Guerreidos
Os Guerreidos (Gerreidae) son unha familia de peixes incluída na orde dos Perciformes. Están distribuídos por mares tropicais e ocasionalmente en estuarios, rara vez en auga doce.
Características
[editar | editar a fonte]Son peixes prateados que presentan unha boca moi protráctil. Liña lateral paralela á base da dorsal.
Aletas dorsal e anal cunha vaíña de escamas na base; dorsal formada por unha parte espiñosa e outra branda; anal con 3-6 espiñas e o resto branda; pectorais longas e algo falciformes; pelvianas cunha espiña longa, anterior; caudal profundamente fendida.
A lonxitude máxima rexistrada é de 35 cm (Gerres filamentosus).
Aliméntanse de invertebrados bentónicos que extraen da area [1].
Clasificación
[editar | editar a fonte]Divídense en seis xéneros:
- Xénero Diapterus (Ranzani, 1842)
- Xénero Eucinostomus (Baird e Girard en Baird, 1855)
- Xénero Eugerres (Jordan e Evermann, 1927)
- Xénero Gerres (Quoy e Gaimard, 1824)
- Xénero Parequula (Steindachner, 1879)
- Xénero Pentaprion (Bleeker, 1850)
Inicialmente designouse como Gerridae pero ó estar ocupado este nome por unha familia de insectos (da orde Hemiptera) tivo que cambiar o nome polo de Gerreidae.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ O bentos (do grego βένθος/benthos, "fondo mariño") é a comunidade biolóxica formada polos organismos que habitan no fondo dos ecosistemas acuáticos, a diferenza do plancto e o necto, formados por organismos que habitan na columna de auga.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Guerreidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Guerreidos |