Heath Ledger
Heath Andrew Ledger, nado en Perth o 4 de abril de 1979 e finado en Nova York o 22 de xaneiro de 2008, foi un actor australiano. Comezou a súa carreira interpretativa en papeis da televisión e do cine australiano durante os anos 1990, e en 1998 Ledger viaxou ós Estados Unidos para desenvolver a súa carreira. O seu traballo está composto por dezanove filmes, incluíndo 10 Things I Hate About You (1999), The Patriot (2000), Destino de cabaleiro (2001), Monster's Ball (2001), Ned Kelly (2003), The Brothers Grimm (2005), Lords of Dogtown (2005), Brokeback Mountain (2005), Casanova (2005), Candy (2006), I'm Not There (2007), O cabaleiro escuro (2008) e The Imaginarium of Doctor Parnassus (2009).[1] Tamén produciu e dirixiu vídeos musicais, a aspirou a converterse en director de cine.[2]
Pola súa interpretación de Ennis Del Mar en Brokeback Mountain, Ledger gañou o Premio ó mellor actor no "Círculo de Críticos de Nova York" e o Premio ó mellor actor internacional polo "Instituto de Cine Australiano", ademais de ser nomeado ós BAFTA[3] e ó Oscar ó mellor actor.[4] Postumamente, compartiu un Premio Independent Spirit co resto dos seus compañeiros de elenco, co director e co director de casting polo filme I'm Not There, que está inspirado na vida e nas cancións do cantautor americano Bob Dylan. No filme, Ledger interpreta un actor ficticio chamado Robbie Clark, un dos seis personaxes que representan distintos aspectos da vida de Dylan.[5]
Ledger morreu o 22 de xaneiro de 2008[4][6] debido á combinación accidental de diferentes medicamentos prescritos.[7][8][9] Uns poucos meses antes da súa morte, Ledger rematara a rodaxe de O cabaleiro escuro, no cal interpretou o Joker. A súa morte ocorreu durante a edición do mesmo e no medio da rodaxe do seu último filme The Imaginarium of Doctor Parnassus, no cal interpreta a Tony. A súa morte prematura proxectou unha sombra sobre a posterior promoción do filme de Batman.[10] Ledger recibiu numerosos galardóns póstumos pola súa aclamada interpretación no filme, incluíndo o Premio Oscar ó mellor actor secundario no 2008, o Mellor actor internacional nos Premios "Instituto de Cine Australiano" no 2008, converténdose no primeiro actor en conseguir un premio póstumo,[11] o premio ó Mellor pola Asociación de Críticos dos Ánxeles no 2008, o Globo de Ouro a mellor actor secundario no 2009,[12] e o BAFTA a mellor actor secundario no 2009.[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou de neno a facer obras de teatro infantil e aos dezaseis anos marcha a Sidney a buscar traballo como actor. Alí obtivo un papel na serie Sweat, interpretando un ciclista homosexual. A partir de aí alternou o cinema con Blackrock, un drama sobre uns mozos acusados de violar unha nena, coa participación en series de televisión australiana, como Home Away, Blush Patrol e Roar, onde facía de guerreiro celta.
En 1999 participa na súa primeira produción internacional, intervindo como actor na comedia de rapaces 10 Things I Hate About You. Despois regresou a Australia, onde rodou Two Hands, de Gregor Jordan, e logo outra vez e xa definitivamente aos Estados Unidos ao rodar The Patriot (2001), compartindo cartel con Mel Gibson, e polo que obtivo o premio ShoWest ao mellor actor masculino. A este filme seguíronlle Monster's Ball, Destino de cabaleiro, Ned Kelly, The Order, e The Brothers Grimm.
A viraxe na súa carreira produciuse en 2005 co seu papel protagonista en Brokeback Mountain, o filme dirixido por Ang Lee que obtivo catro óscares, e se ben el foi nomeado para un deles, non o acadou. Ledger representou o vaqueiro gai Ennis del Mar. Por este papel recibiu os premios de mellor actor do ano das asociacións de críticos de Nova York e de San Francisco.
A partir de aí, no 2006, rodou o papel principal en Casanova, fixo de Joker na secuela de Batman empeza titulada O cabaleiro escuro, e en 2007 representou a Bob Dylan nunha das etapas da súa vida en I'm Not There. Ao morrer estaba rodando The Imaginarium of Doctor Parnassus.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Os seus pais separáronse cando tiña dez anos e el viviu co pai. Tiña tres irmás. Entre as súas relacións destaca a que tivo coa actriz Michelle Williams entre 2005 e 2007, con quen tivo unha filla.
Foi atopado morto no seu apartamento do Soho de Nova York, vítima da acción combinada de distintas menciñas[13].
Filmografía
[editar | editar a fonte]Filmes
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Papel | Notas |
---|---|---|---|
1992 | Clowning Around | Pallaso | |
1997 | Blackrock | Toby | |
1997 | Paws | Oberón | |
1999 | Two Hands | Jimmy | |
1999 | 10 Things I Hate About You | Patrick Verona | Nomeado ó MTV Movie Award pola mellor secuencia musical |
2000 | The Patriot | Gabriel Martin | |
2001 | Monster's Ball | Sonny Grotowski | |
2001 | Destino de cabaleiro | Sir William Thatcher / Sir Ulrich von Lichtenstein de Gelderland | |
2002 | The Four Feathers | Harry Faversham | |
2003 | The Order | Alex Bernier | |
2003 | Ned Kelly | Ned Kelly | |
2005 | Casanova | Giacomo Casanova | |
2005 | The Brothers Grimm | Jacob Grimm | |
2005 | Lords of Dogtown | Skip Engblom | |
2005 | Brokeback Mountain | Ennis Del Mar | |
2006 | Candy | Dan | |
2007 | I'm Not There | Bob Dylan | |
2008 | O cabaleiro escuro | Joker | |
2009 | The Imaginarium of Doctor Parnassus | Tony |
Televisión
[editar | editar a fonte]Ano | Filme | Papel | Notas |
---|---|---|---|
1993 | Ship to Shore | Ciclista | |
1996 | Sweat | Snowy Bowles | |
1997 | Home and Away | Scott Irwin | Convidado |
Roar | Conor |
Vídeos musicais
[editar | editar a fonte]- (2006) "Cause an Effect" e "Seduction is Evil (She's Hot)", canción de N'fa, vídeos dirixidos por Ledger.
- (2006) "Morning Yearning," canción de Ben Harper, vídeo dirixido por Ledger.
- (2007) "Black Eyed Dog," canción escrita por Nick Drake (1948–1974), vídeo dirixido por Ledger.
- (2009) "King Rat", canción de Modest Mouse e concibida por Ledger.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Heath Ledger – Credits". Variety. Consultado o 16 de outubro de 2009.[Ligazón morta]
- ↑ Dawtrey, Adam (23 de xaneiro de 2008). "'Parnassus' Team Faces Dilemma". Variety. Consultado o 23 de xaneiro 2008.
- ↑ 3,0 3,1 "Awards Database". British Academy of Film and Television Awards. Consultado o 16 de outubro de 2009.
- ↑ 4,0 4,1 Savage, Michael (23 de xaneiro de 2008). "Heath Ledger: The Times Obituary". The Times (Reino Unido). Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2010. Consultado o 27 de abril de 2008.
- ↑ "Heath Ledger Honored at Independent Spirit Awards". Entertainment Tonight. 23 de febreiro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2009. Consultado o 8 de agosto de 2008.
- ↑ Barron, James (23 de xaneiro de 2008). "Heath Ledger, Actor, Is Found Dead at 28". The New York Times. Consultado o 27 de abril de 2008.
- ↑ Chan, Sewell e James Barron (6 de febreiro de 2008). "City Room: Heath Ledger's Death Is Ruled an Accident". The New York Times. Consultado o 17 de agosto de 2008.
- ↑ "Ledger's Death Caused by Accidental Overdose". CNN. 6 de febreiro de 2008. Consultado o 17 de agosto de 2008.
- ↑ "Heath Ledger Died of Accidental Overdose: 28-Year-Old Actor Had Oxycodone, Anti-Anxiety, Sleep Aids in His System". MSNBC. 6 de febreiro de 2008. Consultado o 17 de marzo de 2008.
- ↑ Halbfinger, David M. (9 de marzo de 2008). "Batman's Burden: A Director Confronts Darkness and Death". The New York Times. pp. 1, 16. Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2009. Consultado o 10 de marzo 2008.
- ↑ "Ledger Honoured at AFI Awards". ABC. Consultado o 6 de decembro de 2008.
- ↑ "Golden Globes: Heath Ledger's Family 'So Proud' of Globe Nod". People. 11 de decembro de 2008. Consultado o 11 de decembro de 2008.
- ↑ Accidental drug mix killed Ledger, BBC, 06.02.08
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Heath Ledger |