Halcyon malimbica
Aparencia
Halcyon malimbica | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Halcyon malimbica (Shaw, 1811) |
O Halcyon malimbica é unha especie de ave coraciforme da familia Halcyonidae orixinaria de África.
Descrición
[editar | editar a fonte]Rolda os 25 cm de longo. Os adultos amosan o píleo agrisado e unha ampla banda ocular negra. O resto da súa testa, pescozo, lombo e cola son de cor azul celeste. As súas ás son na súa maior parte negruzcas coas plumas secundarias azuis. As súas partes inferiores son brancas agás o peito que é azulado. O seu longo peteiro ten a mandíbula superior vermella e a inferior negra. As súas patas son de cor vermella intensa. Ámbolos dous sexos teñen unha aparencia semellante e os xuvenís teñen tons máis apagados. O seu canto é un prolongado «pu-pu-pu-pu-ku-ku-ku-ku».
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2012). "Halcyon malimbica". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2012.1 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Halcyon malimbica |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Halcyon malimbica |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Kingfishers, Bee-eaters and Rollers by Fry, Fry and Harris, ISBN 0-7136-8028-8