]