Saltar ao contido

Hayao Miyazaki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHayao Miyazaki

(2012) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ja) 宮崎駿 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de xaneiro de 1941 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Bunkyō () Editar o valor en Wikidata
Outros nomes秋津 三朗
照樹 務 Editar o valor en Wikidata
ResidenciaTokorozawa Editar o valor en Wikidata
Educaciónuniversidade Gakushūin - ciencia política, economía (–1963)
Instituto Toyotama
Instituto Omiya Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema, ecoloxista, ilustrador, realizador, deseñador de personaxes, artista de banda deseñada, deseñador mecánico, letrista, montador, animador, produtor de cinema, Mangaka, guionista, director de animación Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1963 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorStudio Ghibli (1985–)
Nibariki (1984–2016)
TMS Entertainment (1979–1984)
Nippon Animation (1973–1978)
Shin-Ei Animation (1971–década de 1970)
Toei Animation (1963–1971)
Fundación Cultural Memorial Tokuma para a Animación
Museo Ghibli Editar o valor en Wikidata
Influencias
RepresentanteStudio Ghibli Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeAkemi Ōta (1965–) Editar o valor en Wikidata
FillosGorō Miyazaki, Keisuke Miyazaki Editar o valor en Wikidata
PaiKatsuji Miyazaki Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteLarousse Encyclopedia online (pt) Traducir
Great Encyclopedia of Cyril and Methodius (en) Traducir
Kotobank (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Páxina webghibli.jp Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0594503 Allocine: 18793 Rottentomatoes: celebrity/hayao_miyazaki Allmovie: p167694 TCM: 522404 Metacritic: person/hayao-miyazaki TV.com: people/hayao-miyazaki
BNE: XX1140208 Last fm: 宮崎駿 Musicbrainz: d6ad7116-a85f-48e7-bae1-60ef8d8602c4 Discogs: 383847 WikiTree: 宮崎-1 Genius: Hayao-miyazaki Editar o valor en Wikidata

Hayao Miyazaki (宮崎 駿 Miyazaki Hayao?), nado o 5 de xaneiro de 1941 é un debuxante de manga (mangaka) e director de cine xaponés creador de numerosos traballos de animación para o cine como Mononoke Hime (1997), A viaxe de Chihiro (2001), Hauru no Ugoku Shiro (2004) e Gake no ue no Ponyo (2008).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A súa infancia estivo marcada pola Segunda guerra mundial. Así toda a familia viuse obrigada a trasladarse á prefectura de Tochigi. Alí, na cidade de Kanuma, o seu tío era dono dunha fábrica de pezas para avións. Este feito espertou o seu interese polo mundo da aviación, que logo veriase reflectido na súa filmografía. Outra circunstancia que marcou a súa infancia (e obra posterior) foi a enfermidade da súa nai. Obrigada a gardar leito debido a unha tuberculose espiñal. Posteriormente na súa adolescencia interesouse polo manga, especialmente tralo visionado de Takuja den, de Taiji Yabushita[1]. Dende que era novo soubo que se adicaría ó negocio do seu pai. Estudou ciencias económicas, pero na década dos sesenta comezou a traballar en Toei co cargo de intercalador (encargado dos debuxos entre movementos). Co tempo converteuse no secretario en xefe do sindicato, onde coñeceu a Isao Takahata, grande amigo que logo sería colega en Studio Ghibli.

Miyazaki foi gañando máis responsabilidades nos seus primeiros anos de traballo, o que o leva a colaborar con Isao Takahata nos anime Heidi, e Marco para o estudio Zuiyô Enterprise. En 1978 dirixe a súa primeira serie Mirai Shōnen Konan e en 1979 o seu primeiro filme Rupan Sansei: Kariosutoro no Shiro, única non considerada do Studio Ghibli.

Despois de crear a película de Lupin, Miyazaki foi desenvolvendo un anime no seu propio estudio. En 1982 o manga Kaze no Tani no Naushika (Nausicaä do Val do Vento) apareceu por primeira vez na revista Animage como froito dunha desas ideas. Este traballo deu un forte pulo á súa carreira, ó mostrar un estilo diferente, pasando do cómic infantil ó imperante na época.

Mentres, Miyazaki desempeñouse de xeito independente, adicouse a traballar nun manga que tivo moi boa acollida por parte dos lectores e ofrecéuselle a oportunidade de facer unha versión animada de Nausicaä. Este ofrecemento deulle por fin a oportunidade de realizar o seu ansiado proxecto de creación dun estudio. Xunto a Takahata, en 1985 abre o seu propio estudio de animación: o Studio Ghibli.

Filmografía

[editar | editar a fonte]

Como director:

Como guionista ou produtor:

  1. Montero Plata, Laura (decembro de 2014). El mundo invisible de Hayao Miyazaki (5ª ed.). Dolmen Editorial. ISBN 978-84-15296-60-7. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]