Hernani Club de Rugby Elkartea
Nome | Hernani Club de Rugby Elkartea | |
---|---|---|
Alcume(s) | As toupas | |
Fundación | 1965 | |
Sede | Hernani, Guipúscoa (Euskadi) | |
Estadio(s) | Landare Toki, Hernani | |
Capacidade | - espectadores | |
Presidente | Juan Rodríguez Laburu | |
Adestrador | Patrick Polidori | |
Capitán | Igor Genua | |
Liga(s) | División de Honra | |
2012-13 | 11º | |
| ||
Na rede | ||
http://www.hernanirugby.com | ||
O Hernani Club de Rugby Elkartea é un club de rugby vasco da localidade guipuscoana de Hernani, que xoga na División de Honra B, a segunda categoría do rugby español.
O campo onde disputa os seus partidos como local é o Landare Toki, e as súas cores son o branco, o verde e o vermello.
Historia[1]
[editar | editar a fonte]O Hernani Club de Rugby Elkartea foi fundado en 1965 en Hernani (Guipúscoa). Naceu debido a que un grupo de afeccionados ao rugby da localidade deciden crear este equipo para xogar a este deporte. Dada a xuventude do mesmo, o primeiro equipo do Hernani C.R.E. foi de categoría infantil que xogaba os seus partidos como local nun campo de area compartido co CD Hernani.
Dende 1966 o Hernani C.R.E. participou nas ligas rexionais, grupo Norte naquela época, e na liga de Segunda División, similar á División de Honra B actual, ata acadar o ascenso á División de honra na tempada 1977-78.
Tras varios anos de mellora e crecemento, o club chega a unha década de esplendor, a que comprende os anos dende 1978 a 1987, na que conseguen un subcampionato da Copa da FER, e catro subcampionatos da Liga Española de rugby. Tras estes éxitos, cúmprese un ciclo deportivo e descende de categoría, non só por motivos deportivos, senón tamén polas distintas reestruturacións que sufriu a liga española durante os anos '80 e '90 do século XX.
En 1987 perdeu a categoría e participou na 1ª Nacional, grupo Norte-Levante, xunto a vellos coñecidos. Logo de catro bos anos en 1ª División, a reestruturación de 1991 supuxo que o HCRE perdera a súa categoría nacional e baixara á Liga Vasca, ao perder o partido de promoción contra o RC Irún.
O club pasou 13 tempadas sen competir en categoría estatal, ata que na tempada 2003-04 conseguiu o ascenso á División de Honra B, categoría na que se mantén durante unhas tempadas, conseguindo a clasificación para os Play-Off de ascenso nas tempadas 2006-07 e 2008-09.
Cómpre salientar que o club conseguiu diversos títulos en tódalas categorías inferiores do rugby vasco e estatal ao longo da súa historia.
Na tempada 2010-11 o equipo competiu no Grupo 1 da División de Honra B, acadando a 4ª posición da clasificación final. Ó ano seguinte o club rematou primeiro na táboa do Grupo 1, e loitou co Club Alcobendas Rugby nunha eliminatoria de promoción que rematou coa vitoria vasca, acadando o Hernani o ascenso á máxima categoría do rugby español, na que competirá en 2012-13, 26 anos despois da súa última presenza.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Posicións do Hernani Club de Rugby Elkartea nas competicións nacionais
Categoría | 2014 | 13 | 12 | 11 | 10 | 09 | 08 | 07 | 06 | 05 | 04 | 03 | 02 | 01 | 00 | 99 | 98 | 97 | 96 | 95 | 94 | 93 | 92 | 91 | 90 | 89 | 88 | 87 | 86 | 85 | 84 | 83 | 82 | 81 | 80 | 79 | 78 | 77 | 76 | 75 | 74 | 73 | 72 | 71 | 70 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Div.Honra | 11 | 10 | 10 | 2 | 2 | 2 | 2 | x | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Div.HonraB | 1 | 4 | 1 | 2 | 4 | 2 | 4 | 3 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1ªNacional | 2 | 3 | 4 | 7 | 6 | 6 | 8 | 4 | 2 | 1 | 1 | 1 | 2 | 1 | |||||||||||||||||||||||||||||||
Copa |
A División de Honra comezou a disputarse en 1970. A División de Honra B existe dende a tempada 1998-99. Anteriormente a Primeira Nacional era a 2ª División do rugby español. A Primeira División Nacional existe dende a tempada 1972-73. Naceu como o 2º nivel do rugby español, e dende a tempada 1998-99 é o 3º.
Tempada actual
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: División de Honra de Rugby 2018-2019.
POSTO | EQUIPO | PUNTOS | XOG | GAÑ | EMP | PER | |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1º. | SEMIFINAIS | El Salvador | 92 | 22 | 18 | 2 | 2 |
2º. | SEMIFINAIS | VRAC | 89 | 22 | 18 | 1 | 3 |
3º. | CUARTOS FINAL | Alcobendas | 78 | 22 | 16 | 1 | 5 |
4º. | CUARTOS FINAL | Ordizia | 63 | 22 | 12 | 2 | 8 |
5º. | CUARTOS FINAL | Aparejadores | 59 | 22 | 11 | 0 | 11 |
6º. | CUARTOS FINAL | Barcelona | 57 | 22 | 11 | 1 | 10 |
7º. | PERMANENCIA | Santboiana | 57 | 22 | 10 | 1 | 11 |
8º. | PERMANENCIA | Independiente | 43 | 22 | 7 | 1 | 14 |
9º. | PERMANENCIA | Hernani | 41 | 22 | 7 | 0 | 15 |
10º. | PERMANENCIA | Cisneros | 39 | 22 | 5 | 1 | 16 |
11º. | PROMOCIÓN | La Vila | 38 | 22 | 6 | 0 | 16 |
12º. | DESCENSO | Gernika | 36 | 22 | 5 | 2 | 15 |
Eliminatorias
[editar a fonte]Cuartos de final | Semifinais | Final | ||||||||
5 de maio, Altamira (Ordizia) | 11 de maio, Pepe Rojo (Valladolid) | 25 de maio, Pepe Rojo (Valladolid) | ||||||||
[1º] - El Salvador | 39 | |||||||||
[4º] - Ordizia | 38 | |||||||||
[4º] - Ordizia | 26 | |||||||||
[5º] - Aparejadores | 31 | |||||||||
12 de maio, Pepe Rojo (Valladolid) | [1º] - El Salvador | 27 | ||||||||
5 de maio, Las Terrazas (Alcobendas) | ||||||||||
[2º] - VRAC | 39 | |||||||||
[3º] - Alcobendas | 34 | |||||||||
[3º] - Alcobendas | 12 | |||||||||
[6º] - Barcelona | 20 | |||||||||
[2º] - VRAC | 33 | |||||||||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Historia del Hernani en euskera y castellano". Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2009. Consultado o 28 de xaneiro de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Site oficial do club Arquivado 30 de maio de 2020 en Wayback Machine.