Hart Memorial Trophy
O Hart Memorial Trophy, orixinalmente coñecido como o Hart Trophy, é outorgado anualmente ao xogador xulgago como o máis valioso para o seu equipo na National Hockey League (NHL). O trofeo foi outorgado 90 veces a 54 xogadores diferentes desde os seus comezos en 1924. Cada ano, membros da Professional Hockey Writers' Association votan para determinar ao xogador que foi máis valioso para o seu equipo durante a liga regular.
Historia
[editar | editar a fonte]O Hart Memorial Trophy é nomeado en honra do Canadian Dr. David Hart. Dr. Hart, quen doou o trofeo orixinal á NHL, era o pai de Cecil Hart, un antigo adestrador e General Manager dos Montreal Canadiens. O trofeo foi entregado por primeira á conclusión da tempada 1923–24 a a Frank Nighbor dos Ottawa Senators. O Hart Trophy orixinal foi retirado ao Hockey Hall of Fame en 1960, e a NHL empezou a presentar un trofeo novo, que foi bautizado comoo Hart Memorial Trofeo no seu lugar.[1] Coas excepcións de Tommy Anderson, Al Rollins e Eric Lindros, cada xogador elixible que gañou o Hart Trophy foi introducido no Hall of Fame.
Wayne Gretzky gañou o premio un total de nove veces durante a súa carreira, oito consecutivos. Foi nomeado MVP máis veces que ningún outro xogador na historia das outras tres ligas profesionais norteamericanas importantes (Major League Baseball (MLB), National Basketball Association, e National Football League). Barry Bonds é o segundo, tendo gañado o trofeo ao MVP sete veces na MLB. Gretzky e o seu compañeiro de equipo nos Edmonton Oilers Mark Messier son os únicos xogadores que gañaron o Hart Trophy con máis dun equipo.[2] Xogadores dos Montreal Canadiens gañaron o premio dezaseis veces; os xogadores dos Boston Bruins son os segundos con doce gañadores, mentres que os xogadores dos Detroit Red Wings e os Edmonton Oilers gañaron o premio nove veces. Joe Thornton converteuse no único gañador do Hart Trophy que ten cambiado de equipo durante a tempada na que gañou o trofeo (fíxoo na tempada 2005-06, tendo xogado nos Bruins e os San Jose Sharks ese ano). O defensa que máis veces gañou o trofeo é Eddie Shore, con catro. Por contraste, é raro para un porteiro gañar o premio, o cal sucedeu só sete veces na historia; o porteiro dos Buffalo Sabres Dominik Hašek é o único gañador de dous trofeos.
A votación ten lugar ao finalizar a liga regular, e nela participan membros da Professional Hockey Writers' Association (en galego Asociación dos Escritores de Hóckey Profesionais), e cada votante califica aos seus cinco primeiros candidatos mediante un sistema de 10-7-5-3-1 puntos.[3] Logo son nomeados tres finalistas e o trofeo é outorgado na cerimonia de Premios da NHL logo dos play-offs. A votación máis axustada para outorgar o Hart Trophy tivo lugar na tempada 2001-02, cando José Théodore e Jarome Iginla empataron no total de votos. O desempate para escoller ao gañador do Hart Trophy mediante o número de votos en primeiro lugar. Théodore gañouno conseguindo 86 primeiros votos por 82 de Iginla.[4]
En 2008, a tenda online oficial da NHL foi criticada despois de que colocaran un anuncio veu baixo crítica despois de que colocaron un anuncio da camiseta de Alexander Ovechkin como o gañador do premio unha semana antes de que o resultado fora revelado. Un portavoz da liga dixo "nun esforzo para ofrecer aos nosos seguidores o merchandise queren no momento oportuno que segue a un acontecemento como os Premios da NHL, os nosos licenciatarios prepara o produto para todos os resultados posibles. Nesta situación, a ligazón para un dos produtos posibles converteuse en viva cedo por un erro polo noso provedor de comercio electrónico."[5] Ovechkin foi máis tarde confirmado como gañador.
Gañadores
[editar | editar a fonte]C | Centro |
---|---|
LW | Á esquerda |
D | Defensa |
RW | Á dereita |
G | Porteiro |
Xogadores que aínda están en activo na NHL. Xogadores elixibles aínda non introducidos no Hockey Hall of Fame Xogadores inactivos aínda non elixibles para o Hockey Hall of Fame
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ O trofeo non foi entregado na tempada 2004-2005 a causa do lockout.
- Referencias
- ↑ Hollander & Bock 1970, p. 311.
- ↑ National Hockey League (ed.). "99 Reasons Why Wayne Gretzky is "The Great One"" (en inglés). Consultado o 17 de maio de 2015.
- ↑ Dolezar, Jon (20 de abril de 2003). Sports Illustrated, ed. "Foppa shows the most Hart" (en inglés). Archived from the original on 05 de decembro de 2007. Consultado o 17 de maio de 2015.
- ↑ National Hockey League (ed.). "2014 NHL Awards. Hart Memorial Trophy" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2006. Consultado o 17 de maio de 2015.
- ↑ The Sports Network, ed. (6 de xuño de 2008). "Did NHL Shop Reveal Ovechkin as Hart Winner?" (en inglés). Archived from the original on 01 de xullo de 2008. Consultado o 17 de maio de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hollander, Zander; Bock, Hal (1970). Prentice-Hall Inc., ed. The Complete Encyclopedia of Ice Hockey (en inglés). ISBN 0-13-159905-4.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- National Hockey League (ed.). "Hart Memorial Trophy - 2014 NHL Awards" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2006. Consultado o 17 de maio de 2015.
- Hockey Hall of Fame (ed.). "Legends of Hockey - NHL Trophies - Hart Memorial Trophy" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2015. Consultado o 17 de maio de 2015.
- Hockey Reference (ed.). "NHL Hart Memorial Trophy Winners" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2015. Consultado o 17 de maio de 2015.